Faite cliente

Dámosche a benvida,
xa formas parte de ABANCA!

Porque en ABANCA queremos darche o mellor desde o principio, presentámosche a nosa oferta de produtos máis competitiva, completamente adaptada ás túas necesidades.
Descubre todos os nosos produtos

App de banca móbil

Somos un banco dixital con 900 oficinas, e valoramos o teu tempo por riba de todo. Por iso, temos unha das apps de banca móbil mellor valoradas, banca electrónica e servizos para que poidas facer as túas operacións cando o necesites.

Se necesitas axuda

Somos máis de 8.000 persoas traballando para ti e contamos cunha ampla rede de máis de 900 oficinas e outras formas de contacto desde as que che podemos axudar.

Toda a información sobre ABANCA

Traballamos día a día en 11 países para ser un banco líder e seguir merecendo a confianza dos nosos clientes. Aquí ofrécenche toda a información corporativa, social e financeira do teu banco.

Seguridade que se sente, non se pensa

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engádelle capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Preguntas nos teus primeiros días

Resolvemos as dúbidas que podes ter durante os teus primeiros días en ABANCA

(1) Promoción válida para novas contratacións entre o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2026. Aceptación de ingreso en conta por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2025 ou 2026 que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos prima periódica, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros.É necesario que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, no seu caso, á correspondente obrigación de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGGVer ficheiro PDF

MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. ASEGURADORAS: ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DXSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A., co NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, Avda. Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C-0808. CASER, Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros Y Reaseguros, S.A. con domicilio social na avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C0031 SANITAS, Sanitas Sociedad Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera del Loira, 52 –28042 Madrid e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.

(2) Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións, os documentos de datos fundamentais e demais documentación legal en calquera oficina ABANCA ou en www.abanca.com/es/legal/planes-de-pensiones/. Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade Promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A. (unipersoal), Entidade Xestora de Fondos de Pensións. A promoción do 4% é válida para traspasos efectivos doutras entidades a determinados plans de pensións individuais de ABANCA realizados ata o 30 de setembro de 2026: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Decidido, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico e ABANCA Renda Variable. Entrega da bonificación en efectivo.Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 50.001 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos. O límite de bonificación é de 5.000€ brutos. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.