Preguntas frecuentes


Recopilamos as dúbidas máis habituais e dámoslle respuesta de maneira rápida e sinxela.

Como podo facer chegar o meu currículo a ABANCA?

O primeiro de debes facer é unirte á comunidade de ABANCA. Poderás rexistrar todos os teus datos profesionais, deixarnos o teu CV, a carta de presentación e mesmo outros documentos que estimes oportunos.

Tamén podes realizar os mesmos pasos se atopas unha oferta que che interese.

Non, non fai falta. Se xa es membro da comunidade e xa tes os teus datos rexistrados, poderás revisar, modificar ou engadir os teus datos curriculares en calquera momento coa clave de acceso que che facilitamos.

Sigue as indicacións que che damos na páxina web para recuperala. Se persiste o problema, ponte en contacto connosco en captaciontalento@abanca.com.

Animámosche a que te unas á comunidade e rexistres o teu CV.

Se tes algunha pregunta ou necesitas ampliar información, é moi fácil! Podes poñerte en contacto connosco en captaciontalento@abanca.com

Para mellorar a xestión do teu perfil profesional e atenderte con calidade é necesario que realices todas as xestións de rexistro a través da web de emprego de ABANCA.

Aquelas persoas que remitan o seu CV por outro medio que non sexa esta web recibirán un correo informando da recepción do correo pero non do rexistro. Facilitaremos de novo a dirección da web de emprego de ABANCA.

Si, existe a posibilidade. Mantemos unha relación constante coas universidades, escolas de negocios e centros de ciclo formativo, principalmente en todo o noroeste de España. Pregunta no teu centro ou ao coordinador de prácticas do mesmo. El poderache informar da existencia dun convenio asinado con ABANCA.

Fala co teu coordinador para que se poña en contacto connosco e podamos estudar a posibilidade; só el pode xestionar o convenio. Para facelo, debe dirixirnos un correo electrónico a captaciontalento@abanca.com.

O comezo de prácticas curriculares está fixado no propio convenio. Pregunta ao teu coordinador de prácticas.

En canto á oferta de prácticas curriculares, vanse publicando ao longo do ano nesta web. Para estar informado e poder aplicar ás mesmas, é necesario que te apuntes á Comunidade de Talento de ABANCA.

A duración das prácticas curriculares e extracurriculares vén recollido no convenio do teu centro educativo. Pregúntalle ao teu coordinador de prácticas.

Para os estudantes de ciclo formativo: - É necesario ser maior de idade - Os estudos realizados ou que se estean realizando deben estar orientados ás funcións propias dunha empresa financeira - Deben existir posibilidades de convenio co centro educativo

Para os estudantes universitarios: - Debe estar matriculado actualmente nunha titulación oficial ou non deben transcorrer máis de tres anos desde a finalización do título - Deben existir posibilidades de convenio coa súa escola de negocios ou universidade - Non realizar prácticas de longa duración noutra empresa (12 meses ou máis) - Non realizar funcións da súa titulación baixo contrato

Si, temos centralizado no portal de emprego de ABANCA todos os procesos de rexistro curricular e publicación de vacantes de todas as empresas de ABANCA.