Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
EN
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
  • English
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións

Información adicional sobre protección de datos persoais

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de privacidade de sistemas de videovigilancia
  • Política de privacidade de aplicacións móbiles
  • Política de privacidade de ABANCA Vida y Pensiones

Información adicional sobre protección de datos persoais

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE ABANCA VIDA E PENSIÓNS

1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA VIDA Y PENSIONES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A.U., con domicilio en Avenida da Mariña 1, 3º, C.P: 15001 (A Coruña) e NIF A15140387 (en diante, “ABANCA Vida e Pensións”).

En ABANCA Vida e Pensións contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, tamén “DPD” ou “DPO”), co que poderás contactar, se o precisas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.

A continuación, ofrecémosche información detallada do tratamento dos teus datos persoais efectuado por ABANCA Vida e Pensións como responsable de dito tratamento.

2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?

Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos:

2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais

Os teus datos persoais tratados por ABANCA Vida e Pensións poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas no ámbito das túas relacións connosco), ser xerados en ABANCA Vida e Pensións (con motivo da xestión desas relacións), ou ter a súa orixe en fontes externas (é dicir, proceder de terceiros que non son parte das relacións que mantés connosco e dos que obtemos, datos referentes á túa persoa ao abeiro do consentimento que, se é o caso, nos outorgases ao efecto, ou ben ao abeiro de algunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten). A continuación, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:

  • Datos facilitados por ti nas solicitudes que nos presentes ou no ámbito da formalización e desenvolvemento das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida e Pensións (p.ex. os datos necesarios para solicitar e contratar un plan de pensións, unha póliza de seguro, así como datos relativos á túa saúde que facilitases nos cuestionarios de saúde facilitados ou realizados por ABANCA Vida e Pensións ou outros datos achegados para a tramitación de sinistros derivados do contrato de seguro ou das continxencias cubertas polos plans de pensións).

    No caso de que ti nos proporciones datos de terceiros (p.ex., de asegurados ou beneficiarios en contratos de seguro), garantes que contas co consentimento expreso destes terceiros para que ABANCA Vida e Pensións poida tratar os seus datos. Así mesmo, garantes que os terceiros cuxos datos nos proporciones foron debidamente informados dos tratamentos que ABANCA Vida e Pensións levará a cabo con eses datos e que se atopan aquí recollidos na presente Política de Privacidade.

  • Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais que teñas con ABANCA Vida e Pensións (p.ex. os datos sobre ti que se xeren con motivo da xestión e desenvolvemento dos produtos ou servizos que subscribises connosco, como seguros ou plans de pensións).

  • Entidades encargadas da xestión das coberturas e continxencias recollidas nos contratos que manteñas con ABANCA Vida e Pensións, cuxos sectores de actividade serán os vinculados ao ramo dos seguros e plans de pensións (p.ex. centros sanitarios ou hospitalarios e/ou tanatorios).

  • Entidade encargada da xestión depositaria dos fondos de pensións; así como entidades nas que ABANCA Vida e Pensións externalice algunha función clave (p.ex. GESINCA como titular da Función Actuarial do Plan de Pensións do Persoal de ABANCA, e CECABANK, que actúa como entidade depositaria dos fondos de pensións xestionados por ABANCA Vida e Pensións).

  • Entidades comercializadoras de plans de pensións (p.ex. ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A., como entidade comercializadora dos plans de pensións dos que ABANCA Vida e Pensións é entidade xestora).

  • Entidades encargadas da xestión dos servizos que solicites ou dos que fagas uso ao abeiro do contrato de seguro que manteñas con ABANCA Vida e Pensións (p.ex., á empresa HNA, para xestionar o servizo de segunda opinión médica que solicites no caso de que este servizo estea previsto na túa póliza);

  • Entidades promotoras dos plans de pensións (p.ex., o empregador que inste á creación dun plan de pensións incluído na modalidade sistema de emprego).

  • Empresas do Grupo Económico de ABANCA (ao que pertence ABANCA Vida e Pensións), cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento.

    Podes acceder á listaxe completa das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA premendo aquí.

  • Ficheiros comúns do sector asegurador (p.ex. ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais, que ABANCA Vida e Pensións, na súa condición de entidade aseguradora, poderá consultar para realizar a correspondente oferta, tramitar a contratación do seguro que solicitases e xestionar o contrato de seguro unha vez este se formalice; e Rexistros públicos como o Rexistro de Contratos de Seguro de Cobertura de Falecemento).

  • Fontes accesibles ao público (p.ex. censo promocional, guías de servizos de comunicacións electrónicas, listaxes públicas de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas).

  • Organismos da Administración Pública (p.ex. a Tesouraría Xeral da Seguridade Social; a Axencia Estatal de Administración Tributaria; ou o Índice Nacional de Defuncións, que é un rexistro que contén os datos persoais de todas e cada unha das defuncións que fosen inscritas no Rexistro Civil correspondente).

  • Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex. BADEXCUG e ASNEF).

2.2. Categorías de datos persoais

En ABANCA Vida e Pensións tratamos distintos tipos de datos persoais para xestionar as relacións contractuais ou precontractuais que en cada momento teñas connosco, así como para o resto de finalidades indicadas no apartado 3. “Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” desta Política de Privacidade.

Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:

  • Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), número da Seguridade Social, enderezo postal e electrónico e teléfono fixo ou móbil; incluíndo os datos relativos a terceiros como beneficiarios, asegurados, etc.

  • Datos referidos á túa voz (p.ex. os das gravacións de chamadas telefónicas que manteñas connosco).

  • Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación para o acceso e operativa nos canais a distancia que utilices nas túas relacións con ABANCA Vida e Pensións.

  • Datos dos seguros e plans de pensións que subscribises con ABANCA Vida e Pensións (datos que comprenden, no caso dos seguros: ramo do seguro, prima, data de vencemento, tomador, beneficiario e asegurado, capitais ou sumas aseguradas; e, no caso dos plans de pensións: entidade xestora, entidade depositaria, entidade promotora, partícipes, beneficiarios, modalidade do plan ou a súa integración no correspondente fondo de pensións).

  • Datos sobre os sinistros e continxencias: referímonos a aqueles datos que se xerasen entre o cliente e ABANCA Vida e Pensións durante a relación (datos que comprenden o detalle da existencia de enfermidades, lesións, intervencións médicas ou xubilación que dan orixe á xestión do sinistro e/ou continxencia cuberta polos plans de pensións).

  • Datos persoais de terceiros que se atopan baixo a cobertura da póliza ou contrato de plan de pensións: Durante a relación contractual poden requirirse datos identificativos e de contacto dos beneficiarios do seguro ou do plan de pensións, onde se pode identificar a familiares designados como beneficiarios, así como empregados ou socios, no caso de sociedades.

  • Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais: estado civil; idade; situación familiar; data e lugar de nacemento; nacionalidade; sexo; licenzas para actividades de lecer (p.ex., caza e pesca); características de aloxamento/vivenda; pertenza a clubs/asociacións; así como deportes e afeccións practicadas.

  • Datos sociodemográficos: idade e nivel de estudos de persoas que habitan no entorno xeográfico do cliente; tipoloxía de familias que habitan nese entorno segundo o número e características dos seus membros; categorías de actividades profesionais existentes no entorno xeográfico no que reside o cliente; capacidade económica, segundo as rendas anuais existentes nese entorno; ou as características dese entorno segundo a antigüidade das construcións, o nivel de agrupación -unifamiliar ou plurifamiliar- ou a presenza de zonas comerciais.

  • Datos de situación xeográfica: datos de localización do teu dispositivo móbil, no caso de que instalases no mesmo a aplicación de Banca Móbil de ABANCA e a utilices para contratar un seguro ou un plan de pensións, ou para realizar achegas a este último; ABANCA Vida e Pensións tratará dito dato de xeolocalización sobre a base do seu interese lexítimo en impedir situacións de fraude na contratación e utilización dos nosos produtos e servizos.

  • Datos de navegación e comportamento online/app: dirección IP e hábitos de comportamento nas nosas páxinas web e nas aplicacións de ABANCA Vida e Pensións que utilices (p.ex. cales son as páxinas que visitas ou como navegas polas distintas seccións do sitio web) no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías similares; os datos sobre o ISP (dominio do provedor que dá acceso á rede), e a data-hora vinculada ao acceso; así como os códigos ou claves que se utilizan para acceder/operar no canal dixital e a identificación física do dispositivo ou dispositivo móbil (p.ex. IMEI, modelo do dispositivo e sistema operativo).

  • Datos académicos e profesionais: formación/titulacións; e pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

  • Datos de emprego: tipo de contrato, posto de traballo, antigüidade, datos non económicos de nómina.

  • Datos da actividade comercial: licenzas para o exercicio da actividade, sector económico no que esta se exerce, Código Nacional de Actividades Económicas (CNAE) no que se clasifica a actividade.

  • Datos económicos e de solvencia patrimonial: datos de impostos e deducións impositivas (declaración de IRPF, IVE, etc.); datos económicos de nómina; ingresos e gastos; investimentos e bens patrimoniais; bens mobles e inmobles dos que sexa propietario o cliente ou respecto dos que ostente a posesión, uso e goce; subsidios e beneficios; e capacidade crediticia, incluíndo os datos sobre o incumprimento dunha débeda contraída cunha empresa privada ou con organismos públicos obtidos de Ficheiros de solvencia patrimonial e crédito (p.ex., Ficheiros ASNEF e BADEXCUG).

  • Datos financeiros: número de conta bancaria existente en entidades de crédito españolas ou con sucursal en España, da que o cliente sexa titular ou autorizado, na que domiciliase o pago das primas do seguro ou desde a que realice as achegas aos plans de pensións ou reciba as prestacións amparadas polo mesmo en caso de continxencia.

  • Datos transaccionais: indemnizacións e subvencións que poida percibir o cliente; os datos dos recibos domiciliados, transferencias e adeudos (inclúen o tipo de operación, o emisor, concepto, terceiro relacionado coa transacción, importe, localización onde se realiza, data e hora e outra información relacionada, todo iso en relación, p.ex., coas achegas aos plans de pensións que o cliente teña contratados e coas prestacións recoñecidas con motivo da ocorrencia das continxencias amparadas por ditos plans de pensións; así como cos adeudos das cotas ou primas dos seguros que o cliente teña contratados e co abono das prestacións recoñecidas en caso de ocorrencia de sinistros cubertos por ditos seguros); datos dos produtos e servizos solicitados ou contratados (historial de pagos, límites asociados e tipoloxía de produtos e servizos).

  • Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais: Esta categoría comprende, dun lado, a agrupación de clientes en categorías e segmentos en función de criterios obxectivos tales como a súa idade, nivel de ingresos, propiedades inmobiliarias, operativas, consumos de produtos e servizos, preferencias ou propensións á contratación de produtos e servizos; e, doutro lado, a elaboración da proba de rendibilidade ou Profit testing e a elaboración de perfís comerciais e de risco en materia de seguros. En ningún caso inferiremos dato algún que revele a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, ou afiliación sindical, nin tampouco datos xenéticos, datos relativos á túa saúde ou á túa vida ou orientación sexual, nin datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca (“Categorías especiais de datos”).

  • Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo; é dicir, referímonos aos datos que revelen a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, datos relativos á túa saúde (p.ex., información relativa a enfermidades, a discapacidades ou ao estado fisiolóxico ou biomédico) ou á túa vida ou orientación sexual, datos de colectivos vulnerables –no caso de que estivese incluído nalgún–, así como os datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca. En ABANCA Vida e Pensións unicamente trataremos os teus datos de saúde naqueles casos nos que sexan necesarios para:

    • o estudo das solicitudes de seguros de vida (a este respecto, a información recollida no cuestionario de saúde, ademais para o concreto seguro que esteas solicitando ou contratases, poderá terse en conta por parte da compañía aseguradora como medida de loita contra a fraude, no caso de que inicies a contratación dun novo seguro); a formalización e xestión dos contratos de seguros de vida (incluídas as eventuais modificacións contractuais); e a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos; e

    • a xestión das prestacións recoñecidas con motivo da ocorrencia das continxencias amparadas polos plans de pensións que teñas contratados connosco.

    Os referidos datos de saúde comprenderán datos referidos á existencia de enfermidades, lesións ou intervencións médicas previas ou acaecidas durante a relación.

    Nestes supostos de recollida de categorías especiais de datos, pedimos o teu consentimento específico para o tratamento dos mesmos no momento de solicitalos.

    Por outra banda, se utilizas o sistema de sinatura dixital (sinatura en tableta ou a través da surface) para prestar o teu consentimento no ámbito das solicitudes que presentes a ABANCA Vida e Pensións ou dos contratos que formalizases ou formalices coa mesma, levaremos a cabo o tratamento dos datos asociados a esa sinatura. Os datos asociados á sinatura dixitalizada son categorías de datos que comprenden os trazos caligráficos da sinatura, como a presión e a velocidade coa que se realiza, así como a inclinación do trazo; polo que poderán ser utilizados, exclusivamente, para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou nun proceso xudicial ou administrativo en caso de repudio da operación asinada por medio do sistema de sinatura dixitalizada, co obxecto de verificar, a través do correspondente cotexo, que a sinatura é túa e poder acreditar, así, o consentimento prestado e a realidade e validez da operación reflectida no documento electrónico ao que a sinatura se incorpore. A este respecto, os citados datos asociados á sinatura atoparanse debidamente cifrados a través dun terceiro provedor de servizos de confianza, que será o custodio da clave privada para poder acceder aos mesmos; deste xeito, ABANCA Vida e Pensións non terá acceso a eses datos salvo no exclusivo suposto de que solicite ao terceiro provedor o descifrado dos mesmos mediante petición formal e ante fedatario público, e unicamente nos casos e para as finalidades de verificación e acreditación anteriormente mencionadas.

  • Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais: datos de persoas incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, o Reino Unido e/ou o U.S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC).

Informámoste de que non todas as categorías de datos anteriormente sinaladas son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta Política de Privacidade. No seguinte apartado 3. (“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?”), no que se describen os diferentes tratamentos de datos realizados por ABANCA Vida e Pensións, con indicación das súas finalidades e as súas bases xurídicas de lexitimación respectivas, detállase que concretas categorías de datos son utilizadas para cada un deses tratamentos.

Ademais, informámoste de que cando no seguinte apartado 3 se asocia unha categoría de datos persoais a un tratamento determinado, non quere dicirse que todos e cada un dos datos incluídos nesa categoría vaian utilizarse sempre que se realice dito tratamento. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse só na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.

3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?

A continuación informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA Vida e Pensións é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles. Adicionalmente, e conforme ao indicado no anterior subapartado 2.2. (“Categorías de datos”), detállanse respecto de cada tratamento as concretas categorías de datos utilizados na súa realización.

3.1. Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida e Pensións

Facemos referencia neste subapartado aos tratamentos que levamos a cabo dos teus datos persoais para a execución das relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA Vida e Pensións e, polo tanto, para poder prestarte os servizos e proporcionarte os produtos que sexan obxecto desas relacións.

A base xurídica destes tratamentos radica, en consecuencia, no feito de ser necesarios para poder executar ou dar cumprimento a esas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida e Pensións das que sexas parte.

A continuación detállanse os tratamentos referidos, con indicación das súas respectivas finalidades, así como das categorías de datos persoais que se utilizan en cada un deles:

3.1.1. Formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida e Pensións

A finalidade deste tratamento é a correcta formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que establezas connosco.

Seguidamente, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos que poderemos efectuar no marco do tratamento referido, as cales comprenden a obtención dos datos necesarios para a xestión das solicitudes que nos formules, a avaliación da viabilidade da contratación dos correspondentes produtos e servizos, e a correcta formalización, mantemento e cumprimento dos contratos resultantes:

  • Recibir as solicitudes de información ou de contratación (ou renovación) que realizases sobre os nosos produtos e servizos, analizalas e avalialas, darche resposta e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

  • Contactar contigo, por medios electrónicos ou non electrónicos, con ocasión de calquera incidencia que puidese impedir a finalización da contratación dun produto ou servizo e permitirche retomar a súa contratación.

  • Proceder, se é o caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato.

  • Manter, desenvolver e controlar as túas relacións de negocio con ABANCA Vida e Pensións. Relacionado con iso, podemos tratar os teus datos persoais co fin de organizar as carteiras de clientes de ABANCA Vida e Pensións, asignar cada unha delas a un xestor determinado e incluírte na correspondente carteira segundo as relacións que manteñas connosco.

  • Enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA Vida e Pensións.

  • Previa información (xa sexa na documentación contractual ou precontractual ou ao inicio da propia chamada), gravar as conversas telefónicas que manteñas connosco, para, se é o caso, cumprir con obrigas legais, realizar controis de calidade e poder utilizalas como proba no contexto dunha reclamación xudicial ou extraxudicial, así como analizar o contido destas gravacións para poder identificar e resolver posibles incidencias.

  • Se é o caso, analizar e xestionar situacións de impagos que poidan producirse no ámbito dos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA Vida e Pensións, o que pode implicar a comunicación dos teus datos a provedores de servizos de recuperación de débeda, que actúan en nome e por conta de ABANCA Vida e Pensións, para realizar accións de recobro. Ademais, nestes casos podemos obter datos de contacto adicionais segundo o descrito no apartado 3.1.4.

  • Xestionar e dar resposta ás reclamacións que, se é o caso, presentes.

  • Xestionar a aplicación de bonificacións, descontos ou calquera outras condicións promocionais, así como a entrega de premios e/ou agasallos promocionais que, se é o caso, estivesen asociados ou fosen de aplicación á relación contractual que teñas establecida con ABANCA Vida e Pensións.

  • Por razóns derivadas da inclusión dun produto ou servizo nun reaseguro ou coaseguro ou por razón da propia xestión da póliza, será necesario comunicar a terceiras entidades aseguradoras a información sobre a contratación de calquera produto ou servizo, con independencia da súa denominación comercial, así como os datos identificativos dos contratantes e os do produto ou servizo (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; data de nacemento ou data de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificativo; país emisor do documento identificativo, sempre que non se dispoña do país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • No caso de plans de pensións de emprego, onde a entidade empregadora ostenta o rol de promotora, por motivos da propia xestión de tales plans será necesario comunicar os teus datos a esa entidade empregadora, coa finalidade de levar a cabo as achegas e verificación das achegas que realice en nome do empregado, remitíndose tanto a información financeira vinculada ao produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, como os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; información de pago e/ou financeira, e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre o produto ou servizo contratado e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

Para a formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA Vida e Pensións e, polo tanto, para prestarte os servizos e proporcionarte os produtos que sexan obxecto desas relacións, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos referidos á túa voz; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; Categorías especiais de datos (conforme ao indicado no subapartado 2.2); e Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

3.1.2. Análise e valoración do risco asegurado na formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida e Pensiones

A finalidade deste tratamento é analizar se, cando nos solicitas ou mantés connosco un produto asegurador, se acada a necesaria coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados.

A continuación, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos persoais que poderemos efectuar no marco da análise referida:

  • ABANCA Vida e Pensiones recolle e rexistra os datos e a documentación necesaria para levar a cabo a correspondente análise da túa situación financeira e/ou de solvencia.

  • No momento en que nos solicites un produto asegurador, así como no caso de contratación e mesmo durante a vixencia do mesmo, levaremos a cabo unha análise e valoración mediante a aplicación de técnicas actuariais e estatísticas, obtendo deste xeito unha proba de rendibilidade ou Profit testing, segundo se explica a continuación, co obxectivo de asegurar a coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados.

  • Para obter a proba de rendibilidade ou Profit testing utilízase un sistema informático de avaliación consistente na aplicación de técnicas actuariais e estatísticas que nos permite asignar ás solicitudes de produtos, así como á relación derivada dos produtos efectivamente contratados, unha cualificación a partir da maior ou menor coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados, o que se traduce nunha recomendación de aprobación ou rexeitamento da solicitude do produto, ou na reavaliación da prima asociada ao produto xa contratado ou ben na anulación do mesmo (p.ex. para os produtos de pólizas unificadas ou de vida en accidentes)

  • Cada variable que haxa que considerar e a súa influencia no resultado final da proba de rendibilidade calcúlanse de maneira previa á contratación do produto solicitado, e tamén durante a vida do produto efectivamente contratado, a través da aplicación de modelos para a valoración, xestión e control creados para dar cumprimento á normativa española e europea que esixe ás entidades aseguradoras o cumprimento dunha serie de normas e guías para a xestión actuarial requiridas para cada operación.

  • A proba de rendibilidade ou Profit testing está baseada, polo tanto, na aplicación de técnicas actuariais e estatísticas, en particular, no axuste dun modelo estatístico a partir de datos históricos de ABANCA Vida e Pensiones, que permite asegurar se a situación financeira e/ou de solvencia está aliñada co capital ou interese asegurados. Así, aplicamos ese modelo estatístico aos teus datos persoais para poder estimar a probabilidade de que incorras nun impago, ou, se é o caso, para a reavaliación do pago correspondente.

  • En canto á forma de aplicar estas técnicas e o seu impacto, debes ter en conta que, en función do produto solicitado ou efectivamente contratado, pódense tomar decisións automáticas de aprobación, denegación ou reavaliación do mesmo; ou decisións de aprobación, denegación ou reavaliación dese produto que non son completamente automáticas, por existir unha revisión posterior do resultado da proba de rendibilidade ou Profit testing por parte dun comité específico de aprobación da operación (polo que o resultado das técnicas actuariais é, nese caso, meramente orientativo). No suposto de que a decisión de aprobación, denegación ou reavaliación sexa completamente automática, informámoste de que che asistirán neste caso determinados dereitos, en particular, o de obter intervención humana por parte de ABANCA Vida e Pensiones na análise da decisión, expresar o teu punto de vista e impugnar a decisión que se adopte.

Para a análise e valoración do risco asegurado na formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida e Pensiones, co fin de coñecer a túa situación financeira e/ou de solvencia e acadar a necesaria coherencia entre dita situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos de sinatura (manuscrita e, se é o caso, dixitalizada); iii) Datos dos seguros contratados; iv) Categorías especiais de datos (p.ex., os datos de saúde necesarios para a formalización e xestión dos seguros de vida, así como para a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos; ou os datos asociados á sinatura dixital–sinatura en tableta ou a través da surface); v) Datos sobre os sinistros ocorridos; vi) Datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da póliza (p.ex., familiares ou empregados); vii) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; vii) Datos sociodemográficos; ix) Datos académicos e profesionais; x) Datos de emprego; xi) Datos da actividade comercial; xii) Datos económicos e de solvencia patrimonial; xiii) Datos financeiros; xiv) Datos transaccionais; xv) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (especialmente, proba de rendibilidade ou Profit testing).

3.1.3. Consulta de información ao Índice Nacional de Defuncións - INDEF-

O INDEF é un sistema de información creado pola Orde do Ministerio da Presidencia do 25 de febreiro de 2000. A súa finalidade e uso, entre outros, será verificar a supervivencia dos beneficiarios de rendas vitalicias ou temporais derivadas de produtos de seguro ou pago de continxencias de plans de pensións que elixiran esta modalidade de cobro, para a súa interrupción, de acordo co previsto no Contrato, en caso de falecemento; así como axilizar o pago das prestacións aos beneficiarios de seguros e plans de pensións en caso de falecemento do Asegurado/Partícipe. Os datos persoais contidos no INDEF poderán ser cedidos para os fins descritos anteriormente a, entre outros, Entidades aseguradoras de acordo co previsto na referida Orde.

3.1.4. Obtención de datos de contacto para xestionar situacións de impago

No ámbito da execución das relacións contractuais que manteñas con ABANCA Vida e Pensiones, para que poidamos reclamarche o/os importe/s adebedado/s no caso de que se produzan situacións de impago, resulta necesario dispoñer de datos de contacto actualizados que permitan o desenvolvemento de accións de recobro extraxudiciais.

A finalidade deste tratamento consiste en actualizar a túa información de contacto no caso de que nos resulte imposible contactar contigo a través da que nos facilitases ao efecto con motivo da formalización das relacións contractuais con ABANCA Vida e Pensiones. Esta actualización dos teus datos de contacto realizarémola única e exclusivamente no caso de que se produza unha situación de impago.

Así, informámoste de que os novos datos de contacto poderemos obtelos das seguintes fontes:

  • Empresas do Grupo Económico de ABANCA;

  • Fontes accesibles ao público (p.ex., diarios e boletíns oficiais, listados públicos de persoas asociadas a Colexios profesionais, ou redes sociais abertas);

  • Axencias de recuperación de débeda;

  • Terceiros cos que se contacta accidentalmente por seren os titulares actuais da dirección de contacto que anteriormente che pertencía.

A obtención de información lévase a cabo sempre coa garantía de que os datos recollidos cumpran co principio de calidade e exactitude, ademais de teren sido obtidos de forma lícita.

Para a obtención de datos de contacto adicionais para xestionar situacións de impago, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos persoais") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto.

3.2. Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais

O sector asegurador, do que ABANCA Vida e Pensiones forma parte, está fortemente regulado e isto implica que debamos tratar os teus datos para cumprir coas obrigas legais que nos resulten aplicables en cada caso.

A base xurídica deste tratamento radica, en consecuencia, no feito de ser necesario para poder dar cumprimento ás obrigas legais ás que ABANCA Vida e Pensiones se atopa suxeita no desenvolvemento da súa actividade.

A continuación, detállanse as operacións de tratamento dos teus datos persoais que poderemos efectuar no contexto do tratamento referido e en función do marco legal aplicable a ABANCA Vida e Pensiones en cada caso:

3.2.1. Dar resposta a posibles solicitudes de información realizadas polas administracións, organismos públicos e xuíces e tribunais

En cumprimento da normativa aplicable vixente e con ocasión dos procedementos dos que as administracións e organismos públicos, así como xuíces e tribunais sexan competentes, estamos obrigados a comunicar a estas entidades os datos que se xeren en ABANCA Vida e Pensiones con motivo da/s relación/s que esta teña establecida/s contigo.

Para cumprir coa obriga de dar resposta a posibles solicitudes de información realizadas polas administracións, organismos públicos e xuíces e tribunais competentes, anteriormente mencionada, poderemos tratar os datos correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado): i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos referidos á túa voz; iii) Datos de sinatura (manuscrita e, se é o caso, dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; iv) Datos dos seguros contratados; v) Categorías especiais de datos (p.ex., os datos de saúde necesarios para a formalización e xestión dos seguros de vida, así como para a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos; ou os datos asociados á sinatura dixital–sinatura en tableta ou a través da surface); vi) Datos sobre os sinistros ocorridos; vii) Datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da póliza (p.ex., familiares ou empregados); viii) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; ix) Datos sociodemográficos; x) Datos académicos e profesionais; xi) Datos de emprego; xii) Datos da actividade comercial; xiii) Datos económicos e de solvencia patrimonial; xiv) Datos financeiros; xv) Datos transaccionais; e xvi) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

3.2.2. Prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo

No ámbito do cumprimento das obrigas previstas na Lei 10/2010, do 28 de abril, de Prevención do Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo (en diante, "LPBCFT") e a normativa que a desenvolve, ABANCA Vida e Pensiones debe:

  • En cumprimento da obriga de comunicación sistemática co Servizo Executivo da Comisión de Prevención de Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (en diante, "SEPBLAC"), ou pola existencia dun requirimento da autoridade xudicial, do SEPBLAC ou de calquera outra autoridade competente nesta materia, facilitar información sobre transaccións de pago ás autoridades ou organismos oficiais nacionais ou doutros países, situados tanto dentro como fóra da Unión Europea, para cumprir co réxime de colaboración na loita contra o financiamento do terrorismo e formas graves de delincuencia organizada e a prevención do branqueo de capitais.

  • Verificar a veracidade da información e dos documentos que nos achegues (incluída a documentación identificativa, como, p.ex. o DNI ou o pasaporte), para cumprir co deber de dilixencia establecido no capítulo II do Regulamento 304/2014, do 5 de maio polo que se desenvolve a LPBCFT; e, sempre que medie un requirimento da autoridade xudicial, do SEPBLAC ou de calquera outra autoridade competente, facilitalos ás autoridades correspondentes.

Para o cumprimento das nosas obrigas legais en materia de prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos de seguros e plans de pensións; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; e Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais.

3.2.3. Comunicación de información á Axencia Estatal de Administración Tributaria e outras administracións tributarias

En virtude do establecido na Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, e demais normativas fiscais vixentes que resulten aplicables por razón do territorio (p.ex. Norma Foral 2/2005, do 10 de marzo Xeral Tributaria do Territorio Histórico de Bizkaia ou a Norma Foral 6/2005, do 28 de febreiro, Xeral Tributaria de Álava), debemos recoller información sobre a túa fiscalidade e comunicar determinada información sobre a túa residencia fiscal e as túas contas á Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, "AEAT") e outras administracións tributarias que sexan competentes.

Para cumprir coas obrigas que impón a normativa tributaria citada poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado): Datos identificativos e de contacto; Datos de seguros e plans de pensións; Datos económicos e de solvencia patrimonial; e Datos financeiros.

3.2.4. Comunicación de información ao Rexistro de Contratos de Seguro de Cobertura de Falecemento; ao Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas; a ficheiros comúns do sector seguros e de plans de pensións para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais; ao Consorcio de Compensación de Seguros; ás entidades privadas por razóns de resaseguro, coaseguro ou xestión da póliza; ás entidades encargadas da xestión depositaria; así como a entidades nas cales ABANCA Vida e Pensiones externalice algunha función clave da Sociedade.

En virtude da normativa aplicable, ABANCA Vida e Pensiones deberá:

  • Comunicar periodicamente aos Ficheiros comúns do sector de seguros, con fins de elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais, a contratación de calquera produto ou servizo, con independencia da súa denominación comercial, os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; data de nacemento ou data de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificativo; país emisor do documento identificativo, sempre que non se dispoña do país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • Comunicar periodicamente ao Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, con fins de control financeiro, a información financeira vinculada a calquera produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; información de pago e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • Se é o caso, realizar as pertinentes comunicacións ao Consorcio de Compensación de Seguros, coa finalidade de cubrir aqueles riscos extraordinarios nos seguros, de acordo co previsto no Real Decreto Lexislativo 7/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Legal do Consorcio de Compensación de Seguros; remitíndose a información vinculada a calquera produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, así como os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; información de pago e/ou financeira, e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación do produto ou servizo contratado e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • Do mesmo xeito, cando por razóns vinculadas ao produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, sexa necesario informar ao Rexistro de Seguros con cobertura de falecemento, de acordo coa Lei 20/2005, do 14 de novembro, sobre a creación do Rexistro de Contratos de Seguros de cobertura de falecemento, os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; data de nacemento ou data de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificativo; país emisor do documento identificativo, sempre que non se dispoña do país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • Por motivos derivados da xestión depositaria dos fondos de pensións por parte de CECABANK, así como do exercicio da titularidade da Función actuarial do Plan de Pensións do Persoal de ABANCA, por parte de GESINCA, e conforme ás obrigas establecidas na normativa aplicable dentro da materia de plans de pensións, desde ABANCA Vida e Pensiones comunícanse a ditas entidades os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; información de pago e/ou financeira, e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

  • No caso de plans de pensións de emprego, onde a entidade empregadora ostenta o rol de promotora, será necesario comunicar os teus datos a dita entidade por esixilo tamén así a normativa aplicable, coa finalidade de levar a cabo as achegas e verificación das achegas que realice en nome do empregado, remitíndose tanto a información financeira vinculada ao produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, como os datos identificativos dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificativo; información de pago e/ou financeira, e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa intervinte) e dos restantes titulares, titulares reais e, se é o caso, representantes ou autorizados.

Para cumprir coas obrigas que impón a normativa citada poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado): i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos dos seguros e plans de pensións contratados; iii) Datos sobre os sinistros ocorridos; iv) Datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da póliza (p.ex., familiares ou empregados); v) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; vi) Datos sociodemográficos; vii) Datos académicos e profesionais; viii) Datos de emprego; ix) Datos da actividade comercial; x) Datos financeiros; e xi) Datos transaccionais.

3.2.5. Comunicación de información aos auditores de contas externos

A Lei de Auditoría de Contas establece a obriga para as entidades aseguradoras e as sociedades xestoras de plans de pensións (ambas condicións concorren en ABANCA Vida e Pensiones) de someterse en todo caso á auditoría de contas prevista na dita norma. Para estes efectos, enténdese por auditoría de contas a actividade consistente na revisión e verificación das contas anuais, así como doutros estados financeiros ou documentos contables, elaborados de acordo co marco normativo de información financeira que resulte de aplicación, resultando de todo isto a emisión dun informe sobre a fiabilidade de ditos documentos que poida ter efectos fronte a terceiros.

Aos fins da realización da auditoría, ABANCA Vida e Pensiones está obrigada a facilitar canta información fose necesaria para realizar os traballos de auditoría de contas; así mesmo, os auditores externos (sexan persoas físicas ou xurídicas) que realicen ditos traballos están obrigados a requirir canta información precisen para a emisión do informe de auditoría de contas.

A este respecto, informamos de que o exercicio da actividade de auditoría de contas está suxeito a rigorosas condicións, así como á obtención da pertinente autorización do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e á inscrición do auditor no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Do mesmo xeito, os auditores están sometidos: (i) ao deber de conservación e custodia, durante o prazo de cinco anos a contar desde a data do informe de auditoría, da documentación referente a cada auditoría de contas por eles realizada; e (ii) manter o segredo de canta información coñezan no exercicio da súa actividade, non podendo facer uso da mesma para finalidades distintas das da propia auditoría de contas.

Para cumprir coas obrigas que impón a normativa citada poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado): i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos dos seguros e plans de pensións contratados; iii) Datos sobre os sinistros ocorridos e/ou Datos sobre as continxencias ocorridas dos plans de pensións (incluídos, excepcionalmente e cando sexa estrita e rigorosamente necesario, datos de saúde accesorios); iv) Datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da póliza (p.ex., familiares ou empregados); v) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; vi) Datos sociodemográficos; vii) Datos académicos e profesionais; viii) Datos de emprego; ix) Datos da actividade comercial; x) Datos financeiros; e xi) Datos transaccionais.

3.3. Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA Vida e Pensiones

Facemos referencia neste apartado aos tratamentos dos teus datos persoais que teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por ABANCA Vida e Pensiones, sempre que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais.

Por este motivo, de forma previa á realización dos tratamentos descritos neste subapartado 3.3., realizamos unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA Vida e Pensiones, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos poñéndote en contacto co noso DPD na seguinte dirección de correo electrónico: privacidade@abanca.com.

3.3.1. Detectar e previr a fraude

Tamén é interese lexítimo de ABANCA Vida e Pensións impedir situacións de fraude na contratación e utilización dos nosos produtos ou servizos (p.ex. a suplantación de identidade ou o roubo de contrasinais) que poidan derivar nun prexuízo para ti, para terceiros e/ou para ABANCA Vida e Pensións. Por iso, e coa finalidade de previr a fraude en (i) os nosos procesos de contratación de produtos e servizos, así como (ii) durante a provisión de ditos produtos e/ou a execución dos servizos contratados, poderemos levar a cabo as seguintes operacións de tratamento sobre os teus datos persoais:

  • A consulta recíproca entre Empresas do Grupo Económico de ABANCA sobre actividades anómalas.

  • Comprobar a exactitude e veracidade dos documentos que nos achegues, por exemplo, a través do código CSV (código seguro de verificación) ou do código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) no caso de copias dixitais das declaracións de impostos e da vida laboral.

  • Análise do sinistro co obxectivo de verificar as súas causas, consecuencias e a súa cobertura.

Para previr a fraude nos nosos procesos de contratación de produtos e servizos, así como na provisión de ditos produtos e/ou o uso dos servizos contratados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos sociodemográficos; iii) Datos de emprego; e iv) Datos financeiros.

3.3.2. Elaboración de perfís comerciais e de risco en materia de seguros, para poder ofrecerche información publicitaria axustada a ditos perfís, sobre produtos e servizos similares aos contratados.

En ABANCA Vida e Pensións utilizamos os teus datos persoais obtidos das nosas fontes internas (é dicir, datos dos que dispoñemos por teren sido facilitados por ti ou xerados na propia ABANCA Vida e Pensións con motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases connosco) coa finalidade de elaborar o teu perfil comercial e de risco en materia de seguros, e usar dito perfil para poder ofrecerche información publicitaria axustada aos mesmos sobre produtos e servizos similares aos que teñas contratados connosco. Para esa finalidade, só utilizaremos datos obtidos de fontes externas no exclusivo caso de que nos outorgases o teu consentimento a tal efecto, conforme ao previsto no subapartado 3.4.6. da presente Política de Privacidade, ou ben no caso de que dispoñamos de algunha outra base xurídica legalmente prevista que permita o seu tratamento.

A continuación explicámosche como elaboramos e facemos uso destes perfís coa finalidade indicada:

O tratamento dos teus datos persoais para a elaboración do teu perfil comercial e de risco en materia de seguros ten como propósito coñecer as túas necesidades, intereses e preferencias e personalizar as propostas de produtos e servizos que realizamos para que, unicamente, recibas propostas que se adapten a esas necesidades, intereses e preferencias.

O interese perseguido por ABANCA Vida e Pensións é ser máis eficientes e eficaces á hora de impactar con publicidade no noso colectivo de clientes, ou o que é o mesmo, maximizar o rendemento das nosas campañas comerciais.

Este tratamento consiste na utilización dos teus datos persoais para analizar e predicir as túas preferencias persoais, situación económica, intereses e comportamento mediante a utilización de técnicas consistentes en regras básicas de perfilado (é dicir, segmentacións simples como, por exemplo, a de clientes cun determinado rango de idade ou domicilio nunha rexión concreta), e técnicas avanzadas consistentes en algoritmos matemáticos de Machine Learning supervisados e non supervisados, que permiten a construción de modelos de propensión e a realización de segmentacións avanzadas.

Para a elaboración de dito perfil comercial trataremos datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificativos e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; e Datos transaccionais. De acordo co indicado máis arriba, tales datos non comprenderán os que obteñamos de fontes externas, salvo no exclusivo caso de que contemos co teu consentimento ao efecto, conforme ao previsto no subapartado 3.4.6. da presente Política de Privacidade, ou ben no caso de que dispoñamos de algunha outra base xurídica legalmente prevista que permita o seu tratamento.

Os datos utilizados poden corresponder aos dous anos inmediatamente anteriores á realización e/ou revisión do perfil comercial.

En calquera momento, podes opoñerte ao tratamento dos teus datos para a elaboración do teu perfil comercial, a través do enderezo de correo sacvidaypensiones@abancaseguros.com, ou dirixíndote ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: Avenida da Mariña 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou do enderezo de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.

A consecuencia final da realización do teu perfil comercial é que, como cliente, unicamente recibirás aquela información publicitaria relativa aos nosos produtos e servizos que resulte axeitada ás túas necesidades, intereses e preferencias. É dicir, este perfil utilízase exclusivamente para a finalidade indicada e, polo tanto, non pode motivar a denegación de ningún produto e/ou servizo.

3.3.3. Ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos similares aos contratados.

En virtude do interese lexítimo de ABANCA Vida e Pensións en promocionar os seus produtos e servizos, podemos tratar os teus datos persoais coa finalidade de enviarte información publicitaria que faga referencia a produtos e servizos similares aos que teñas contratados con ABANCA Vida e Pensións.

Con carácter previo ao tratamento dos teus datos con tales fins de mercadotecnia directa, ademais de consultar os nosos rexistros internos para asegurarnos de que non te opuxeses a dito tratamento, consultaremos a Lista Robinson, co obxectivo de asegurar que non estás incluído en ningunha base de datos de exclusión publicitaria.

Esta información publicitaria pode ser xenérica ou personalizada, é dicir, axustada ao teu perfil comercial nos termos descritos no subapartado 3.3.2 anterior (elaboración de perfís con fontes internas) ou, no caso de que prestes o teu consentimento a tal efecto, nos termos descritos no subapartado 3.4.6. seguinte (elaboración de perfís con fontes externas).

Cando o desexes, poderás opoñerte ao envío de dita información publicitaria a través do enderezo de correo sacvidaypensiones@abancaseguros.com, do noso Servizo de Atención ao Cliente, ou dos distintos medios que se habiliten en cada momento.

Agás que indiques o contrario, esta información poderá serche remitida polos seguintes canais:

  • Correo postal;

  • Correo electrónico e redes sociais;

  • Mensaxes de calquera tipo ao móbil, incluídas as aplicacións de mensaxería (p. ex., WhatsApp);

  • Servizos de xestión electrónica a distancia de ABANCA Vida Pensións (P. ex., Apps ou páxinas webs corporativas);

  • Chamadas telefónicas.

Para enviarte información publicitaria referente a produtos e servizos similares aos que teñas contratados con ABANCA Vida e Pensións, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica no mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto.

3.3.4. Realizar enquisas de satisfacción dos nosos produtos e servizos contratados

Este tratamento dos teus datos persoais ten por obxecto a avaliación do nivel de satisfacción e de calidade do produto ou servizo que contratases, coas seguintes finalidades: i) a elaboración de perfís (se participas na enquisa e envías as túas respostas á mesma); ii) a realización de análises estatísticas e controis de calidade; e iii) a medición da satisfacción cos produtos e servizos contratados.

O interese perseguido é auditar e mellorar a calidade dos servizos prestados e os produtos que ofrecemos, así como a constante mellora da atención prestada a potenciais clientes, clientes e/ou usuarios identificando liñas de mellora, puntos fortes e febles con base nesta información que nos permita garantir un nivel de calidade tanto por parte de ABANCA Vida e Pensións como das Entidades que prestan servizos no seu nome (denominados encargados do tratamento).

Neste sentido, podemos levar a cabo accións destinadas a mellorar as túas relacións coa Entidade.

Agás que indiques o contrario, estas enquisas poderán ser remitidas polos seguintes canais:

  • Correo postal;

  • Correo electrónico e redes sociais;

  • Mensaxes de calquera tipo ao móbil, incluídas as aplicacións de mensaxería (p. ex., WhatsApp);

  • Servizos de xestión electrónica a distancia de ABANCA Vida Pensións (P. ex., Apps ou páxinas webs corporativas);

  • Chamadas telefónicas.

Para avaliar o nivel de satisfacción e de calidade do produto ou servizo contratado con ABANCA Vida e Pensións, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica no mesmo subapartado 2.2.):Datos identificativos e de contacto; Datos dos seguros e plans de pensións que teñas contratados; Datos relativos á túa voz (nos supostos de enquisas telefónicas); Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos da actividade comercial; Datos transaccionais; Datos financeiros; Datos obtidos a través do formulario de participación na enquisa na que participes de forma voluntaria; e Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

3.3.5. Análise de datos para a mellora de procesos internos

A análise continua dos nosos procesos internos resulta necesaria para a consecución de distintas finalidades relacionadas coa mellora da calidade do noso desempeño empresarial, tales como:

  • O desenvolvemento e optimización de modelos analíticos, de negocio, de risco e de cálculo da probabilidade de existencia de fraude nunha solicitude.

  • Lograr unha maior eficacia e eficiencia dos nosos procesos internos.

  • Xerar indicadores económicos e obter información económica agregada sobre o noso negocio.

  • Garantir a seguridade dos nosos sistemas e protexer a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información tratada por ABANCA Vida e Pensións e dos nosos procesos.

  • Mellorar os nosos produtos e servizos.

Non obstante, sempre que sexa posible, ABANCA Vida e Pensións aplicará:

  • Técnicas de anonimización a través das cales a información inicial se convertería en información anónima que non se puidese asociar a unha persoa concreta.

  • Técnicas de seudonimización a través das cales se substituirían os teus datos identificativos ou de contacto por identificadores internos.

Adicionalmente, en calquera dos casos, a información tratada por ABANCA Vida e Pensións será a mínima imprescindible para o desenvolvemento da finalidade pretendida.

No desenvolvemento desta análise poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos persoais") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos relativos á túa voz (nos supostos de enquisas telefónicas); Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos da actividade comercial; Datos sociodemográficos; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos transaccionais; Datos financeiros; Datos obtidos a través do formulario de participación na enquisa na que participes de forma voluntaria; e Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

3.4. Tratamentos baseados no teu consentimento

Neste subapartado facemos referencia a aqueles tratamentos dos teus datos persoais que realizaremos exclusivamente no caso de ter solicitado e obtido o teu consentimento previo a tal efecto.

A base xurídica dos diferentes tratamentos que se describen a continuación radica, polo tanto, no consentimento que, no seu caso, nos outorgases para a realización de cada un deles.

Lembrámosche o carácter revogable de dito consentimento, é dicir, poderás retiralo cando o desexes e, entón, ABANCA Vida e Pensións cesará na realización do tratamento correspondente. Non obstante, a retirada do consentimento non terá efectos retroactivos, polo que non afectará á licitude do tratamento previamente realizado. Para revogar ou retirar o consentimento que, no seu caso, nos outorgases, poderás dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do seguinte enderezo postal: Avenida da Mariña 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou do enderezo de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.

Os tratamentos dos teus datos persoais que poderemos realizar no caso de ter solicitado e obtido o teu consentimento previo para iso, son os que se detallan a continuación:

3.4.1. Ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores

Trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axustada ao teu perfil comercial (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, conforme se explica no subapartado 3.3.2 da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA (ao que ABANCA Vida e Pensións pertence), así como de terceiros colaboradores de ABANCA Vida e Pensións.

Os sectores de actividade das empresas do Grupo Económico de ABANCA comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de marketing e de servizos de consultoría e asesoramento. Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA, premendo aquí.

Os terceiros colaboradores de ABANCA Vida e Pensións son entidades mercantís e entidades sen ánimo de lucro (p.ex., fundacións, Organizacións Non Gobernamentais, asociacións sen ánimo de lucro, etc.) coas que ABANCA Vida e Pensións mantén acordos de colaboración e que ofrecen produtos ou servizos financeiros, de seguros ou de investimento, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas, servizos e produtos de consumo persoal ou servizos e produtos de lecer, culturais, deportivos, de educación, formación e capacitación, de novas tecnoloxías e actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, de asistencia social ou servizos dirixidos a Organizacións Non Gobernamentais.

Para ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de terceiros colaboradores segundo se indica no presente apartado, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") desta Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).

3.4.2. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo

Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA das referidas no anterior subapartado 3.4.1 co fin de facilitar e axilizar a análise (incluído o do risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.

Os datos persoais que ABANCA Vida e Pensións poderá compartir con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA segundo o previsto neste subapartado 3.4.2 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).

3.4.3. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Vida e Pensións para facilitar os seus procesos de contratación contigo

Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA Vida e Pensións dos referidos no anterior subapartado 3.4.1 co fin de facilitar e axilizar a análise (incluído o do risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases ao correspondente colaborador de ABANCA Vida e Pensións destinatario dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas co correspondente colaborador de ABANCA Vida e Pensións destinatario dos datos.

Os datos persoais que ABANCA Vida e Pensións poderá compartir cos seus colaboradores segundo o previsto neste subapartado 3.4.3 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo apartado): Datos identificativos e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).

3.4.4. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos

Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA das referidas no anterior subapartado 3.4.1 para que tales empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, no seu caso, o teu perfil de risco crediticio, e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecerche a información axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditas empresas farán chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).

Para a elaboración ou actualización do teu perfil comercial as empresas do Grupo Económico de ABANCA poderán empregar técnicas básicas e avanzadas de perfilado como as que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade. Adicionalmente, e tamén a efectos de elaborar ou actualizar o teu perfil comercial, tales empresas poderán consultar ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (p.ex., os ficheiros comúns de selección e tarificación de riscos no ámbito do sector de seguros).

Os datos persoais que ABANCA Vida e Pensións poderá compartir coas empresas do seu Grupo Económico segundo o previsto neste subapartado 3.4.4 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificativos e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).

3.4.5. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Vida e Pensións para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos

Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA Vida e Pensións dos referidos no anterior subapartado 3.4.1 para que elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, no seu caso, o teu perfil de risco crediticio, e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecerche a información axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditos colaboradores farán chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).

Para a elaboración ou actualización do teu perfil comercial os colaboradores de ABANCA Vida e Pensións poderán empregar técnicas básicas e avanzadas de perfilado como as que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade. Adicionalmente, e tamén a efectos de elaborar ou actualizar o teu perfil comercial, tales colaboradores poderán consultar ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (p.ex., os ficheiros comúns de selección e tarificación de riscos no ámbito do sector de seguros).

Os datos persoais que ABANCA Vida e Pensións poderá compartir cos seus colaboradores segundo o previsto neste subapartado 3.4.5 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).

3.4.6. Melloras no proceso de cálculo da prima do seguro e elaboración do teu perfil comercial facendo uso de fontes externas

Enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (é dicir, a que fose facilitada por ti ou xerada en ABANCA Vida e Pensións con motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases connosco), con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos (como, p.ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil, o Instituto Nacional de Estatística e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p.ex., listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas); as empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizases que nos cedan os teus datos persoais (por exemplo, o scoring bancario) para a elaboración por parte nosa do teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros; ferramentas e bases de datos de geomarketing; datos de navegación en páxinas web e aplicacións de terceiros, no caso de que aceptases o uso de cookies e tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes; así como os ficheiros comúns do sector de seguros (p.ex., ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais). Todo iso co propósito de poder dispoñer de información relevante para calcular o importe da prima e elaborar respecto de ti un perfil comercial máis completo e con máis profundidade que o elaborado coas fontes internas mencionadas no subapartado 3.3.2. da presente Política de Privacidade, o que nos permitirá personalizar de modo máis certeiro as propostas que che dirixamos en relación cos nosos produtos e servizos.

En efecto, coa información referente á túa persoa enriquecida con fontes externas, e aplicando a dita información as técnicas de perfilado descritas no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade, poderemos adaptar ou escoller cunha maior precisión as propostas de produtos e servizos de ABANCA Vida e Pensións que mellor se axusten ás túas características e, polo tanto, aos teus intereses, necesidades aseguradoras, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia; así como, no caso de que obtivéramos o teu consentimento referido no subapartado 3.4.1, escoller as propostas de produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e/ou de colaboradores que mellor se axusten ás túas características e, polo tanto, aos teus intereses, necesidades financeiras ou aseguradoras, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia).

Para a elaboración do teu perfil comercial facendo uso da información referente á túa persoa enriquecida con fontes externas, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificativos e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; e Datos transaccionais.

Os datos utilizados poden corresponder aos dous últimos anos.

3.4.7. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude

Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.

Con esa finalidade, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo apartado): Datos identificativos e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos académicos e profesionais; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; e Datos financeiros.

3.4.8. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA Vida e Pensiones

Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información publicitaria axustada ao teu perfil comercial (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, conforme se explica no subapartado 3.3.2 da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos propios de ABANCA Vida e Pensiones.

Aos efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo apartado): Datos identificativos e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

3.4.9. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores

Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axustada ao teu perfil comercial (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, conforme se explica no subapartado 3.3.2 da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e dos terceiros colaboradores de ABANCA Vida e Pensiones que se refiren no anterior subapartado 3.4.1 da presente Política de Privacidade.

Aos efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no apartado 2.2. ("Categorías de datos") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo apartado): Datos identificativos e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.

4. Con quen compartimos os teus datos?

Só compartiremos os teus datos persoais con terceiros cando nos outorgues o teu consentimento para iso ou exista outra base xurídica que ampare esa comunicación de datos. Deste xeito, os tratamentos de datos realizados por ABANCA Vida e Pensiones que se describen na presente Política de Privacidade poden implicar que os teus datos sexan comunicados aos seguintes destinatarios:

  • A Entidades Financeiras para poder proceder aos cobros e pagos oportunos.

  • Aos Ficheiros comúns do sector asegurador e Rexistros públicos (p.ex. ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais), así como ao Rexistro de Seguros con cobertura de falecemento, no caso de que resulte necesario inscribir as correspondentes garantías ou no caso de que resulte necesario que ABANCA Vida e Pensiones consulte a información que conste neses rexistros sobre o produto que será obxecto das correspondentes garantías.

  • Ao INDEF, coa finalidade de realizar as consultas ás que se refire o apartado 3.1.3.

  • A Organismos Públicos, como o Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas ou o Consorcio de Compensación de Seguros, nos casos nos que a normativa vixente, ou un convenio subscrito por ABANCA Vida e Pensiones co organismo correspondente, así o determinen.

  • Aos auditores de contas externos.

  • A entidades privadas de resaseguro ou coaseguro, encargadas da xestión das coberturas comprendidas na póliza dos coaseguros e resaseguros en canto aos riscos asumidos por aquelas.

  • Ás entidades encargadas da xestión das continxencias recollidas nos contratos que manteñas con ABANCA Vida e Pensiones.

  • Ás entidades encargadas da xestión dos servizos que solicites ou dos que fagas uso ao abeiro do contrato de seguro que manteñas con ABANCA Vida e Pensiones (p.ex., o servizo de segunda opinión médica);

  • A Entidades promotoras dos plans de pensións (p.ex., ao empregador que inste a creación dun plan de pensións incluído na modalidade sistema de emprego).

  • Á entidade encargada da xestión depositaria dos fondos de pensións (CECABANK), así como á entidade titular da Función Actuarial do Plan de Pensións do Persoal de ABANCA (GESINCA), conforme ás obrigas establecidas na normativa aplicable dentro da materia de plans de pensións, en cumprimento das cales desde ABANCA Vida e Pensiones se comunican os teus datos coa finalidade de xestionar a contratación e xestión dos teus plans de pensións. Estas entidades tratarán os teus datos persoais baixo o seu nome e responsabilidade, e baixo as obrigas legais establecidas, as cales serán informadas durante a xestión.

  • Ás Empresas do Grupo Económico de ABANCA e a colaboradores, para as finalidades de axilizar os teus procesos de contratación e poder realizar accións publicitarias axustadas ao teu perfil (previo consentimento pola túa parte); ou para a prestación ou execución dalgún dos servizos ou produtos asociados ao seguro contratado, por exemplo:

    • A ABANCA Corporación Bancaria, S.A. e a ABANCA Servizos Financeiros, E.F.C., S.A., para que poidan xestionar as operacións de financiamento que, no seu caso, lles solicitases e que vaian ser obxecto de cobertura polo seguro que contrates con ABANCA Vida e Pensiones; e

    • A ABANCA Corporación Bancaria, S.A., para permitir a domiciliación do pago do seguro e, no seu caso, tramitar o seu financiamento e/ou pago aprazado.

Podes acceder á listaxe completa das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA, premendo aquí.

  • Provedores de servizos. A finalidade destas comunicacións será a xestión por estes terceiros, denominados encargados do tratamento, da prestación de determinados servizos en nome de ABANCA Vida e Pensiones. Tratarán os teus datos persoais en nome e por conta nosa, seguindo en todo momento as nosas instrucións. En ningún caso poderán tratar os teus datos persoais para finalidades propias.

En ABANCA Vida e Pensiones seguimos uns estritos criterios de selección de provedores de servizos e subscribimos con cada un deles o correspondente contrato de encargado do tratamento, no que se establecen as condicións de confidencialidade, seguridade e de tratamento de datos conforme á normativa vixente en cada momento.

Estes terceiros poden comprender diferentes sectores de actividade. Podes acceder a unha listaxe coas categorías de empresas que poden tratar os teus datos por conta de ABANCA Vida e Pensiones premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.

  • Á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e organismos de control europeo, en cumprimento coas funcións que lle son atribuídas pola normativa como autoridades de supervisión nacional e/ou europea; esta comunicación dos teus datos terá por finalidade a de supervisar a actividade das compañías aseguradoras e xestoras de fondos de pensións.

  • Ao Rexistro de Contratos de Seguro de Cobertura de Falecemento.

  • Á Unión Española de Entidades Aseguradoras e Resaseguradoras, UNESPA, coa finalidade de cumprir coas obrigas de autorregulación do sector, do mesmo xeito que comunicar os datos correspondentes nos casos nos que UNESPA sexa titular dos ficheiros comúns de información que esta entidade xestiona, así como nos casos nos que, conforme aos Convenios establecidos entre UNESPA e ABANCA Vida e Pensiones, esta se obrigue a comunicar os datos dos clientes, os cales poderán facer referencia á identificación do tomador da póliza ou partícipe dun plan de pensións, e aos datos incluídos nas pólizas e Boletíns de Adhesión de Plans de Pensións.

  • Ao SEPBLAC e ás demais autoridades competentes en materia de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo. A finalidade destas comunicacións será cumprir coa normativa aplicable en dita materia.

  • Ás entidades que xestionan os sistemas de información crediticia ou tamén coñecidos como ficheiros sobre incumprimento de obrigas dinerarias (p.ex., BADEXCUG ou ASNEF). A finalidade destas comunicacións é trasladar as débedas que cumpren os requisitos esixidos pola lei, previa comunicación indicando os dereitos que che asisten.

  • Á AEAT e outras administracións tributarias que resulten competentes, en cumprimento da normativa fiscal aplicable.

  • Ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no ámbito de procedementos de investigación -xudiciais e/ou administrativos- nos que resulten competentes ou en cumprimento da normativa aplicable.

  • A Xuíces e Tribunais, no ámbito de procedementos xudiciais dos que resulten respectivamente competentes ou en cumprimento da normativa aplicable.

  • Ao Defensor do Cliente e do Partícipe: D.A. Defensor, S.L., co obxecto de atender e resolver en segunda instancia as queixas e reclamacións que fosen previamente resoltas polo Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA Vida e Pensiones en primeira instancia derivadas dos contratos de seguro e/ou dos plans de pensións individuais de acordo ao previsto no Regulamento para a Defensa do Cliente de ABANCA Vida e Pensiones.

5. Está prevista algunha transferencia internacional?

Determinadas sociedades que prestan servizos a ABANCA Vida e Pensiones están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido, ABANCA Vida e Pensiones garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.

Nestes casos, calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel axeitado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, de acordo co disposto na normativa vixente que resulte de aplicación.

Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos e os mecanismos de garantía aplicados, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA Vida e Pensiones na seguinte dirección de correo electrónico: privacidad@abanca.com.

6. Por canto tempo conservamos os teus datos?

Os teus datos persoais serán conservados durante a vixencia da relación contractual ou precontractual con ABANCA Vida e Pensiones e, no caso de que prestases o teu consentimento a tal efecto, serán conservados con posterioridade á relación contractual ou precontractual por un prazo máximo de 5 anos.

Finalizada a relación contractual ou precontractual (ou, no seu caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados conforme ao disposto na normativa aplicable, o que implica a identificación e reserva dos datos, adoptando medidas técnicas e organizativas, para impedir o seu tratamento, excepto para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, a efectos da atención ou esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só durante os prazos de prescrición legal das mesmas.

Transcorridos ditos prazos, os teus datos persoais serán eliminados.

7. Cales son os teus dereitos?

A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:

  • Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.

  • Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.

  • Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.

  • Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na lei:

    • Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA Vida e Pensiones comproba a exactitude dos mesmos;

    • Cando o tratamento é ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;

    • Cando ABANCA Vida e Pensiones non necesite tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e

    • Cando te opuxeses ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.

  • Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.

  • Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais (p.ex. para o cesamento do envío de comunicacións comerciais de produtos da entidade) e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA Vida e Pensiones, caso no que deixaremos de tratar os teus datos, salvo que acreditemos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que poidan prevalecer sobre os teus dereitos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

  • Dereito a revogar o consentimento prestado en calquera momento.

  • Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es/Serás redirixido a outro sitio web).

Para o exercicio de calquera destes dereitos, debes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través da dirección postal: Avenida da Mariña 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou da dirección de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.

Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, dentro do prazo legal concedido dun mes a partir da recepción do teu escrito. Dito prazo poderá prorrogarse outros dous meses no caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. Neste último caso, informarase da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.

8. Modificacións da Política de Privacidade

Esta política será revisada e actualizada para cumprir cos cambios normativos que se produzan en cada momento, ou cando se realicen novos tratamentos por parte de ABANCA Vida e Pensiones. Por este motivo, é importante que de maneira periódica revises o seu contido.

A data de última actualización é xullo de 2025.

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de privacidade de sistemas de videovigilancia
  • Política de privacidade de aplicacións móbiles
  • Política de privacidade de ABANCA Vida y Pensiones
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores