Información adicional sobre protección de datos persoais
Información adicional sobre protección de datos persoais
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE ABANCA VIDA Y PENSIONES
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento é ABANCA VIDA Y PENSIONES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A.U., con enderezo en Avenida de La Marina, 1, 3º, C.P.: 15001 (A Coruña) e N.I.F. A15140387 (no sucesivo, “ABANCA Vida y Pensiones”).
En ABANCA Vida y Pensiones, contamos cun Delegado de Protección de Datos (no sucesivo, tamén “DPD” ou “DPO”), co que poderás contactar, se o precisas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamentos dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.
Deseguido, ofrecémosche información detallada do tratamento dos teus datos persoais efectuado por ABANCA Vida y Pensiones como responsable do devandito tratamento.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos distinguir entre as fontes das que proveñen os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
Os teus datos persoais tratados por ABANCA Vida y Pensiones poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas no ámbito das túas relacións connosco), xerarse en ABANCA Vida y Pensiones (con motivo da xestión desas relacións) ou ter orixe en fontes externas (isto é, proceder de terceiros que non son parte das relacións que mantés connosco e dos que obtemos datos referentes á túa persoa ao amparo do consentimento que, no seu caso, nos outorgaras ao efecto ou ben ao amparo dalgunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten). Deseguido, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:
-
Datos facilitados por ti nas solicitudes que nos presentes ou no ámbito da formalización e desenvolvemento das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida y Pensiones (p. ex.,os datos necesarios para solicitar e contratar un plan de pensións, unha póliza de seguro, así como datos relativos á túa saúde ou outros datos achegados para a tramitación de sinistros derivados do contrato de seguro ou das continxencias cubertas polos plans de pensións).
No caso de que ti nos proporciones datos de terceiros (p. ex., de asegurados ou beneficiarios en contratos de seguro), garantes que contas co consentimento expreso deses terceiros para que ABANCA Vida y Pensiones poida tratar os teus datos. Así mesmo, garantes que os terceiros cuxos datos nos proporciones foron debidamente informados dos tratamentos que ABANCA Vida y Pensiones levará a cabo cos devanditos datos e que están aquí recollidos na presente Política de Privacidade.
-
Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais que teñas con ABANCA Vida y Pensiones (p. ex. os datos sobre ti que se xeren con motivo da xestión e desenvolvemento dos produtos ou servizos que subscribiras connosco, como seguros ou plans de pensións).
-
Entidades encargadas da xestión das coberturas e continxencias recollidas nos contratos que manteñas con ABANCA Vida y Pensiones, cuxos sectores de actividade serán os asociados aos seguros e plans de pensións (p. ex. centros sanitarios ou hospitalarios e/ou tanatorios).
-
Entidade encargada da xestión depositaria dos fondos de pensións; así como entidades nas que ABANCA Vida y Pensiones externalice algunha función clave (p. ex. GESINCA, como titular da Función Actuarial do Plan de Pensións do persoal de ABANCA, e CECABANK, que actúa como entidade depositaria dos fondos de pensións xestionados por ABANCA Vida y Pensiones).
-
Entidades comercializadoras de plans de pensións (p. ex. ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A., como entidade comercializadora dos plans de pensións dos que ABANCA Vida y Pensiones é entidade xestora).
-
Entidades promotoras dos plans de pensións (p. ex., o empregador que inste á creación dun plan de pensións incluído na modalidade sistema de emprego).
-
Empresas do Grupo económico de ABANCA (ao que pertence ABANCA Vida y Pensiones), cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento inmobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA premendo aquí.
-
Ficheiros comúns do sector asegurador (p. ex., ficheiros de selección e tarifación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais, que ABANCA Vida y Pensiones, na súa condición de entidade aseguradora, poderá consultar para realizar a correspondente oferta, tramitar a contratación do seguro que solicitaras e xestionar o contrato de seguro cando se formalice; e Rexistros públicos como o Rexistro de Contratos de Seguro de Cobertura de Falecemento).
-
Fontes accesibles ao público (p. ex., censo promocional, guías de servizos de comunicacións electrónicas, listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas).
-
Organismos da Administración Pública (p. ex., a Tesourería Xeral da Seguridade Social ou a Axencia Estatal de Administración Tributaria).
-
Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex. BADEXCUG e ASNEF).
2.2. Categorías de datos
En ABANCA Vida y Pensiones tratamos distintos tipos de datos persoais para xestionar as relacións contractuais ou precontractuais que, en cada momento, teñas connosco, así como para o resto de finalidades indicadas no apartado 3. “Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” desta Política de Privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
-
Datos identificadores e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), enderezo postal e electrónico e teléfono fixo ou móbil; incluíndo os datos relativos a terceiros como beneficiarios, asegurados, etc.
-
Datos referidos á túa voz (p. ex., os das gravacións de chamadas telefónicas que manteñas connosco).
-
Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación para o acceso e operativa nas canles a distancia que empregues nas túas relacións con ABANCA Vida y Pensiones.
-
Datos dos seguros e plans de pensións que subscribas con ABANCA Vida y Pensiones (datos que comprenden, no caso dos seguros: ramo do seguro, prima, data de vencemento, tomador, beneficiario e asegurado, capitais ou sumas aseguradas; e, no caso dos plans de pensións: entidade xestora, entidade depositaria, entidade promotora, partícipes, beneficiarios, modalidade do plan, a súa integración no correspondente fondo de pensións).
-
Datos sobre os sinistros e continxencias: referímonos a aqueles datos que se xeraran entre o cliente e ABANCA Vida y Pensiones durante a relación (datos que comprenden o detalle da existencia de enfermidades, lesións, intervencións médicas ou xubilación que dan orixe á xestión do sinistro e/ou continxencia cuberta polos plans de pensións).
-
Datos persoais de terceiros que estean baixo a cobertura da póliza ou contrato de plan de pensións: Durante a relación contractual pódense requirir datos identificadores e de contacto dos beneficiarios do seguro ou do plan de pensións, onde se pode identificar a familiares designados como beneficiarios, así como empregados ou socios, no caso de sociedades.
-
Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais: estado civil; idade; situación familiar; data e lugar de nacemento; nacionalidade; sexo; licencias para actividades de ocio (p. ex., caza e pesca); características de aloxamento/vivenda; pertenza a clubs/asociacións; así como deportes e afeccións practicadas.
-
Datos sociodemográficos: idade e nivel de estudos de persoas que habitan na contorna xeográfica do cliente; tipoloxía de familias que habitan na devandita contorna segundo o número e características dos seus membros; categorías de actividades profesionais existentes na contorna xeográfica na que reside o cliente; capacidade económica, segundo as rendas anuais existentes na devandita contorna; ou características da contorna segundo a antigüidade das construcións, o nivel de agrupación (unifamiliar ou plurifamiliar) ou a presenza de zonas comerciais.
-
Datos académicos e profesionais: formación/titulacións; pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
-
Datos de emprego: tipo de contrato, posto de traballo, antigüidade, datos non económicos de nómina.
-
Datos da actividade comercial: licenzas para o exercicio da actividade, sector económico no que se exerce, Código Nacional de Actividades Económicas (CNAE) no que se clasifica a actividade.
-
Datos económicos e de solvencia patrimonial: datos de impostos e deducións impositivas (declaración de IRPF, IVE, etc.); datos económicos de nómina; ingresos e gastos; investimentos e bens patrimoniais; bens mobles e inmobles dos que sexa propietario o cliente ou respecto dos que ostente a posesión, uso e goce; subsidios e beneficios; e capacidade crediticia, incluíndo os datos sobre o incumprimento dunha débeda contraída cunha empresa privada ou con organismos públicos obtidos de Ficheiros de solvencia patrimonial e crédito (p. ex., Ficheiros ASNEF e BADEXCUG).
-
Datos financeiros: número de conta bancaria existente en entidades de crédito españolas ou con sucursal en España, da que el cliente sexa titular ou autorizado, na que domiciliara o pagamento das primas do seguro ou desde a que realice as achegas aos plans de pensións ou reciba as prestacións amparadas polo mesmo no caso de continxencia.
-
Datos transaccionais: indemnizacións e subvencións que puidese percibir o cliente; os datos dos recibos domiciliados, transferencias e cargos (inclúen o tipo de operación, o emisor, concepto, terceiro relacionado coa transacción, importe, localización onde se realiza, data e hora e outra información relacionada, todo en relación, p. ex., coas achegas aos plans de pensións que o cliente teña contratados e coas prestacións recoñecidas con motivo da ocorrencia das continxencias amparadas polos devanditos plans de pensións; así como cos cargos das cotas ou primas dos seguros que o cliente teña contratados e co cargo das prestacións recoñecidas no caso de ocorrencia de sinistros cubertos polos devanditos seguros); datos dos produtos e servizos solicitados ou contratados (historial de pagamentos, límites asociados e tipoloxía de produtos e servizos).
-
Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais: Esta categoría comprende, dunha banda, a agrupación de clientes en categorías e segmentos segundo criterios obxectivos tales como a súa idade, nivel de ingresos, propiedades inmobiliarias, operativas, consumos de produtos e servizos, preferencias ou propensións á contratación de produtos e servizos; e, doutra banda, a elaboración da proba de rendibilidade ou Profit testing e a elaboración de perfís comerciais.
En ningún caso inferiremos dato ningún que revele a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, ou afiliación sindical, nin tampouco datos xenéticos, datos relativos á túa saúde ou á túa vida ou orientación sexual, nin datos biométricos dirixidos a identificarte univocamente (“Categorías especiais de datos”).
-
Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo; isto é, referímonos aos datos que revelen a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, datos relativos á túa saúde (p. ex., información relativa a enfermidades, a discapacidades ou ao estado fisiolóxico ou biomédico) ou á túa vida ou orientación sexual, datos de colectivos vulnerables –no caso de que estiveses incluído nalgún–, así como os datos biométricos dirixidos a identificarte univocamente.
En ABANCA Vida y Pensiones só trataremos os teus datos de saúde naqueles casos nos que cómpren para:
- o estudo das solicitudes de seguros de vida; a formalización e xestión dos contratos de seguros de vida (incluídas as eventuais modificacións contractuais); e a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos; e
- a xestión das prestacións recoñecidas con motivo da ocorrencia das continxencias amparadas polos plans de pensións que teñas contratados connosco.
Os referidos datos de saúde comprenderán datos referidos á existencia de enfermidades, lesións ou intervencións médicas previas ou acontecidas durante a relación.
Nestes supostos de recollida de categorías especiais de datos, pedimos o teu consentimento específico para o tratamento dos mesmos no momento de solicitalos.
-
Datos biométricos (non pertencentes ás categorías especiais de datos): no caso de que empregues o sistema de sinatura dixitalizada para prestar o teu consentimento no ámbito das solicitudes que presentes a ABANCA Vida y Pensiones ou dos contratos que formalizaras ou formalices coa mesma, levaremos a cabo o tratamento dos datos biométricos asociados á devandita sinatura. Os datos biométricos asociados á sinatura dixitalizada son categorías de datos que comprenden os trazos caligráficos da sinatura, como a presión e a velocidade con que se realiza, así como a inclinación do trazo. O tratamento dos devanditos datos biométricos por parte de ABANCA Vida y Pensiones cómpre para, segundo proceda, a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións que puidesen plantarse con motivo das relacións que mantés connosco. Polo tanto, serán tratados exclusivamente no caso de repudio da operación asinada por medio do sistema de sinatura dixitalizada, con obxecto de verificar, a través do correspondente cotexo, que a sinatura é túa. En consecuencia, tales datos biométricos asociados á sinatura non serán tratados en ningún caso como medio para identificarte univocamente, polo que non terán a consideración de categorías especiais de datos.
-
Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais: datos de persoas incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, o Reino Unido e/ou o U.S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Informámoste de que non todas as categorías de datos anteriormente sinaladas son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta Política de Privacidade. No seguinte apartado 3. (“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?”), no que se describen os diferentes tratamentos de datos realizados por ABANCA Vida y Pensiones, con indicación das súas finalidades e as súas bases xurídicas de lexitimación respectivas, detállanse que categorías concretas de datos se empregan para cada un deses tratamentos.
Ademais, informámoste de que, cando no seguinte apartado 3 se asocia unha categoría de datos persoais a un tratamento determinado, non se quere dicir que todos e cada un dos datos incluídos nesa categoría se vaian empregar sempre que se realice o devandito tratamento. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais só se empregarán na medida en que, segundo as circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
Seguidamente informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA Vida y Pensiones é responsable, con especificación das finalidades e das xurídicas de cada un deles. Adicionalmente, e segundo o indicado no anterior subapartado 2.2. (“Categorías de datos”), detállanse respecto de cada tratamento as concretas categorías de datos empregados na súa realización.
3.1. Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida y Pensiones
Facemos referencia neste subapartado aos tratamentos que levamos a cabo dos teus datos persoais para a execución das relacións contractuais ou precontractuais que estabelezas con ABANCA Vida y Pensiones e, polo tanto, para poder prestarche os servizos e proporcionarche os produtos que sexan obxecto desas relacións.
A base xurídica deses tratamentos radica, en consecuencia, no feito de ser necesarios para poder executar ou dar cumprimento a esas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Vida y Pensiones das que sexas parte.
Deseguido, detállanse os tratamentos referidos, con indicación das súas respectivas finalidades, así como das categorías de datos persoais que se empregan en cada un deles:
3.1.1. Formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida y Pensiones
A finalidade deste tratamento é a correcta formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que estabelezas connosco.
Seguidamente, indícanse as operacións do tratamento dos teus datos que poderemos efectuar no marco do tratamento referido, que comprenden a obtención dos datos necesarios para a xestión das solicitudes que nos formules, a avaliación da viabilidade da contratación dos correspondentes produtos e servizos e a correcta formalización, mantemento e cumprimento dos contratos resultantes:
-
Recibir as solicitudes de información ou de contratación que realizaras sobre os nosos produtos e servizos, analizalas e avalialas, darche resposta e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
-
Procedermos, no seu caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato.
-
Manter, desenvolver e controlar as túas relacións de negocio con ABANCA Vida y Pensiones.
-
Enviarche comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA Vida y Pensiones.
-
Previa información (ben sexa na documentación contractual ou precontractual ou ao inicio da propia chamada), gravar as conversacións telefónicas que manteñas connosco, para, no seu caso, cumprir con obrigas legais, realizar controles de calidade e poder empregalas como proba no contexto dunha reclamación xudicial ou extraxudicial.
-
No seu caso, analizar e xestionar situacións de impagamentos que poidan producirse no ámbito dos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA Vida y Pensiones.
-
Xestionar e dar resposta ás reclamacións que, no seu caso, presentes.
-
Xestionar a aplicación de bonificación, descontos ou calquera outra condición promocional, así como a entrega de premios e/ou agasallos promocionais que, no seu caso, estivesen asociados ou fosen de aplicación á relación contractual que teñas estabelecida con ABANCA Vida y Pensiones.
-
Por razóns derivadas da inclusión dun produto ou servizo nun reaseguro ou coaseguro ou por razón da propia xestión da póliza, cómpre comunicar a terceiras entidades aseguradoras a información sobre a contratación de calquera produto ou servizo, con independencia da súa denominación comercial, así como os datos identificadores dos contratantes e os do produto ou servizo (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificador; data de nacemento ou data de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificador; país emisor do documento identificador, sempre que non se dispoña país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
No caso de plans de pensións de emprego, onde a entidade empregadora ostenta o rol de promotora, por motivos da propia xestión deses plans cómpre comunicar os teus datos á devandita entidade empregadora, coa finalidade de levar a cabo as achegas e a verificación das achegas que realice en nome do empregado, remitíndose tanto a información financeira asociada ao produto, con independencia da súa denominación comercial, como os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo de número de documento identificador; información de pagamento e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre o produto ou servizo contratado e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
Para a formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que estabelezas con ABANCA Vida y Pensiones e, polo tanto, para prestarche os servizos e proporcionarche os produtos que sexan obxecto desas relacións, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e de contacto; Datos referidos á túa voz; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; no seu caso, Categorías especiais de datos (nos supostos de recollida de categorías especiais de datos segundo o indicado no subapartado 2.2, pedimos o teu consentimento específico para o tratamento dos devanditos datos);** Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais; e, no seu caso, Datos biométricos (non pertencentes ás categorías especiais de datos) asociados á sinatura dixitalizada**.
3.1.2. Análise e valoración do risco asegurado na formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida y Pensiones
A finalidade deste tratamento é analizar se, cando nos solicitas ou mantés connosco un produto asegurador, se consegue a necesaria coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados.
Deseguido, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos persoais que poderemos efectuar no marco da análise referida:
-
ABANCA Vida y Pensiones recolle e rexistra os datos e a documentación necesaria para levar a cabo a correspondente análise da túa situación financeira e/ou de solvencia.
-
No momento no que nos solicites un produto asegurador, así como no caso de contratación e, incluso, durante a vixencia do mesmo, levaremos a cabo unha análise e valoración mediante a aplicación de técnicas actuariais e estatísticas, obtendo deste xeito unha proba de rendibilidade ou Profit testing, segundo se explica deseguido, co obxectivo de asegurar a coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados.
-
Para obter a proba de rendibilidade ou Profit testing, emprégase un sistema informático de avalaición consistente na aplicación de técnicas actuariais e estatísticas que nos permite asignar ás solicitudes de produtos, así como á realización derivada dos produtos efectivamente contratados, unha cualificación a partir da maior ou menor coherencia entre a túa situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados, o que se traduce nunha recomendación de aprobación ou rexeitamento da solicitude do produto ou na reavaliación da prima asociada ao produto xa contratado ou ben na anulación do mesmo (p. ex., para os produtos de pólizas unificadas ou de vida en accidentes).
-
Cada variable que haxa que considerar e a súa influencia no resultado final da proba de rendibilidade calcúlanse previamente á contratación do produto solicitado e tamén durante a vida do produto efectivamente contratado a través da aplicación de modelos para a valoración, xestión e control creados para dar cumprimento á normativa española e europea que esixe ás entidades aseguradoras o cumprimento dunha serie de normas e guías para a xestión actuarial requiridas para cada operación.
-
A proba de rendibilidade ou Profit testing está baseada, polo tanto, na publicación de técnicas actuariais e estatísticas; en particular, no axuste dun modelo estatístico a partir de datos históricos de ABANCA Vida y Pensiones, que permite asegurar se a situación financeira e/ou de solvencia está aliñada co capital ou interese asegurados. Así, aplicamos ese modelo estatístico aos teus datos persoais para poder estimar a probabilidade de que incorras nun impagamento ou, no seu caso, para a reavaliación do pagamento correspondente.
-
En canto á forma de aplicar estas técnicas e o seu impacto, has ter en conta que, segundo o produto solicitado ou efectivamente contratado, pódense tomar decisións automáticos de aprobación, denegación ou reavaliación do mesmo ou decisións de aprobación, denegación ou reavaliación do devandito produto que non son completamente automáticas, por existir unha revisión posterior do resultado da proba de rendibilidade ou Profit testing por parte dun comité específico de aprobación da operación (polo que o resultado das técnicas actuariais é, en tal caso, só orientador). No suposto de que a decisión de aprobación, denegación ou reavaliación sexa completamente automático, informámoste de que che asistirán, neste caso, determinados dereitos; en particular, o de obter intervención humana por parte de ABANCA Vida y Pensiones na análise da decisión, expresar o teu punto de vista e impugnar a decisión que se adopte.
Para análise e valoración do risco asegurado na formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Vida y Pensiones, co fin de coñecer a túa situación financeira e/ou de solvencia e conseguir a necesaria coherencia entre a devandita situación financeira e/ou de solvencia e o capital ou interese asegurados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2) : i) Datos identificadores e de contacto; ii) Datos de sinatura (manuscrita e, no seu caso, dixitalizada); iii) Datos dos seguros contratados; iv) Categorías especiais de datos (p. ex., os datos de saúde necesarios para a formalización e xestión dos seguros de vida, así como para a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos; nos supostos de recollida de categorías especiais de datos pedimos o teu consentimento específico para o tratamento dos devanditos datos); v) Datos sobre os sinistros ocorridos; vi) Datos persoais de terceiros baixo a cobertura da póliza (p. ex., familiares ou empregados); vii) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; viii) Datos sociodemográficos; ix) Datos académicos e profesionais; x) Datos de emprego; xi) Datos da actividade comercial; xii) Datos económicos e de solvencia patrimonial; xiii) Datos financeiros; xiv) Datos transaccionais; xv) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (especialmente, proba de rendibilidade ou Profit testing).
3.2. Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais
O sector asegurador, do que ABANCA Vida y Pensiones forma parte, está fortemente regulado e isto implica que debamos tratar os teus datos para cumprir coas obrigas legais que nos resulten aplicables en cada caso.
A base xurídica deste tratamento radica, en consecuencia, no feito de ser necesario para poder dar cumprimento ás obrigas legais ás que ABANCA Vida y Pensiones está suxeita no desenvolvemento da súa actividade.
Deseguido, detállanse as operacións de tratamento dos teus datos persoais que poderemos efectuar no contexto do tratamento referido e segundo o marco legal aplicable a ABANCA Vida y Pensiones en cada caso:
3.2.1. Dar resposta a posibles solicitudes de información realizadas polas administracións, organismos públicos e xuíces e tribunais
En cumprimento da normativa aplicable vixente e con ocasión dos procedementos dos que as administracións e organismos públicos, así como xuíces e tribunais que sexan competentes, estamos obrigados a comunicar a estas entidades os datos que se xeren en ABANCA Vida y Pensiones con motivo da(s) relación(s) que esta teña estabelecida(s) contigo.
Para cumprir coa obriga de dar resposta a posibles solicitudes de información realizadas polas administracións, organismos públicos e xuíces e tribunais competentes, anteriormente mencionada, poderemos tratar os datos correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado) : i) Datos identificadores e de contacto; ii) Datos referidos á túa voz; iii) Datos de sinatura (manuscrita e, no seu caso, dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; iv) Datos dos seguros contratados; v) Categorías especiais de datos (p. ex., os datos de saúde necesarios para a formalización e xestión dos seguros de vida, así como para a tramitación e xestión dos sinistros ocorridos); vi) Datos sobre os sinistros ocorridos; vii) Datos persoais de terceiros baixo a cobertura da póliza (p. ex., familiares ou empregados); viii) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais ;ix) Datos sociodemográficos; x) Datos académicos e profesionais; xi) Datos de emprego; xii) Datos da actividade comercial; xiii) Datos económicos e de solvencia patrimonial; xiv) Datos financeiros; xv) Datos transaccionais; xvi) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais; xvii) Datos biométricos (non pertencentes ás categorías especiais de datos).
3.2.2. Prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo
No ámbito do cumprimento das obrigas previstas na Lei 10/2010, de 28 de abril, de Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo (no sucesivo, “LPBCFT”) e a normativa que a desenvolve, ABANCA Vida y Pensiones debe:
-
En cumprimento da obriga de comunicación sistemática co Servizo Executivo da Comisión de Prevención de Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (no sucesivo, “SEPBLAC”) ou pola existencia dun requirimento da autoridade xudicial, do SEPBLAC o de calquera outra autoridade competente nesta materia, facilitar información sobre transaccións de pagamento ás autoridades ou aos organismos oficiais nacionais ou doutros países, situados tanto dentro como fóra da Unión Europea, para cumprir co réxime de colaboración na loita contra o financiamento do terrorismo e formas graves de delincuencia organizada e a prevención do branqueo de capitais.
-
Verificar a veracidade da información e dos documentos que nos aportes (incluíndo a documentación identificadora, como, p. ex., o DNI ou o pasaporte) para cumprir co deber de dilixencia estabelecido no capítulo II do Regulamento 304/2014, de 5 de maio, polo que se desenvolve a LPBCFT; e, sempre que medie un requirimento da autoridade xudicial, do SEPBLAC o de calquera outra autoridade competente, facilitalos ás autoridades correspondente.
Para o cumprimento das nosas obrigas legais en materia de prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e de contacto; Datos de seguros e plans de pensións; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimoniais; Datos financeiros; Datos transaccionais; e Datos de persoas sobre as que existan sancións e contramedidas financeiras internacionais.
3.2.3. Comunicación de información á Axencia Estatal de Administración Tributaria e outras administracións tributarias
En virtude do estabelecido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativas fiscais vixentes que resulten aplicables por razón do territorio (p. ex., Norma Foral 2/2005, de 10 de marzo, Xeral Tributaria do Territorio Histórico de Biscaia ou a Norma Foral 6/2005, de 28 de febrero, Xeral Tributaria de Álava), debemos recabar información sobre a túa fiscalidade e comunicar determinada información sobre a túa residencia fiscal e as túas contas á Axencia Estatal de Administración Tributaria (no sucesivo, “AEAT”) e outras administracións tributarias que sexan competentes.
Para cumprir coas obrigas que impón a normativa tributaria citada poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado): Datos identificadores e de contacto; Datos de seguros e plans de pensións; Datos económicos e de solvencia patrimonial; e Datos financeiros.
3.2.4. Comunicación de información ao Rexistro de Contratos de Seguro de Cobertura de Falecemento; ao Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas; a ficheiros comúns do sector seguros e de plans de pensións para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais; ao Consorcio de Compensación de Seguros; ás entidades privadas por razóns de reaseguro, coaseguro ou xestión da póliza; ás entidades encargadas da xestión depositaria; así como a entidades nas que ABANCA Vida y Pensiones externalice algunha función clave da Sociedade.
En virtude da normativa aplicable, ABANCA Vida y Pensiones deberá:
-
Comunicar periodicamente aos Ficheiros comúns do sector de seguros, con fins de elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais, a contratación de calquera produto ou servizo, con independencia da súa denominación comercial, os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome 11 e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificador; data de nacemento ou de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificador; país emisor do documento identificador, sempre que non se dispoña país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
Comunicar periodicamente ao Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, con fins de control financeiro, a información financeira asociada a calquera produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificador; información de pagamento e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
No seu caso, realizar as pertinentes comunicacións ao Consorcio de Compensación de Seguros, coa finalidade de cubrir aqueles riscos extraordinarios nos seguros, de acordo co previsto no Real Decreto Lexislativo 7/2004, de 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Legal do Consorcio de Compensación de Seguros, remitíndose a información asociada a calquera produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial, así como os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo de número de documento identificador; información de pagamento e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre o produto ou servizo contratado e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
Do mesmo xeito, cando, por razóns asociadas ao produto ou servizo contratado con independencia da súa denominación comercial, sexa preciso informar ao Rexistro de Seguros con cobertura de falecemento, segundo a Lei 20/2005, de 14 de novembro, sobre a creación do Rexistro de Contratos de Seguros de cobertura de falecemento, os datos identificadores dos contratantes e os do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificador; data de nacemento ou data de constitución, segundo se trate dunha persoa física ou xurídica; país de nacionalidade, sempre que non se dispoña do país emisor do documento identificador; país emisor do documento identificador, sempre que non se dispoña país de nacionalidade; país de residencia declarada; tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
Por motivos derivados da xestión depositaria dos fondos de pensións por parte de CECABANK, así como do exercicio da titularidade da Fundación actuarial do Plan de Pensións do Persoal de ABANCA, por parte de GESINCA e segundo as obrigas estabelecidas na normativa aplicable dentro da materia de plans de pensións, desde ABANCA Vida y Pensiones comunícanse ás devanditas entidades os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo e número de documento identificador; información de pagamento e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a contra ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
-
No caso de plans de pensións de emprego, onde a entidade empregadora ostenta o rol de promotora, cómpre comunicar os teus datos á devandita entidade por esixilo tamén así a normativa aplicable, coa finalidade de levar a cabo as achegas e a verificación das achegas que realice en nome do empregado, remitíndose tanto a información financeira asociada ao produto ou servizo contratado, con independencia da súa denominación comercial como os datos identificadores dos contratantes e do produto ou servizo contratado (nome e apelidos ou denominación social; tipo de número de documento identificador; información de pagamento e/ou financeira e tipo de numeración do produto ou servizo contratado; data de alta e de baixa da relación entre a conta ou depósito e a persoa interveniente) e dos restantes titulares, titulares reais e, no seu caso, representantes ou autorizados.
Para cumprir coas obrigas que impón a normativa citada poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado): i) Datos identificadores e de contacto; ii) Datos dos seguros e plans de pensións contratados; iii) Datos sobre os sinistros ocorridos; iv) Datos persoais de terceiros baixo a cobertura da póliza (p. ex., familiares ou empregados); v) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; vi) Datos sociodemográficos; vii) Datos académicos e profesionais; viii) Datos de emprego; ix) Datos da actividade comercial; x) Datos financeiros; e xi) Datos transaccionais.
3.3. Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones
Facemos referencia neste apartado aos tratamentos dos teus datos persoais que teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por ABANCA Vida y Pensiones, sempre que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais.
Por este motivo, de forma previa á realización dos tratamentos descritos neste subapartado 3.3, realizamos unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos contactando co noso DPD no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
3.3.1. Previr a fraude
É tamén interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones impedir situacións de fraude na contratación e emprego dos nosos produtos ou servizos (p. ex., a suplantación de identidade ou o roubo de contrasinais) que puidesen derivar nun prexuízo para ti, para terceiros e/ou para ABANCA Vida y Pensiones. Por iso, e coa finalidade da prevención da fraude (i) nos nosos procesos de contratación de produtos e servizos, así como (ii) durante a provisión dos devanditos produtos e/ou a execución dos servizos contratados, poderemos levar a cabo as seguintes operacións de tratamento sobre os teus datos persoais.
-
A consulta recíproca entre Empresas do Grupo Económico de ABANCA sobre actividades anómalas.
-
Comprobar a exactitude e veracidade dos documentos que nos aportes, por exemplo, mediante o código CSV (código seguro de verificación) ou o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) no caso de copias dixitais das declaracións de impostos e da vida laboral.
Para previr a fraude nos nosos procesos de contratación de produtos e servizos, así como na provisión dos devanditos produtos e/ou o uso dos servizos contratados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): i) Datos identificadores e de contacto; ii) Datos sociodemográficos; iii) Datos de emprego; e iv) Datos financeiros.
3.3.2. Elaboración de perfís comerciais, para poder ofrecerche información publicitaria axeitada para os devanditos perfís sobre produtos e servizos similares aos contratados.
En ABANCA Vida y Pensiones empregamos os teus datos persoais obtidos das nosas fontes internas (isto é, datos dos que dispoñemos por ser facilitados por ti ou xerados na propia ABANCA Vida y Pensiones con motivo da xestión dos produtos e servizos que contrataras connosco) coa finalidade de elaborar o teu perfil comercial e empregar o devandito perfil para poder ofrecerche información publicitaria axeitada para os mesmos sobre produtos e servizos similares aos que teñas contratados connosco. Para esa finalidade, só empregaremos datos obtidos de fontes externas no exclusivo caso de que nos outorgaras o teu consentimento a tal efecto, segundo o previsto no subapartado 3.4.6. da presente Política de Privacidade ou ben no caso de que dispoñamos dalgunha outra base xurídica legalmente prevista que permita o seu tratamento.
Deseguido, explicámosche como elaboramos e facemos uso do teu perfil comercial coa finalidade indicada:
O tratamento dos teus datos persoais para a elaboración do teu perfil comercial ten como propósito coñecer as túas necesidades, intereses e preferencias e servizos que realizamos para que só recibas ofertas que se adapten a esas necesidades, intereses e preferencias.
O interese perseguido por ABANCA Vida y Pensiones é ser máis eficientes e eficaces á hora de impactar con publicidade no noso colectivo de clientes ou, isto é, maximizar o rendemento das nosas campañas comerciais.
Este tratamento consiste na utilización dos teus datos persoais para analizar e predicir as túas preferencias persoais, situación económica, intereses, e comportamento mediante a utilización de técnicas consistentes en regras básicas de perfilado (isto é, segmentacións simples como, por exemplo, a de clientes cun determinado rango de idade ou enderezo nunha rexión concreta) e técnicas avanzadas consistentes en algoritmos matemáticos de Machine Learning supervisados e non supervisados, que permiten a construción de modelos de propensión e a realización de segmentacións avanzadas.
Para a elaboración do devandito perfil comercial, trataremos datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificadores e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; e Datos transaccionais. Segundo o indicado máis arriba, tales datos non comprenderán os que obteñamos de fontes externas, agás no exclusivo caso de que contemos co teu consentimento a tal efecto, segundo o previsto no subapartado 3.4.6. da presente Política de Privacidade ou ben no caso de que dispoñamos dalgunha outra base xurídica legalmente prevista que permita o seu tratamento.
Os datos empregados poden corresponder aos dous anos inmediatamente anteriores á realización e/ou revisión do perfil comercial.
En calquera momento podes opoñerte ao tratamento dos teus datos para a elaboración do teu perfil comercial a través do enderezo de correo sacvidaypensiones@abancaseguros.com ou dirixíndote ao nosos Servizo de Atención ao cliente a través do enderezo de correo postal: Avenida de La Marina 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou do enderezo de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.
A consecuencia final da realización do teu perfil comercial é que, como cliente, só recibirás aquela información publicitaria relativa aos nosos produtos e servizos que resulte axeitada ás túas necesidades, intereses e preferencias. Isto é, este perfil emprégase exclusivamente para a finalidade indicada e, polo tanto, non pode motivar a denegación de ningún produto e/ou servizo.
3.3.3. Ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos similares aos contratados.
En virtude do interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones por promocionar os seus produtos e servizos, podemos tratar os teus datos persoais coa finalidade de enviarche información publicitaria que faga referencia aos produtos e servizos similares aos que teñas contratados con ABANCA Vida y Pensiones.
Con carácter previo ao tratamentos dos teus datos con tal fin de mercadotecnia directa, ademais de consultarmos os nosos rexistros internos para asegurármonos de que non te opuxeches ao devandito tratamento, consultaremos a Lista Robinson co obxectivo de asegurar que non estás incluído en ningunha base de datos de exclusión publicitaria.
Esta información publicitaria pode ser xenérica ou personalizada; isto é, axustada ao teu perfil comercial nos termos descritos no subapartado 3.3.2. anterior (elaboración de perfís con fontes internas) ou, no caso de que prestes o teu consentimento a tal efecto, nos termos descritos no subapartado 3.4.6. seguinte (elaboración de perfís con fontes externas).
Cando o desexes, poderás opoñerte ao envío da devandita información publicitaria a través do enderezo de correo sacvidaypensiones@abancaseguros.com, do noso Servizo de Atención ao Cliente ou dos distintos medios habilitados en cada momento.
Agás indicación do contrario, poderáseche remitir esta información polas seguintes canles:
- Correo postal;
- Correo electrónico e redes sociais;
- Mensaxes de calquera outro tipo ao móbil;
- As apps de ABANCA Vida y Pensiones;
- Chamadas telefónicas.
Para enviarche información publicitaria referente a produtos e servizos similares aos que teñas contratados con ABANCA Vida y Pensiones, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e do contacto.
3.3.4. Realizar enquisas de satisfacción dos nosos produtos e servizos contratados.
En virtude do interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones en avaliar o nivel de satisfacción e de calidade do produto ou servizo contratado, podemos tratar os teus datos persoais coa finalidade de realizar enquisas de satisfacción que faga referencia aos produtos e servizos que teñas contratados con ABANCA Vida y Pensiones.
Agás indicación do contrario, poderánseche remitir estas enquisas polas seguintes canles:
- Correo postal;
- Correo electrónico e redes sociais;
- Mensaxes de calquera outro tipo ao móbil;
- As apps de ABANCA Vida y Pensiones;
- Chamadas telefónicas.
Para avaliar o nivel de satisfacción e de calidade do produto ou servizo contratado con ABANCA Vida y Pensiones, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e do contacto e Datos dos seguros e plans de pensións que teñas contratados.
3.4. Tratamentos baseados no teu consentimento
Neste subapartado facemos referencia a aqueles tratamentos dos teus datos persoais que realizaremos só no caso de solicitarmos e obtermos o teu consentimento previo a tal efecto.
A base xurídica dos diferentes tratamentos que se describen deseguido radica, polo tanto, no consentimento que, no seu caso, nos outorgaras para a realización de cada un deles.
Lembrámosche o carácter revogable do devandito consentimento; isto é, poderás retiralo cando o desexes e, daquela, ABANCA Vida y Pensiones cesará na realización do tratamento correspondente. Porén, a retirada do consentimento non terá efectos retroactivos, polo que non afectará á licitude do tratamento previamente realizado. Para revogar ou retirar o consentimento que, no seu caso, nos outorgaras, poderás dirixirte ao noso Servizo de Atención ao cliente a través do seguinte enderezo postal: Avenida de La Marina 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou do enderezo de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.
Os tratamentos dos teus datos persoais que poderemos realizar no caso de solicitarmos e obtermos o teu consentimento previo son os que se detallan deseguido:
3.4.1. Ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores
Trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil – como SMS ou mensaxes push –, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axeitada para o teu perfil comercial (isto é, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, segundo se explica no subapartado 3.3.2. da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA (ao que pertence ABANCA Vida y Pensiones), así como de terceiros colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones.
Os sectores de actividade das empresas do Grupo Económico de ABANCA comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento inmobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento. Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA premendo aquí.
Os terceiros colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones son empresas coas que ABANCA Vida y Pensiones mantén acordos de colaboración comercial e que ofrecen produtos ou servizos financeiros, de seguros, de ocio, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas ou servizos e produtos de consumo persoal.
Para ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de terceiros colaboradores segundo se indica no presente apartado, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) desta Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).
3.4.2. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo
Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA das referidas no anterior subapartado 3.4.1 co fin de facilitar e axilizar a análise (incluída a de risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitaras á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos ou para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.
Os datos persoais que ABANCA Vida y Pensiones poderá compartir con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA segundo o previsto neste subapartado 3.4.2 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificadores e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).
3.4.3. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones para facilitar os seus procesos de contratación contigo
Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones dos referidos no anterior subapartado 3.4.1 co fin de facilitar e axilizar a análise (incluído o de risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitaras ao correspondente colaborador de ABANCA Vida y Pensiones destinatario dos datos ou para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas co correspondente colaborador de ABANCA Vida y Pensiones destinatario dos datos.
Os datos persoais que ABANCA Vida y Pensiones poderá compartir cos seus colaboradores segundo o previsto neste subapartado 3.4.3 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo apartado): Datos identificadores e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).
3.4.4. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axeitada para o teu perfil sobre os seus produtos e servizos
Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA das referidas no anterior subapartado 3.4.1. para que esas empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, no seu caso, o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso deses perfís, poidan preparar, para ofrecercha, información publicitaria axeitada para os mesmos (isto é, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, estas empresas che farán chegar directamente a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
Para a elaboración ou actualización do teu perfil comercial as empresas do Grupo Económico de ABANCA poderán empregar técnicas básicas y avanzadas de perfilado como as que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade. Adicionalmente, e tamén a efectos de elaborar ou actualizar o teu perfil comercial, esas empresas poderán consultar ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (p. ex., os ficheiros comúns de selección e tarifación de riscos no ámbito do sector de seguros).
Os datos persoais que ABANCA Vida y Pensiones poderá compartir coas empresas do Grupo Económico segundo o previsto neste subapartado 3.4.4 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificadores e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).
3.4.5. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones para que poidan ofrecerche información publicitaria axeitada para o teu perfil sobre os seus produtos e servizos
Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas de ABANCA Vida y Pensiones das referidas no anterior subapartado 3.4.1. para que esas empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, no seu caso, o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso deses perfís, poidan preparar, para ofrecercha, información axeitada para os mesmos (isto é, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, estes colaboradores che farán chegar directamente a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
Para a elaboración ou actualización do teu perfil comercial, os colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones poderán empregar técnicas básicas e avanzadas de perfilado como as que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade. Adicionalmente, e tamén a efectos de elaborar ou actualizar o teu perfil comercial, eses colaboradores poderán consultar ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (p. ex., os ficheiros comúns de selección e tarifación de riscos no ámbito do sector de seguros).
Os datos persoais que ABANCA Vida y Pensiones poderá compartir cos seus colaboradores segundo o previsto neste subapartado 3.4.5 son os correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo 2,2.): Datos identificadores e de contacto; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (principalmente, o perfil comercial elaborado coas técnicas básicas e avanzadas de perfilado que se describen no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade).
3.4.6. Elaboración do teu perfil comercial facendo uso de fontes externas
Enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (isto é, a información facilitada por ti ou xerada en ABANCA Vida y Pensiones con motivo da xestión dos produtos e servizos que contrataras connosco) con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, como rexistros públicos (como, p. ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p. ex., listas públicas de persoas asociadas a colexios profesionais, xornais e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas); empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizaras que nos cedan os teus datos persoais para a elaboración pola nosa parte do teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros; ferramentas e bases de datos de xeomarketing; datos de navegación en páxinas web e aplicacións de terceiros, no caso de que aceptaras o uso de cookies e tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes; así como ficheiros comúns do sector de seguros (p. ex., ficheiros de selección e tarifación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais). Todo iso co propósito de elaborar respecto a ti un perfil comercial completo e con máis profundidade que o elaborado coas fontes internas mencionadas no subapartado 3.3.2. da presente Política de Privacidade, que nos permitirá personalizar de xeito máis axeitado as ofertas que che dirixamos con relación aos nosos produtos e servizos.
En efecto, coa información referente á túa persoa enriquecida con fontes externas e aplicando á devandita información as técnicas de perfilado descritas no subapartado 3.3.2. desta Política de Privacidade, poderemos adaptar ou escoller cunha maior precisión as ofertas de produtos e servizos de ABANCA Vida y Pensiones que mellor se axusten ás túas características e, polo tanto, aos teus intereses, necesidades aseguradoras, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia, así como, no caso de obtermos o teu consentimento referido no subapartado 3.4.1, escoller as ofertas de produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e/ou de colaboradores que mellor se axusten ás túas características e, polo tanto, aos teus intereses, necesidades financeiras ou aseguradoras, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia).
Para a elaboración do teu perfil comercial, facendo uso da información referente á túa persoa enriquecida con fontes externas, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2 (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo subapartado 2.2.): Datos identificadores e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; e Datos de navegación e comportamento online/app.
Os datos empregados poden corresponder aos dous últimos anos.
3.4.7. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez rematada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude
Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo e por un prazo máximo de 5 anos para xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.
Con esa finalidade, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo apartado): Datos identificadores e de contacto; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos académicos e profesionais; Datos de emprego; Datos económicos e de solvencia patrimonial; e Datos financeiros.
3.4.8. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez rematada a nosa relación para continuar a enviarche información publicitaria axeitada para o teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA Vida y Pensiones
Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo e por un prazo máximo de 5 anos para continuar a enviarche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información publicitaria axeitada para o teu perfil comercial (isto é, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, conforme se explica no subapartado 3.3.2 da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos propios de ABANCA Vida y Pensiones.
Aos efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo apartado): Datos identificadores e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.
3.4.9. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez rematada a nosa relación para continuar a enviarche información publicitaria axeitada para o teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores
Conservaremos os teus datos persoais unha vez rematada a nosa relación contigo e por un prazo máximo de 5 anos para continuar a enviarche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axeitada para o teu perfil comercial (isto é, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias, conforme se explica no subapartado 3.3.2 da presente Política de Privacidade) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e dos terceiros colaboradores de ABANCA Vida y Pensiones referidos no anterior subapartado 3.4.1 da presente Política de Privacidade. Aos efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no apartado 2.2. (“Categorías de datos ”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais segundo o que se indica nese mesmo apartado): Datos identificadores e de contacto; Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais.
4. Con quen compartimos os teus datos?
Só compartiremos os teus datos persoais con terceiros cando nos outorgaras o teu consentimento ou cando exista outra base xurídica que ampare a devandita comunicación de datos. Deste xeito, os tratamentos de datos realizados por ABANCA Vida y Pensiones que se describen na presente Política de Privacidade poden implicar que os teus datos sexan comunicados aos seguintes destinatarios:
-
Aos Ficheiros comúns do sector asegurador e Rexistros públicos (p. ex. ficheiros de selección e tarifación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais), así como ao Rexistro de Seguros con cobertura de falecemento, no caso de que sexa preciso inscribir as correspondentes garantías ou no caso de que sexa preciso que ABANCA Vida y Pensiones consulte a información que obre nos devanditos rexistros sobre o produto que será obxecto das correspondentes garantías.
-
A Organismos Públicos, como o Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas ou o Consorcio de Compensación de Seguros, nos casos en que a normativa vixente, ou un convenio subscrito por ABANCA Vida y Pensiones co organismo correspondente así o determinen.
-
A entidades privadas de reaseguro ou coaseguro encargadas da xestión das coberturas comprendidas na póliza dos coaseguros e reaseguros en canto aos riscos asumidos por aquelas.
-
Á entidade encargada da xestión depositaria dos fondos de pensións (CECABANK), así como á entidade titular da Función Actuarial do Plan de Pensións do persoal de ABANCA (GESINCA), segundo as obrigas estabelecidas na normativa aplicable dentro da materia de plans de pensións, en cumprimento das cales, desde ABANCA Vida y Pensiones, se comunican os teus datos coa finalidade de xestionar a contratación e xestión dos teus plans de pensións. Estas entidades tratarán os teus datos persoais baixo o seu nome e responsabilidade, e baixo as obrigas legais estabelecidas, as cales serán informadas durante a xestión.
-
Ás Empresas do Grupo Económico ABANCA e a empresas colaboradoras, previo consentimento pola túa parte e coas finalidades de axilizaren os teus procesos de contratación e poderen realizar accións publicitarias axustadas ao teu perfil.
Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA premendo aquí.
- Provedores de servizos. A finalidade destas comunicacións será a xestión por estes terceiros, denominados encargados de tratamento, da prestación de determinados servizos en nome de ABANCA Vida y Pensiones. Tratarán os teus datos persoais en nome e pola nosa conta, seguindo en todo momento as nosas indicacións. En ningún caso poderán tratar os teus datos persoais para finalidades propias.
En ABANCA Vida y Pensiones seguimos uns estritos criterios de selección de provedores de servizos e subscribimos con cada un deles o correspondente contrato de encargado de tratamento, no que se estabelecen as condicións de confidencialidade, seguridade e de tratamento de datos segundo a normativa vixente en cada momento.
Estes terceiros poden comprender diferentes sectores de actividade. Podes acceder a un listado coas categorías de empresas que poden tratar os teus datos por conta de ABANCA Vida y Pensiones premendo aquí.
-
Á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e a organismos de control europeo, en cumprimento das funcións que se lle atribúen pola normativa como autoridades de supervisión nacional e/ou europea; esta comunicación dos teus datos terá por finalidade a de supervisar a actividade das compañías aseguradoras e xestoras de fondos de pensións.
-
Á Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras, UNESPA, coa finalidade de cumprir coas obrigas de autorregulación do sector e de comunicar os datos correspondentes nos casos nos que UNESPAS sexa titular dos ficheiros comúns de información que esta entidade xestiona, así como nos casos nos que, conforme aos Convenios estabelecidos entre UNESPA e ABANCA Vida y Pensiones, esta teña a obriga de comunicar os datos dos clientes, os cales poderán facer referencia á identificación do tomador da póliza, aos datos incluídos nas pólizas comercializadas e aos datos incluídos nas reclamacións de seguros ante ABANCA Vida y Pensiones.
-
Ao SEPBLAC e ás demais autoridades competentes en materia de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo. A finalidade destas comunicacións será cumprir coa normativa aplicable na materia.
-
Ás entidades que xestionan os sistemas de información crediticia ou os tamén coñecidos como ficheiros sobre incumprimento de obrigas monetarias (p. ex., BADEXCUG o ASNEF). A finalidade destas comunicacións é trasladar as débedas que cumpren os requisitos esixidos pola lei, previa comunicación indicando os dereitos que te asisten.
-
Á AEAT e outras administracións tributarias que resulten competentes, en cumprimento da normativa fiscal aplicable.
-
A Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no ámbito de procedementos de investigación -xudiciais e/ou administrativos- nos que resulten competentes ou en cumprimento da normativa aplicable.
-
A Xuíces e Tribunais, no ámbito de procedementos xudiciais dos que resulten respectivamente competentes ou en cumprimento da normativa aplicable.
-
Ao Defensor do Cliente e do Partícipe: D.A. Defensor, S.L., co obxectivo de atender e resolver en segunda instancia as queixase reclamacións que foran previamente resoltas polo Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA Vida y Pensiones en primeira instancia derivadas dos contratos de seguro e/ou dos plans de pensións individuais de acordo co previsto no Regulamento para a Defensa do Cliente de ABANCA Vida y Pensiones.
5. Está prevista algunha transferencia internacional?
Determinadas sociedades que prestan servizos a BANCA Vida y Pensiones están localizadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido, ABANCA Vida y Pensiones garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axeitadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel adecuado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento do seus datos persoais, segundo o disposto na normativa vixente aplicable.
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos, pódeste dirixir ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA Vida y Pensiones no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
6. Canto tempo conservamos os teus datos?
Os teus datos persoais conservaranse durante a vixencia da relación contractual o precontractual con ABANCA Vida y Pensiones e, no caso de que prestaras o teu consentimento a tal efecto, serán conservados con posterioridade á relación contractual ou precontractual por un prazo máximo de 5 anos.
Rematada a relación contractual ou precontractual (ou, no seu caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados segundo o disposto na normativa aplicable, o que implica a identificación e reserva dos datos, adoptando medidas técnicas e organizativas para impedir o seu tratamento, agás para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, a efectos da atención ou esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só durante os prazos de prescrición legal das mesmas.
Transcorridos os devanditos prazos, eliminaranse os teus datos persoais.
7. Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
-
Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
-
Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos seus datos por seren inexactos ou incompletos.
-
Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
-
Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na lei:
- Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA Vida y Pensiones comproba a exactitude dos mesmos;
- Cando o tratamento é ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;
- Cando ABANCA Vida y Pensiones non precise tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
- Cando te opoñas ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
-
Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non sexa preciso.
-
Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais (p.ex., para o cesamento de envío de comunicacións comerciais de produtos da entidade) e non ser obxecto de decisións baseadas só en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA Vida y Pensiones, en cuxo caso deixaremos de tratar os teus datos, agás se acreditamos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que prevalezan sobre os teus dereitos ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
Dereito a revocar o consentimento prestado en calquera momento.
-
Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es/).
Para o exercicio de calquera destes dereitos, debes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: Avenida de La Marina 1, 3º, C.P: 15001, A Coruña; ou do enderezo de correo electrónico: sacvidaypensiones@abancaseguros.com.
Tramitaremos a túa solicitude á maior brevidade posible e, en todo caso, dentro do prazo legal concedido dun mes a partir da recepción do teu escrito. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses no caso de sexa preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. Neste último caso, informarásete da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
8. Modificacións da Política de Privacidade
Esta política será revisada e actualizada para cumprir cos cambios normativos que se produzan en cada momento, ou cando se realicen novos tratamentos por parte de ABANCA Vida y Pensiones. Por este motivo, é importante que de xeito periódico revises o seu contido.
A data de última actualización é maio de 2022.