Características do seguro de saúde
Máis de 59.000 especialistas
Complemento bucodental
VideoConsulta e Consulta Telefónica
Reembolso de farmacia e vacinas infantís, e óptica
Presentámosche o seguro de saúde
Que mellor se adapta a ti. Contámosche os servizos e coberturas que terás dispoñibles en calquera das modalidades do noso seguro.
- Medicina de familia
- Especialidades médicas
- Tratamentos sinxelos
- Probas diagnósticas sinxelas
- Segunda opinión médica
- Atención médica 24h
- Liña de atención psicoemocional
- ¡E moito máis!
Tres modalidades de seguro de saúde a elixir
Saúde
ESENCIAL
Saúde
COMPLETO
Saúde
REEMBOLSO
Atopa o médico que necesitas
Ofrecémosche un cadro médico con máis de 59.000 profesionais, hospitais e centros propios en toda España.
Contrata agora o seguro e levate 30€
Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2025 ou 2026 e contratas o teu Seguro de Saúde ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2026, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!
A app do teu Seguro de Saúde
Descarga a túa app e poderás realizar todas as xestións do teu seguro de saúde desde o teu móbil:
- Xestión de citas: solicítaas presenciais, telefónicas ou por videoconsulta e accede directamente aos teus médicos favoritos.
- Atención médica 24h na túa app: fala cun profesional en calquera momento e coida do teu benestar con Programas de Saúde.
- Historial e documentos dixitais: consulta comodamente as túas receitas, resultados de análises e as túas probas médicas. Xestiona os teus recibos, reembolsos, asegurados e outros trámites das túas pólizas.
Completa o teu seguro de saúde con estas coberturas personalizadas
Pack Vida Familia
Pack Vida Diaria
Pack +60
Asistencia Dental Máis
Reembolso de especialidades médicas
Pack Autónomos e Protección de Pagamentos
Complemento Clínica Universidad de Navarra
Paga o teu seguro mes a mes
En ABANCA podes agrupar os teus seguros e pagalos mes a mes, nun só recibo, coa Tarifa Plana Seguros. Este servizo permitirache dividir o pago dos teus seguros comercializados por ABANCA, sen intereses nin comisións (TIN 0%, 0% TAE).
Por exemplo, se adxuntas o teu Seguro de Saúde de 600€ e o teu Seguro de Coche de 600€ á Tarifa Plana Seguros poderás dividir o pago en 12 meses e pagar 100€ ao mes de cota. Polo tanto, o importe total adebedado sería 1200€. Sen comisións, TIN 0%, TAE 0%.
Ademais, poderás aforrar ata un 7% se adxuntas un maior número de modalidades á Tarifa Plana Seguros e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagos ao ano.
¿Tes preguntas sobre o Seguro de Saúde? Nós respostas
Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia nas seguintes coberturas: no seguimento do embarazo na modalidade Esencial e o parto, a cirurxía robótica e a reprodución asistida, nas modalidades de Completo e Reembolso.
Se desexas cambiar de compañía, recoméndase avisar con polo menos 2 meses de antelación. Deste modo, ABANCA poderá xestionar a alta da nova póliza con suficiente tempo e isto permitirache notificar a cancelación da póliza actual dentro do prazo establecido de 1 mes.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
DOCUMENTACIÓN
Podes consultar todo o detalle das coberturas e as condicións nas Condicións XeraisVer ficheiro PDF
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Aseguradoras: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., con CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Folla C-47133, Tomo 3407 e Folio 9, con domicilio social en Avda. Linares Rivas, 30 - 3, A Coruña, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro administrativo de entidades aseguradoras e reaseguradoras da DGSFP C0808 e Sanitas Sociedade Anónima de Seguros con CIF A28037042 e domicilio social na rúa Ribera del Loira 52, 28042 Madrid, España, inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid e na DGSFP coa clave C0320, en réxime de coaseguro, participando ao 50 % cada unha delas no coaseguro.
Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.Ver ficheiro PDF Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente mediados por ABANCA Mediación pertencentes ás seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizadas con ABANCA nin os seguros de protección de pagos. A data de entrada en vigor dos seguros tamén ten que estar dentro do período de campaña.
Detalles da promoción Promoción válida para as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026. Aceptación de ingreso na conta asociada á Tarifa Plana por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2025 e 2026 que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Vida risco libre, Decesos prima periódica ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros. É necesario que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, se é o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas 700 oficinas.