Como axudar aos afectados polo terremoto de Venezuela a través de ABANCA?
Como axudar aos afectados polo terremoto de Venezuela a través de ABANCA? Ante a difícil situación que está a vivir o pobo venezolano tras os recentes terremotos, en ABANCA activamos unha campaña solidaria para apoiar o traballo que a Cruz Vermella Venezolana realiza sobre o terreo. Lembrámosche que todas as achegas recibidas se destinan integramente a esta organización para colaborar nos labores de axuda e asistencia.
Tanto se es cliente da nosa entidade como se non, podes realizar a túa achega a través das seguintes canles:
- Canles dixitais: mediante transferencia na web ou app á nosa conta solidaria ES74 2080 0000 7330 4030 7484.
- Oficinas ABANCA: acudindo a calquera das nosas sucursais.
Como solicito o meu certificado de doazón?
Se necesitas solicitar o certificado fiscal da túa axuda para os afectados, o proceso é moi sinxelo tanto se fixeches o donativo na oficina como de forma telemática:
- Descarga e enche o documentoVer ficheiro PDF con todos os datos requeridos.
- Envía o certificado escaneado á caixa de correo electrónico entidadesnolucrativas@abanca.com.
Se tes calquera dúbida adicional sobre a tramitación do teu certificado, podes escribirnos a ese mesmo correo e axudarémosche a xestionalo.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-facer-unha-achega-para-os-afectados-polo-terremoto-de-venezuela-a-traves-de-abanca/