Sobre Oficinas e horarios
-
Onde está a sede de ABANCA?
ABANCA Corporación Bancaria é un grupo financeiro español e a nosa sede está en Betanzos. Estamos suxeitos á lexislación e supervisión das autoridades de España e a Unión Europea, formamos parte do rexistro de entidades financeiras do Banco de España e contamos co respaldo do Fondo de Garantía de Depósitos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#68 -
Que é o horario de caixa nunha oficina?
O horario de caixa é aquel no que se poden realizar operacións que necesitan intercambio de efectivo ou de moeda estranxeira. No noso buscador de oficinas podes atopar información actualizada e polo miúdo sobre o horario de caixa.
Ten en conta que existen varios tipos de oficina, con diferentes horarios e servizos, e que hai horarios específicos para certas operacións, de tal forma que poidamos darche a mellor atención cando o necesites.
Tamén temos varias oficinas rápidas para as túas operacións habituais que, ademais de abrir polas mañás (de 8:15 a 14:00), abren polas tardes, en horario de inverno, de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:15, con servizo de caixa durante todo o día.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#145 -
Que é unha oficina de atención parcial?
As oficinas de atención parcial están situadas en poboacións pequenas que ABANCA non quere deixar sen servizos financeiros. Por iso, nestas localidades ABANCA abre a oficina dous ou tres días á semana. Consulta no mapa de oficinas o seu horario particular.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#93 -
Cal é o horario das oficinas de empresas?
En ABANCA contamos cunha rede de oficinas especializadas para atender as necesidades de pemes e empresas. Podes coñecer o seu horario e a forma de poñerte en contacto no noso buscador. Se o prefires, tamen podes solicitar que sexa un xestor o que se poña en contacto contigo: podes facelo desde a nosa sección para pemes ou na dedicada a solucións para grandes empresas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#94 -
Que significan as cores das oficinas no mapa?
Para que che sexa doado identificar o horario das oficinas que aparecen no noso mapa de oficinas, sinalámoschas con distintas cores.
- En azul, as oficinas onde te atendemos en horario de mañá. Ademais, durante o horario de inverno (do 15 de setembro ao 15 de xuño), tamén te atenderemos para xestións comerciais, como solicitar contas, empréstitos etc., os luns, martes, mércores e xoves á tarde. Para iso terasnos que pedir cita previamente no teléfono 900 815 200.
- En verde, as oficinas rápidas para as túas operacións diarias máis habituais, con servizo de caixa continuo.
- Con círculo branco, e marcadas coas siglas O.E., atoparás as oficinas de empresas.
- En gris e azul, as oficinas de atención parcial, que abren algúns días da semana para darlle servizos a pequenas poboacións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#95 -
¿ABANCA ten oficinas no estranxeiro?
ABANCA dispón de oficinas de representación en Londres, Frankfurt, París, Zúric, Xenebra, Caracas, Río de Xaneiro, Panamá e Cidade de México. Ademais, dispoñemos de oficinas operativas en Portugal (41 oficinas), Miami, Xenebra e México (Financeira SOFOM). Descubre aquí o preto que nos atopamos!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#167 -
Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor?
Podes pedir unha cita para informarte ou solicitar produtos que te interesen, como préstamos, tarxetas, seguros, entre outros. Ademais, tamén podes pedir unha cita previa para xestionar trámites relacionados con produtos que xa tes contratados, especialmente se precisas facer cambios por situacións especiais. Por exemplo, para tramitar unha herdanza ou actualizar autorizacións de conta porque o teu fillo acadou a maioría de idade.
Se che interesa solicitar unha cita previa, preme nesta ligazón e explicámosche como facelo. Unha vez finalices a solicitude enviarémosche unha confirmación da cita por email onde podes consultar a data e hora. Tamén cho lembraremos o día anterior e unha hora antes, para que non te esquezas.
En que casos non precisas cita previa?
Para operacións de caixa como ingresar ou retirar efectivo, moeda estranxeira, ou realizar pagos de taxas e licenzas, non precisas solicitar unha cita previa. Só verifica o horario de caixa da túa oficina.Se o que precisas é consultar saldos, movementos, facer transferencias, devolver un recibo, apagar unha tarxeta, ou amortizar un préstamo, tampouco é necesario pedir cita. Para estas xestións, podes utilizar a app, a banca electrónica, ou a banca telefónica chamando ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se estás no estranxeiro) coas túas claves de banca a distancia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#644 -
En que oficinas de ABANCA me poden atender en horario de tardes?
En todas, en horario de inverno (desde o 16 de setembro ao 14 de xuño), de luns a xoves con cita previa e só para as xestións comerciais como solicitar contas, préstamos, etc… porque non temos horario de caixa polas tardes.
Para solicitar unha cita previa chama ao 900 815 200 e indícanos o motivo, a que oficina queres ir e a que hora. Se necesitas realizar unha operación de efectivo, tes ao teu dispor os nosos caixeiros as 24 horas do día.
E se as xestións profesionais as realizas coa túa oficina de empresas, lembra que ten un horario diferente: en inverno, de luns a xoves de 8:15 a 17:00 e os venres, de 8:15 a 14:15. En verán, do 15 de xuño ao 15 de setembro, de luns a venres de 8:15 a 14:15.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#645 -
Para xestións de efectivo ou de cambio de moeda, podo pedir cita previa na oficina ou non é necesario?
Para xestións nas que cumpra diñeiro en efectivo ou cambio de moeda, non debes solicitar unha cita: atenderémoste en horario de caixa que podes consultar no noso buscador de oficinas. Busca a túa oficina máis próxima e consúltao.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#646 -
Necesito pedir unha cita previa para hoxe mesmo, é posible?
Para o mesmo día non che podemos dar unha cita, pero buscaremos a data e a hora máis próxima na túa oficina. O teléfono de cita previa é o 900 815 200 para xestións comerciais como solicitar contas, préstamos etc. para o resto non necesitas cita, podes acudir á oficina no horario de caixa.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#647 -
Como podo solicitar unha cita previa?
Desde a túa app da banca móbil, no apartado de ‘O teu perfil’ podes pedir unha cita co teu xestor, xa sexa para informarte sobre algún produto ou servizo que che interese ou para algunha xestión sobre os teus produtos xa contratados: modificar titulares dunha conta, xestionar algún dos teus seguros, tramitar unha herdanza ou cancelar contas, entre outros. Se non dispós desa opción na túa app, accede á información sobre o servizo de cita previa nesta ligazón.
Lembrámosche algunhas operacións para as que non cómpre que solicites unha cita.
Consulta como as podes xestionar:
- Xestións de efectivo ou cambio de moeda estranxeira
- Enviarlle diñeiro a outra persoa ou banco
- Bloquear unha tarxeta perdida ou roubada
- Sospeita de fraude
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca-empresas/oficinas-e-horarios/#576