Faite cliente

ABANCA Cash

Retira diñeiro en efectivo só co teu móbil en calquera dos milleiros de caixeiros da rede Hal Cash (¡e en calquera de ABANCA!).

Inmediatos

Podes retirar diñeiro no caixeiro desde o mesmo momento en que se fai a orde con ABANCA Cash.

Sen tarxeta

Non é necesario ter tarxeta para dispor de efectivo. Co móbil e un caixeiro abóndache.

Envío de móbil a móbil

Con ABANCA Cash podes enviar diñeiro a calquera móbil, aínda que non sexa cliente de ABANCA, e retiralo en efectivo ao instante.

Seguro

Con un sistema dobre de referencia SMS e clave secreta, só pode recoller o diñeiro que enviaste quen ti queiras. Ninguén máis.

Con ABANCA Cash dispós de máis de 12.000 caixeiros en todo o mundo nos que utilizar ABANCA Cash, sen gastos nin comisións.

Momentos perfectos para usalo

Esqueciches a carteira na casa? Necesitas enviar cartos a un amigo? De súpeto non che funciona a tarxeta? Aínda que non teñas a tarxeta á man poderás enviar ou dispor de diñeiro en efectivo. Estas son algunhas situacións nas que podes sacarlle partido a ABANCA Cash:

Agasallos
Cea
Transporte
Cine
E moito máis

App de banca móbil, xestiona o teu diñeiro cun só clic

Podes utilizar o servizo de ABANCA Cash desde a túa app de ABANCA, e retirar diñeiro do caixeiro sen levar a tarxeta. Tes esta opción sempre dispoñible en Enviar diñeiro > A un caixeiro.

Ademais, desde a túa app podes consultar os teus gastos, apagar e acender as túas tarxetas, aprazar as túas compras, e moito máis.

Tes dúbidas?