Unha solución conectada para protexer a liquidez do teu negocio
A túa Conta de Crédito Aberta e a túa Conta Corrente funcionan de maneira sincronizada para cubrir cargos e imprevistos cando o saldo na conta sexa insuficiente:
- Sen xestións nin traspasos manuais na banca en liña.
- Evita comisións por descuberto ou devolucións de recibos ou pagarés na túa conta corrente.

Sen comisión de apertura
A túa Conta de Crédito Aberta de Benvida é sen comisión de apertura(1)

Como funciona?
Se entra un pagamento e a conta corrente non ten saldo suficiente, a Conta de Crédito Aberta Benvida transfire ao instante o importe necesario.

Condicións adaptadas ao teu negocio
Para quen é a Conta Aberta: Novos clientes autónomos ou empresas sen conta de crédito previa en ABANCA Vantaxes para o teu negocio:
- Sen xestións nin traspasos manuais na banca en liña.
- Evita comisións por descuberto.
- Evita devolucións de recibos ou pagarés.
Comisión de Apertura: 0€ Prazo do Contrato: 12 meses Vixencia Promocional: Ata o 31/12/2026
Outras solucións para impulsar o teu negocio
- Conta Negocios ABANCA: goza dunha conta deseñada para quen xestiona o día a día.
- TPV ABANCA: solucións de cobro físico e dixital para comercios.
- Liñas de financiamento a curto e longo prazo: préstamos para investimento e equipamento.

(1) A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Suposto para o cálculo da TAEVariable (5,242 %): Límite do importe do crédito (20.000 €) que se considera totalmente disposto no momento da formalización (01.10.2026) e que se liquida na súa totalidade ao vencemento, con liquidación de xuros trimestrais. Prazo 12 meses. TIN: 4,65 % os 3 primeiros meses; resto do prazo: 5,217 % (Euribor 3 meses + 2,60 %. Euribor 3 meses = 2,617 % publicado o 29.09.2026). Comisión de apertura: 0 €. Importe total debido: 21.028,91 €. Custo total do crédito: 1.028,91 €. Xuros: 1.028,91 €. Cota das liquidacións trimestrais de xuros: primeira cota: 237,67 €, segunda cota: 260,85 €, terceira cota: 263,75 € e última cota por importe de 266,65 €. No cálculo exclúese expresamente a comisión de dispoñibilidade e a comisión de mantemento da conta corrente, dado que non é obrigatoria a súa contratación para a formalización do crédito. Consideramos que os tipos, comisións e gastos se manteñen durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial. Esta TAEVariable calculouse baixo a hipótese de que os índices de referencia non varían; polo tanto, esta TAEVariable variará coas revisións do tipo de xuro.
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Non, a modalidade de Benvida está exenta do pagamento de comisión de apertura.
Nunha conta de crédito tradicional tes que consultar o teu saldo e realizar traspasos manuais á conta corrente antes de que se carguen os recibos.
A Conta de Crédito Aberta Benvida de ABANCA automatiza esta xestión: se a túa conta corrente non dispón de saldo suficiente, o crédito responde automaticamente cubrindo o pagamento dentro do límite dispoñible, facilitando a continuidade do teu negocio sen xestións de última hora.
Ademais, a Conta de Crédito Aberta Benvida non ten comisión de apertura!
Está dirixida a non clientes que se dean de alta en ABANCA e a clientes actuais (autónomos ou empresas cunha facturación inferior a 10 M€ e número de empregados inferior a 10) que non teñan contratada ningunha conta de crédito na entidade.
As condicións desta tarifa estarán dispoñibles para novas contratacións ata o 31 de decembro de 2026.
