Seguro de Decesos

A mellor forma de lles dar tranquilidade aos que máis queres, coa seguridade que che ofrece ABANCA Seguros.

A tranquilidade de telo todo cuberto

Co seguro de decesos de ABANCA Seguros os teus familiares terán á súa disposición a asistencia que necesitan. Deixa todos os trámites e gastos do teu falecemento solucionados, e evita que isto supoña unha carga adicional para os teus seres queridos.

Estaremos preto

Os teus familiares poderán contar con asistencia psicolóxica e xurídica. Ademais, nalgúns casos, o noso xestor(1)poderá acompañalos en persoa no lugar do servizo fúnebre para asesoralos.

Un servizo de calidade

Temos un acordo coa maior parte das funerarias a nivel nacional para garantirmos un servizo de calidade.

Pase o que pase

Cubrimos os custos de traslado nacional e internacional ata o lugar de residencia, incluíndo os gastos do acompañante se for necesario.

Personalizado

Poderás escoller as coberturas que mellor se adapten á túa situación e organizar o teu falecemento como prefiras.

Coberturas

Básicas

Prima Periódica
(ata 65 anos)
Prima Única
(máis de 65 anos)
Servizo funerario completo
Traslado nacional e internacional ao lugar de residencia do finado
Asistencia xurídica
Asistencia psicolóxica

Coberturas

Opcionais

Prima Periódica
(ata 65 anos)
Prima Única
(máis de 65 anos)
Paquete xurídico: servizo especializado para a elaboración do testamento e redacción de coberturas vitais anticipadas
Cobertura de nicho: facilitarase un nicho de mínima temporalidade no lugar de residencia, segundo a localidade (2)
Borrado impresión dixital do finado
Asistencia en viaxe ao estranxeiro
Consulta o detalle das coberturas deste seguro nas condicións xerais.

Contrata agora o seguro e levate 30€

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2024 ou 2025 e contratas o teu Seguro de Decesos ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2025, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!

O seguro contratado deberá ter unha data de inicio anterior ao 1 de abril de 2026.

Consulta as condicións

Testamentarías

Os teus familiares terán á disposición o servizo de testamentarías, que axilizará todas as xestións realizadas coas túas posicións en ABANCA.

Paga mes a mes

En ABANCA, para que che sexa máis cómodo, podes pagar os seguros mes a mes(3). Sen xuros nin comisións! (0% TAE, 0%TXN)

Máis beneficios

Se tes dous seguros con nós, e cumpres uns requisitos moi sinxelos, podes beneficiarte do nivel Premium do Programa Servizos ABANCA.

Adaptámonos ás túas características

En ABANCA Seguros traballamos para ofrecerche solucións adaptadas ás túas necesidades reais e mais ás túas características persoais. Por iso, se es maior de 65 anos, podes asegurarte coa modalidade de prima única do seguro de decesos. Pide cita na túa oficina e coñece todos os detalles.

¿Tes preguntas?Nosotros respuestas

dúbidas

Os nosos seguros de decesos incorporan algunhas vantaxes e beneficios para a túa vida como programas de envellecemento activo, ximnasia, algúns servizos médicos, como o programas de protección ante accidentes familiares.

DOCUMENTACIÓN