Sobre Investimento
Que importe se aplica nas operacións de fondos de investimento?
Seguindo a normativa, as operacións de subscrición e reembolso de participacións de fondos de investimento, incluídas as asociadas a un traspaso de fondos, realízanse a un prezo ou valor liquidativo descoñecido no momento en que o cliente dá a orde. Na maioría das operacións este prezo calcúlase a partir do valor asignado a cada participación a peche do día da solicitude ou do seguinte día hábil. Por este motivo, o importe resultante da operación pode non ser exactamente igual ao indicado na orde. Ademais, no caso de operacións de reembolso a fiscalidade española obriga a reter unha porcentaxe das posibles ganancias (plusvalías) xeradas sobre os fondos que se retiren.
Na documentación legal de cada fondo establécense os criterios de liquidación, a data do valor liquidativo que corresponde aplicar, a hora de corte (hora a partir da cal unha solicitude se considera como realizada o día hábil seguinte) e a data en que cada sociedade xestora determina o valor liquidativo diario.
Podes ampliar a información na web da CNMV:
- CNMV - Operativa con valores, fondos de investimento e outras Serás redirixido a outro sitio webIICSerás redirixido a outro sitio web
- CNMV - Fondos Serás redirixido a outro sitio webde Serás redirixido a outro sitio webinvestimentoSerás redirixido a outro sitio web: subscriciónSerás redirixido a outro sitio web, reembolso e Serás redirixido a outro sitio webtraspasoSerás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#501Canto custa mercar e vender valores a través da banca a distancia ou do bróker online?
Se realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Consulta toda a información sobre as nosas tarifas!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#66Que fondo de investimento proporciona máis rendibilidade?
A rendibilidade depende das condicións de mercado, da evolución dos tipos de interese e da bolsa, ademais da propia configuración dos fondos de investimento.
En xeral, os fondos cunha maior porcentaxe de renda variable (investimentos sobre as que non é fácil prever o seu comportamento), ofrecen unha maior rendibilidade. Os fondos con maior porcentaxe de activos de renda fixa ofrecen potencialmente unha rendibilidade menor que os anteriores, pero o risco tamen pode ser menor.
En calquera caso, antes de investir consulta con detalle os folletos de cada un dos produtos de investimento, onde se detallan as súas características.Podes informarte na información detallada de cada fondo, no Broker onlineSerás redirixido a outro sitio web ou en calquera das nosas oficinas. Tamen podes facelo na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#198Que ocorre cos valores bancarios se o seu titular falece?
En ABANCA facémosche unha proposta de repartición, en función das cotas que resulten do testamento ou declaración de herdeiros, que debedes asinar os herdeiros e cotitulares, aínda que podedes modificala sempre que esteades todos de acordo. Unha vez asinada, e sempre que se comprobou a correcta tributación do imposto, ABANCA procederá a facer os traspasos desde as contas do falecido ás contas de valores dos herdeiros e/ou cotitulares, aplicando a correspondente comisión por traspaso de valores.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#199Como se calcula a miña posición global de investimentos na app?
O menú de Investimentos da app de ABANCA inclúe os produtos de investimento como fondos de investimento, renda variable, renda fixa, seguros de aforro e plans de pensións que teñas contratados.
Mostraranse as posicións de produtos nos que sexas titular, autorizado ou nó propietario pero poderás elixir se queres ver só as que correspondan a algunha destas formas de intervención. No caso de que dispoñas de posicións en divisa, a valoración en EUR será co último tipo de cambio dispoñible.
A valoración da posición realízase en liña co último valor liquidativo ou últimos prezos de sesión dispoñibles no Mercado (salvo que non estean publicados, utilizándose para estes casos o valor razoable ou valor nominal). Se tes operacións en trámite pendentes de mercado (por exemplo unha orde de compra pendente de cruzarse ou unha operación pendente da entidade xestora do plan de pensións), incluiranse no Resumo Totalizado.
Nos seguros de rendas vitalicias indícase a achega inicial realizada no momento da contratación. O resto dos seguros de vida aforro, o dato mostrado correspóndese coa provisión matemática de acordo ao indicado no teu contrato.
Ademais, ten en conta o seguinte.
- As posicións "Xestionadas por ABANCA" son as que están a utilizar o Servizo Discrecional de Carteiras cos nosos expertos, a túa posición global incorpora tamén o saldo das contas correntes asociadas ao servizo, por formar parte do patrimonio delegado.
- Nas posicións "Asesoradas por ABANCA", inclúense exclusivamente as posicións baixo o servizo de asesoramento recorrente en fondos de investimento, renda variable, renda fixa e plans de pensións do portfolio de asesoramento.
- A información sobre a evolución do investimento realízase en base á rendibilidade histórica do produto, é dicir, non ten por que coincidir coa rendibilidade atribuíble ao servizo (Xestionadas por ABANCA ou Asesoradas por ABANCA) se no momento da entrada no mesmo ou en achegas posteriores todo ou parte do investimento vén de investimentos previos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#769Què és la Cartera ABANCA Futuro?
És un servei de gestió discrecional on experts d'ABANCA inverteixen per tu en megatendències globals a través de fons d'inversió de perfil de risc agressiu. Sol·licitar Cartera ABANCA FuturoSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#929Para quen está enfocada a Cartera ABANCA Futuro?
Para persoas que buscan unha alternativa para as súas inversións, delegando as decisións en profesionais e asumindo un risco moi alto asociado aos mercados financeiros. Solicitar Cartera FuturoSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#930Que características ten a Cartera ABANCA Futuro?
Disporás de xestión profesional, diversificación global e o seguimento constante de especialistas para que ti non teñas que preocuparte de nada.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#931Como contratar a Cartera ABANCA Futuro?
Podes contratala facilmente poñéndote en contacto co teu Asesor ou Banqueiro ou indo á túa oficina de ABANCA máis próxima. Pedir cita na túa oficina.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#932Como sei se a Cartera ABANCA Futuro é a máis indicada para o meu perfil?
Realizaremos un test de idoneidade para coñecer a túa situación financeira, obxectivos de inversión, horizonte temporal, e nivel de risco que estás disposto a asumir, así como se tes preferencias de sustentabilidade, asegurándonos de que a cartera elixir se adecúa perfectamente a ti.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#933Que é a Cartera ABANCA Equilibrio?
É un servizo de xestión delegada onde os expertos de ABANCA xestionan a túa inversión por ti. A súa estratexia inspírase no concepto da carteira permanente de Harry Browne, deseñada para tratar de protexer e facer crecer o teu capital adaptándose aos catro grandes contornos económicos: prosperidade, inflación, deflación e recesión. Para tratar de optimizar os teus resultados sen que teñas que preocuparte polo día a día, o noso equipo realiza unha xestión activa baseada en tres pasos: Identificación do ciclo: Analizamos constantemente en que fase económica nos atopamos. Análise macroeconómica: Valoramos como afectan variables como o crecemento e a inflación a cada tipo de activo. Construción eficiente: Axustamos a ponderación da carteira para manter unha exposición equilibrada e adaptada ao contorno actual.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#934Para quen está enfocada a Cartera ABANCA Equilibrio?
Está pensada para inversores cun perfil de risco decidido e un capital mínimo e a manter de 60.000 € que buscan delegar a xestión e diversificación do seu patrimonio nun equipo de profesionais e que non prevexan dispoñer da súa inversión antes de 5 anos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#935Que características ten a Cartera ABANCA Equilibrio?
Gozarás duns xestión experta, diversificada e adaptada aos teus obxectivos. Ademais, si contratas antes do 31 de decembro de 2026, poderás beneficiarte dunda bonificación en efectivo do 2% bruto (ata un máximo de 6.000 €) sobre o patrimonio incorporado, suxeita a un compromiso de permanencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#936Como contratar a Cartera ABANCA Equilibrio?
É moi fácil, podes pedir cita cun experto de ABANCA para que che informe sobre o servizo e che realice o test de idoneidade e conveniència para avaliar se este servizo se adecúa ás túas necesidades.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#937Como sei se a Cartera ABANCA Equilibrio é a indicada para o meu perfil?
Sim o é se tes un perfil de risco decidido, dispóns do capital mínimo esixido (60.000 €), buscas un crecemento nun horizonte recomendado de 5 anos mediante unha xestión profesional e estás disposto a asumir un risco alto na túa inversión, xa que se invirte en fondos de inversión que son produtos que conlevan riscos de diversos tipos e podes ter perdas no capital invertido.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#938Que é a Cartera ABANCA 360?
A Cartera ABANCA 360 é un servizo de xestión delegada onde os nosos expertos xestionan as túas inversións por ti. Seleccionamos e combinamos fondos de inversión para adaptar a estratexia ao teu perfil, permitíndote delegar a xestión e a operativa diaria nun equipo profesional. Ten en conta que a xestión delegada de carteiras invirte en fondos de inversión que están suxeitos ás fluctuacións do mercado e, por tanto, o capital invertido non está garantido.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#940Para quen está enfocada a Cartera ABANCA 360?
Está deseñada para ti se queres investir pero non dispóns do tempo ou os coñecementos necesarios para realizar un seguimento diario dos mercados financeiros. É un servizo que che permite delegar a xestión da túa estratexia no equipo de profesionais de ABANCA, quen me investirñan o teu capital adaptándose rigorosamente ao teu perfil de risco. Solicitar Cartera ABANCA 360
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#941Que características ten a Cartera ABANCA 360?
Disporás de xestión profesional, diversificación global e seguimento constante das túas inversións para adaptar a estratexia ás condicións do mercado.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#942Como contratar a Cartera ABANCA 360?
Para contratar a Cartera ABANCA 360, podes pedir cita cun experto de ABANCA para que che informe sobre o servizo e che realice o test de idoneidade e conveniencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#943Como sei se a Cartera ABANCA 360 é a máis indicada para o meu perfil?
Antes de empezar, realizarémosche un test de idoneidade e conveniencia para coñecer os teus obxectivos de inversión, perfil de risco, horizonte temporal e preferencias de sustentabilidade.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#944Puc programar inversions automàtiques amb el Bròker Online d'ABANCA?
Actualment, el Bròker Online d'ABANCA està dissenyat perquè siguis tu qui decideixi les ordres de compra i venda que vulguis realitzar en temps real segons les teves estratègies. Si busques automatització operativa, pots donar una ordre d'aportació periòdica sobre alguns fons d'inversió però per a això has d'anar a una oficina.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#945Que ferramentas de análise ofrece o Bróker Online de ABANCA?
Para axudarte a tomar as túas decisións de inversión, o Bróker Online de ABANCA pon á túa disposición unha plataforma avanzada con:
- Gráficos interactivos para realizar o seguimento da evolución dos activos analizados.
- Fichas detalladas de cada valor con información fundamental e técnica.
- Buscadores avanzados para filtrar accións ou fondos segundo as túas preferencias.
- Información de mercado actualizada para seguir a evolución e tendencias do contorno financeiro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#946Pódese combinar o Bróker Online de ABANCA con outros produtos de inversión?
Por suposto! O Bróker Online de ABANCA é a ferramenta da Banca Móbil para operar nalgúns produtos de inversión como accións, ETFs e fondos de inversión, así como consultar as posicións neses produtos, en plans de pensións ou no servizo de Carteras Xestionadas. Ademais, desde a banca móbil ou electrónica poderás consultar e operar tamén sobre as túas contas correntes. Así terás unha visión global de todo o teu patrimonio e poderás utilizar o dispoñible que teñas nas túas contas correntes para operar no bróker de forma inmediata.
A inmediatez de movementos aplícase exclusivamente ao efectivo dispoñible. Lembra que a venda ou reembolso de instrumentos financeiros (como accións ou fondos de inversión) e a liquidez dos plans de pensións están suxeitas aos prazos de liquidación e ás condicións normativas ou fiscais específicas de cada produto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#947Existen recursos educativos para aprender a investir co Bróker Online de ABANCA?
Sí, en ABANCA promovemos a educación financeira para que coñezas a fondo o funcionamento dos mercados. Por iso, acompañamos o uso do Bróker Online de ABANCA con:
Vídeos formativos sobre actualidade económica e operativa bolsista xeral.
Guías didácticas que explican conceptos clave (como que é un dividendo ou como aprender a ler un gráfico).
Análise de mercado de carácter xenérico para axudarte a comprender o contexto macroeconómico e financeiro de forma global.
Tódolos recursos formativos, análises, seminarios e materiais didácticos ofrecidos teñen unha finalidade exclusivamente educativa e informativa. Non constitúen, nin deben interpretarse como asesoramento financeiro, recomendacións personalizadas de inversión, nin unha invitación ou solicitude de compravenda de ningún instrumento financeiro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#948Que é a Cartera ABANCA Responsable?
É o noso servizo de xestión discrecional de carteras que inviste o teu capital baixo criterios ESG (ambientais, sociais e de gobernanza). O noso equipo de expertos toma as decisións de inversión por ti, adaptándose en todo momento ao teu perfil e seleccionando fondos aliñados coa sustentabilidade. Solicitar Cartera ABANCA Responsable
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#949Para quen está enfocada a Cartera ABANCA Responsable?
Está pensada para ti se buscas a posibilidade de obter rendibilidade para a túa inversión a medio ou longo prazo sen renunciar aos teus valores e desexas delegar a xestión diaria dos teus activos en mans profesionais, buscando un impacto positivo na sociedade e o medio ambiente. Tamén tes que ter en conta que a cartera inviste en fondos de inversión polo que tes que estar disposto a asumir os riscos asociados aos mesmos así como a posibilidade de sufrir perdas no capital investido. Solicitar Cartera Responsable
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#950Que características ten unha Cartera ABANCA Responsable?
Gozarás duna xestión experta, diversificada e adaptada ao teu perfil de risco e preferencias de sustentabilidade, delegando en especialistas a selección constante dos activos. Ademais, potencias a inversión sustentable apoiando a empresas e fondos con boas prácticas éticas, ambientais e de gobernanza. Ademais, sempre podes consultar a evolución da cartera desde a túa banca electrónica.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#951¿Cómo contratar la Cartera ABANCA Responsable?
Podes facelo facilmente poñéndote en contacto co teu axente ou preguntando nas nosas oficinas. Antes de empezar, realizaremos un test de idoneidade e conveniencia obrigatorio para determinar o teu perfil inversor (risco, horizonte temporal, preferencias de sustentabilidade...) e verificar que o servizo se axusta ás túas necesidades. Solicita agora unha cita
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#952Como sei se a Cartera ABANCA Responsable é a máis indicada para o meu perfil?
Para asegurarnos de que o servizo se adecúa a ti, analizaremos detalladamente os teus coñecementos financeiros, obxectivos de inversión, horizonte temporal, a túa capacidade para asumir riscos así como as túas preferencias de sustentabilidade mediante un test de idoneidade e conveniencia. Así, determinaremos se esta cartera é idónea para ti.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#953Que tipos de inversións podo facer con ABANCA?
En ABANCA tes un abano moi amplo para que elixas o que mellor se adapte aos teus obxectivos.
- Podes optar por: Fondos de inversión: xestionados por profesionais que seleccionan as mellores opcións segundo a estratexia do fondo, permitíndote diversificar o teu capital.
- Valores e Bolsa: para comprar e vender accións e ETFs nos principais mercados nacionais e internacionais.
- Plans de pensións: ideais se o que buscas é aforrar pensando na túa xubilación.
- Carteras xestionadas: delegas a xestión das túas inversións no noso equipo de expertos, quen xestionan os teus activos adaptándose estrictamente ao teu perfil de risco.
Os produtos de inversión conlevan riscos, incluído o risco de perda do capital investido. As rendibilidades pasadas non garanten rendementos futuros.
Os plans de pensións dependen da evolución dos seus activos subxacentes e a dispoñibilidade do capital está suxeita aos supostos de liquidez da normativa de plans.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#955És posible investir e xestionar as miñas inversións desde o móbil con ABANCA?
Por suposto! A través da app de ABANCA tes a xestión dos teus produtos financeiros na palma da túa man. Desde a sección de inversións podes consultar a evolución dos teus produtos, realizar ordes de compra ou venda e revisar os teus movementos cando queiras, gozando dun contorno dixital seguro e dun proceso sinxelo. A app de ABANCA é unha canle de xestión operativa. Lembra que operar nos mercados financeiros conleva riscos, incluído o risco de perda do capital investido, independentemente da canle utilizada para a súa contratación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#956Podo recibir asesoramento antes de tomar decisións de inversión en ABANCA?
Sí, de feito, encántanos acompañarte. En ABANCA cremos que a tecnoloxía é xenial, pero o consello humano é clave. Podes acudir a calquera das nosas oficinas para falar cun xestor especializado. Analizaremos a túa situación financeira e as túas metas para recomendarche as opcións que máis che conveñan.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#958Podo investir en diferentes mercados internacionais desde ABANCA?
Sí, co servizo de Bróker de ABANCA o mundo é o teu mercado. Non só podes investir nas empresas do IBEX 35, senón que tes acceso ás principais bolsas internacionais (como Nova York, Londres ou París). Ten en conta que a inversión en mercados non denominados en euros está suxeita ao risco de tipo de cambio. Isto axúdate a diversificar a túa cartera investindo en distintos sectores e países, aínda que a diversificación non anula o risco de perdas. A inversión en mercados internacionais pode estar suxeita a costes adicionais para aquelas operacións en divisas distintas ao euro. Lembra que a inversión en instrumentos financeiros conleva o risco de perda do capital investido e que as rendibilidades pasadas non garanten rendementos futuros.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento/#959