O teu banco, contigo
-
Banca móbil: non veñas ao banco (se non queres!)
Para ver canto aforraches ou canto gastaches no súper o mes pasado. Para mover o teu diñeiro ou invertilo; para contratar produtos ou pagar os teus recibos cunha foto, ou encender e apagar as túas tarxetas. Unha ferramenta coa que poderás facer case todo o que che cómpre dun banco, onde queiras e cando queiras. E gratis.
-
ABANCA Cash
ABANCA Cash é a forma perfecta de enviar e retirar diñeiro no caixeiro sen levar tarxeta. Poderás enviarlle efectivo a quen queiras, incluso a ti mesmo, e retiralo nun dos 12.000 caixeiros repartidos por todo o mundo que pomos á túa disposición. Moi doado e cómodo.
-
ABANCA Recibos
Con ABANCA Recibos podes pagar os recibos non domiciliados con tan só facerlles unha foto co móbil. Esquécete de encher formularios e aforra tempo. Sinxelo, rápido e dende a túa app de Banca Móbil de ABANCA.
-
-
Banca electrónica
Dende o computador, o portátil ou a tablet. Todo o banco ao alcance dun clic. Do máis sinxelo ao máis complexo, onde e cando ti queiras. Non vaias ao banco, deixa que sexamos nós os que nos acheguemos a ti.
-
Banca telefónica
Mentres fas footing. No taxi. Na cola do pan. Podes contratar, vender, activar, desactivar… Un servizo exclusivo, para todo o mundo. Porque sempre que o necesites estaremos ao cabo do teléfono, a uns segundos de distancia.