Tarxeta Tú NX

Se tes entre 12 e 34 anos, esta tarxeta é para ti: para o teu día a día ou para viaxar. Úsaa onde queiras, aquí ou en Bali! E o mellor, sen comisións.

Asistente persoal 24h

O servizo Concierge ocuparase das súas xestións máis habituais, cando e onde sexa. Xa sexa organizar viaxes, alugar vehículos, reservar hoteis, voos ou restaurantes, en calquera lugar do mundo, e mesmo realizar os recados que precise.

Servizos exclusivos en aeroportos

O servizo Mastercard Airport Security Fast Track ofrécelle acceso prioritario no control de acceso e seguridade do aeroporto, o que lle permitirá reducir o tempo de espera e descansar antes do seu voo.

Ademais, esta tarxeta é a chave de entrada a máis de 1.100 salas VIP de aeroportos en todo o mundo. Atlanta, Dubai ou Bilbao. Non importa o país ao que viaxe, a compañía aérea ou o tipo de billete de avión que teña. Só con amosar a súa World Elite poderá acceder a un entorno cómodo, elegante e con servizos exclusivos.

Mastercard Travel Rewards

Mastercard Travel Rewards é un programa que lle permite obter a devolución parcial do seu diñeiro en compras realizadas nunha selección de tendas, físicas e en liña, nos países estranxeiros adheridos ao programa.

Sáquelle o máximo partido á súa tarxeta

Roaming global

Grazas á tarxeta World Elite Mastercard, gozará de roaming gratis en máis de 200 países e rexións durante 15 días e ata 5GB.

Experiencias únicas

O servizo Priceless Cities ofrécelle experiencias exclusivas en máis de 40 cidades de todo o mundo.

Pague co seu móbil

Poderá vincular a súa World Elite ao seu smartphone e pagar directamente co seu móbil de forma doada, rápida e segura
ABANCA Privada

Non cremos nas casualidades

Seguros gratuítos para as túas viaxes e compras

Só por pagar con esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta(1), de forma totalmente gratuíta.

Seguro de accidentes en transporte público

En transporte público, cando o billete o merques coa tarxeta de crédito.

Seguro de asistencia en viaxes

Estarás protexido ante atrasos, perda e danos na equipaxe, cancelación por folga, etc.

Seguro de roubo de compras

Se che rouban algún artigo que pagases coa tarxeta Ti e non pasaron máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.

Seguro de danos en compras

Se por accidente, o produto que mercaches coa tarxeta nos últimos 90 días sofre algún dano, devolverémosche o seu importe ata 3000 €.

Seguro por uso fraudulento da túa tarxeta

Cúbrete polo uso fraudulento da túa tarxeta no caso de que a perdas ou cha rouben.

Toda a información sobre os seus servizos exclusivos

Seguridade que se sente, non se pensa

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engade capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Canto diñeiro necesitas?

Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.

Canto queres pagar cada mes?

Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.

100
€/mes
8
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
200
€/mes
16
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
300
€/mes
24
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
€/mes
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)

Como calculamos esta simulación?

A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.

Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.