• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • B Blog
  • Para ti
  • Español
Volver a axuda
Banca Electrónica
Operacións na banca electónica
  • Na banca electrónica non me aparecen todos os productos que contratei.

    Ao dar de alta o contrato de banca electrónica para empresas, debes seleccionar as contas ou produtos coas que desexas operar. Tamén se dás de alta un produto novo, debes solicitar que o inclúan na banca electrónica de empresas. Se observas que algúns destes produtos non aparecen, chama á túa oficina para que chos dean de alta. E desculpa, porque quizá fose erro noso.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#26
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Podo gardar unha xestión que realizo habitualmente como unha operación favorita?
    As operacións favoritas están pensadas para gardar aquelas operacións que se realizan habitualmente, de forma que non haxa que teclear todos os datos cada vez que se realiza esa operación. Para gardar unha operación como Operación favorita, unha vez realizada a operación é necesario pulsar na icona con forma de estrela que aparece na parte superior (xunto á icona da impresora). Unha vez gardada a operación favorita pode consultala na parte superior en 'Operacións favoritas'. Para modificar algún dato é necesario volver realizar a operación e engadila a favoritos novamente.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#545
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como se envían ficheiros de cobros, transferencias, cobros por adiantado financiados, etc.?

    Na banca electrónica de empresas tes ferramentas que che permiten facer estes envíos, que che aforran tempo e erros. Estas ferramentas xeran ficheiros conformes coa normativa do Banco de España.

    Para procesar os ficheiros de cobros (N.19) e de anticipos (N.58) tes que asinar antes presencialmente o contrato que lle dá cobertura a estes servizos. Sen a sinatura destes contratos poderás enviar os ficheiros, pero non se procesarán.

    Podes ampliar esta información no manual de banca electrónica para empresas (en formato .pdf para que descargues).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#27
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Podo anular unha remesa de recibos ou transferencias que xa enviei?

    Si, pero só se poden anular os ficheiros que non estean aínda procesados. Se a penas pasaron uns minutos desde que os enviaches, seguramente os poidas anular directamente na banca electrónica. Se xa transcorreu un tempo e non podes facelo dende banca electrónica, debes enviarnos un correo a bempresas@abanca.com e indicarnos exactamente:

    • nome e NIF/CIF da empresa que figura no ficheiro
    • importe
    • data do envío
    • o teu teléfono de contacto.

    Porémonos en contacto contigo tan axiña como nos sexa posible.

    Podes ampliar esta información no manual de banca electrónica para empresas (en formato .pdf para que descargues).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#28
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Podo ver qué recibos me viñeron de volta dunha remesa de cobros (domiciliacións) feita?

    Abofé. Se viches un cargo na túa conta por devolucións de recibos, revisa a túa caixa de correo en banca electrónica. Aí verás os recibos que enviaches e que che viñeron de volta. Telos nun ficheiro con extensión .d19.

    Lembra que só poderás ver este ficheiro se utilizas o mesmo usuario que fixo o envío da remesa. Se non atopas o ficheiro, ou tes outro tipo de dúbida, ponte en contacto connosco no 981 910 522, de 8 da mañá a 10 do serán, de luns a venres. Ou se prefires, contacta coa túa oficina.

    Podes ampliar esta información no manual de banca electrónica para empresas (en formato .pdf para que descargues).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#29
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como solicito un anticipo de pagamento dun cliente de ABANCA?

    Se es cliente ABANCA e ademais traballas cun cliente noso que usa o sistema Confirming, podes solicitar o anticipo dun pagamento desde a túa banca electrónica de empresas. Se aínda non es cliente noso recibirémosche cos brazos abertos, tanto se queres empezar a traballar connosco como se só queres cobrar un adianto en concreto. O teu cliente só ten que rexistrarse. Para iso debeu recibir previamente unha notificación de pagamento ABANCA, vía correo electrónico, fax ou carta, onde lle facilitamos os datos necesarios para dispor deste servizo.

    En ABANCA financiamos, de forma inmediata, todas as ordes de pagamento que o teu cliente che emita ao teu favor, sen trámites adicionais, ao 100%. E como o fas desde internet podes operar desde calquera país a calquera hora do día.

    Se non es cliente tamén podes facer a túa solicitude de pagamento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#30
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Enviei un ficheiro de transferencias. Cando chegarán aos seus destinatarios?
    Se realizaches o envío antes das 12 h chegarán ese mesmo día a todos os destinatarios. Se enviaches o ficheiro de transferencias antes das 20 h, chegarán o mesmo día aos clientes de ABANCA e ao día seguinte hábil, ás contas doutras entidades financeiras. 
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#187
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é a caixa de sinaturas?

    A caixa de sinaturas permíteche que os envíos e operacións da banca electrónica non se executen até que os responsables da empresa lles dean o seu visto e prace. Cando alguén da empresa ordena unha operación, non se executa até que un apoderado/a a asina. Este apoderado/a debe acceder coas chaves que lle proporcionamos ao contratar o servizo, revisar as operacións pendentes e validalas.

    Se hai máis dunha persoa apoderada a operación queda pendente até que se complete o número de sinaturas necesarias.

    Podes ampliar esta información no manual de banca electrónica para empresas (en formato .pdf para que descargues).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#31
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é o código de confirmación de operacións?
    Cando realices unha operación diferente dunha consulta, pedirémosche que introduzas a túa firma (unha clave secreta de 8 cifras) para confirmar a operación. Ademais,en operacións de especial risco, remitirémosche unha notificación ao móbil cun código de confirmación, que deberás introducir xunto ca firma para validar a operación.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#256
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo dar de baixa unha domiciliación?

    Podes dar de baixa unha domiciliación desde a pestana "Pagos/ Domiciliacións" da túa Banca Electrónica de Empresas. A continuación elixe a opción " Domiciliacións", selecciona o recibo e pulsa "baixa".

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#257
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo solicitar un talonario de cheques/pagarés?
    Podes solicitar un talonario de cheques ou pagarés desde a pestana "Contas" da túa Banca Electrónica de Empresas, seleccionando a continuación a opción "Cheques /Petición de talonarios" .    
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#259
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Onde podo consultar a miña correspondencia?
    Podes consultar a túa correspondencia na opción "e-Correspondencia" da túa Banca Electrónica para Empresas. Estes documentos en formato PDF teñen a mesma validez que o xustificante enviado por ABANCA ao teu domicilio.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#260
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como puedo mudar a frecuencia dos avisos de e-correspondencia?

    Dependiendo da túa configuración, recibirás na conta de correo electrónico as mensaxes que che cheguen á caixa de e-correspondencia.

    Podes modificar a periodicidade coa que recibes as mensaxes de e-correspondencia na túa conta de correo directamente na banca electrónica.

    Só tes que ir á lapela que di "Utilidades", clicar en "E-correspondencia", e unha vez alí, seleccionar a opción de “Avisos por email”. O último campo que se amosará na columna é “Configuración email" onde podes ver a periodicidade que lle tes marcadas aos avisos. Se desexas modificar esta periodicidade tes que desencartar o combo inferior e seleccionar unha das opcións dispoñibles.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#503
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo reutilizar os datos introducidos nunha Transferencia?
    Se a transferencia que queres enviar xa a realizaches noutras ocasións, non é necesario que teclees de novo todos os datos. Na opción Contas >Transferencias> Consulta de Transferencias podes recuperar esa operación pulsando "Reutilizar". Unha vez recuperada a operación podes modificar algún dato como o importe da operación ou o concepto.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#262
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que datos son necesarios para unha transferencia internacional?

    Para realizar unha transferencia internacional necesitas o Swift/BIC do banco de destino, o nome do beneficiario (persoa /empresa que recibe o diñeiro) e o IBAN da conta na que se van a ingresar os fondos.

     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#263
    • En Twitter
    • En Facebook
  • ¿Qué necesito para poder incluir un concepto ampliado nos envíos de recibos?

    Podes crear envíos cun Concepto ampliado de ata 640 caracteres se utilizas os xeradores online de ABANCA. Tamén podes usar un xerador propio da túa empresa sempre que estea adaptado aos formatos SEPA.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#372
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Vantaxes de incluír un concepto ampliado nas miñas remesas de recibos

    Terás moitas vantaxes se completas o campo Concepto ampliado nos teus envíos de recibos. A información contida nese apartado proporciónalles aos destinatarios dos teus recibos unha información máis completa sobre eles. Deste xeito, reducirás as devolucións por erro do teu cliente e, ademais, empregarás menos tiempo en consultas de información sobre a operación, co que poderás reducir o custo de xestión e mellorar a túa atención directa aos clientes.

    Abanca permítelle crear recibos con conceptos de ata 640 posicións. Se está interesado pode solicitar o servizo en calquera das oficinas de Abanca

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica#371
    • En Twitter