Bizum Pay, a nova aplicación de pago móbil (wallet)
Desenvolvida por Bizum para que os teus clientes poidan pagar no teu comercio simplemente achegando o seu dispositivo ao teu TPV de ABANCA.
Vantaxes para o teu negocio
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
ABANCA activará masivamente a opción de pago con Bizum Pay en todos os seus comercios con TPVs Android, polo que o comercio non terá que facer nada.
Será preciso que contactes co teu xestor de ABANCA para solicitar a substitución do terminal por un con tecnoloxía Android.
O proceso de devolución é idéntico ao que xa utilizas para o resto de pagos móbiles ou tarxetas. Poderás xestionar a devolución directamente desde o teu terminal, sen ningunha operativa nova, do mesmo xeito que se fai para devolver unha venda con tarxeta.
