Alavuelta permitirache coñecer as claves do teu negocio mellor que nunca, atraer a novos clientes e fidelizar aos que xa tes. Componse de tres módulos independentes que che axudarán nos obxectivos da túa empresa: Alavuelta descubre, Alavuelta atrae e Alavuelta fideliza. Segue lendo, explicámosche en que consiste cada un!
Queres contratar Alavuelta?
Se queres contratar Alavuelta e empezar a sacarlle partido aos datos do teu negocio e do teu sector podes facelo mediante dous paquetes distintos en función das túas preferencias. Por unha banda, poñemos á túa disposición o paquete básico co que só terás dispoñible o servizo de Alavuelta descubre. Neste caso, necesitas ter un TPV de ABANCA para contratar a ferramenta. Se traballas co TPV doutra entidade e es cliente de ABANCA, podes acceder a unha versión de proba durante uns meses. Pasado este tempo, serache tan útil que seguro que quererás contratar un dos nosos TPVs para continuar mellorando o teu negocio.
Por outra banda, o paquete avanzado, inclúe as tres ferramentas: Alavuelta descubre, Alavuelta atrae e Alavuelta fideliza e non é necesario ter un dos nosos TPVs para utilizalo. Se queres dar de alta o servizo completo, recomendámosche que concretes unha cita cun dos nosos xestores especializados.
Como dar de alta esta ferramenta?
Se es cliente de ABANCA, podes darte de alta en Alavuelta descubre na túa Banca Electrónica de Empresas. Entra na sección ‘Tarxetas/Comercios’ > ‘ TPV’ > ‘ Alavuelta’. Ahí atoparás un acceso a esta ferramenta coa que poderás empezar a descubrir información sobre o teu negocio.
Se aínda non es cliente de ABANCA ou se che interesan os outros módulos, recomendámosche que fales cun dos nosos xestores especializados en Alavuelta. Asesorarate sobre cal é o mellor paquete para o teu negocio e para as túas necesidades.
Ademais, poñemos a túa disposición a nosa sección de axuda e un completo manual de Alavuelta para que poidas sacarlle partido dende o primeiro día á ferramenta.
Alavuelta é para o meu negocio?
Alavuelta é para comercios, cafeterías ou calquera tipo de negocios que estean interesados en mellorar o rendemento da súa empresa. Para iso, poñemos á súa disposición a tecnoloxía de última xeración e as técnicas de big data que empregan as grandes compañías para tomar as súas decisións.