A hipoteca que se adapta a ti
Despois de moito buscar, chegou o momento: xa escolliches casa. Por iso, queremos ofrecerche unha hipoteca que se adapte a ti e ás túas necesidades e non ao revés. Sexas como sexas, busques o que busques, podemos axudarche a tomar a mellor decisión para que escollas a hipoteca que mellor se adapte ao teu novo fogar.
Como cada persoa é distinta, temos produtos diferentes segundo o teu caso. Por certo, sabes que fomos dos primeiros bancos en ofrecer unha hipoteca fixa? É unha elección que gaña cada vez máis cota, aínda que a maioría das hipotecas que se formalizan en España seguen sendo a tipo variable.

¿Fixa ou variable?
Coa nosa Hipoteca a tipo Fixo pagarás sempre a mesma cota. Sen sorpresas e sen estar pendente cada mes do Euríbor: pagarás a mesma cota desde o principio ata o final. Ademais, ti elixes en canto tempo a pagas: 15, 20, 25 ou incluso 30 anos. Canto maior sexa o prazo, maior será o tipo de xuro, así que fíxate ben nas ofertas dos diferentes bancos para comparar sempre os mesmos prazos.
A Hipoteca, a tipo variable, é máis flexible nos prazos, e ten un atributo que a fai diferente: se o necesitas, poderías estar dous anos sen pagar as cotas. Se estás comparando entre varias entidades, ademais do tipo de xuro fíxate tamén nos gastos de formalización (desde hai tempo ABANCA asume parte deses gastos), as comisións que poida ter e a vinculación que che poidan esixir para ofrecerche un prezo. Hai moitas máis cousas que debes ter en conta, ¿por que non fixamos unha cita nunha das nosas 700 oficinas e facémosche unha oferta a medida? Elixe o día e a hora que mellor che conveñan. Estaremos encantados de recibirte.

Cara a cara é mellor
Na inmensa maioría dos casos, contratar unha hipoteca é a decisión financeira máis importante das nosas vidas. Seguro que dedicaches moito tempo a buscar a vivenda que soñabas, e seguro tamén que estás dedicando moito tempo a informarte dos gastos que supón e a comparar as ofertas de diferentes entidades financeiras.
Seguro que tes unha oficina de ABANCA moi preto. Pide unha cita, cóntanos o teu caso e poderemos ofrecerche máis información para que poidas asegurarte de que estás tomando a decisión correcta.

Infórmate de todos os detalles
O Banco de España publicou unha guía para as persoas que están pensando en mercar unha casaVer ficheiro PDF con información moi recomendable, que che pode axudar a tomar a mellor decisión.
Ademais, en ABANCA elaboramos un resumo con información práctica: desde consellos para escoller a vivenda que queres mercar ata información xeral sobre que gastos poderás ter.

Coñece máis sobre as nosas hipotecas
Dúbidas
Se te animaches a dar o paso e vas comprar unha vivenda, contámosche todo no que tes que fixarte para que non te leves ningún susto. Dános o mesmo se é unha casa nova ou de segunda man, pero nesta guíaAbrirase nunha nova ventá. explicamoscho todo para cada caso: seguros, hipotecas, Euribor, taxas...
Consulta toda a documentación precisas para solicitar un empréstito hipotecario na nosa guía de compra de vivenda.
Se aquí non atopaches o que buscas, temos máis hipotecas para ti.
Falamos? Solicita unha cita telefónica e explicarémosche como adaptar estes produtos ás túas necesidades.
