Seguro de Negocios
Quen é o responsable do tratamento?
O responsable do tratamento é ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. con domicilio en Avda. Linares Rivas, 30, 3º, 15005 A Coruña e CIF A-14715270 (“ABANCA Seguros Generales”), quen nomeou un Delegado de Protección de Datos co que pode contactar no seguinte enderezo de correo electrónico: dpo.abancagenerales@abancaseguros.com.
Cal é a orixe dos teus datos?
ABANCA Seguros Generales obtivo os teus datos persoais de algunha das seguintes fontes:
Achegados na solicitude realizada, para a formación da relación contractual ou os que se xeren como consecuencia do desenvolvemento da mesma.
Empresas do Grupo Económico de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “empresas do Grupo ABANCA”), cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
De fontes accesibles ao público (p.ex., censo promocional, diarios e boletíns oficiais…), ficheiros comúns (p.ex., de selección e tarificación de riscos, de elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais, sobre solvencia patrimonial e crédito, ficheiros de identidade e prevención da fraude ou outros ficheiros sectoriais, etc.), rexistros públicos (p.ex. catastro, Rexistro Mercantil, etc.) ou outras fontes externas (redes sociais, empresas que ofrecen servizos de enriquecemento de datos, conectividade, cookies, entidades encargadas da xestión das continxencias recollidas no contrato de seguro que manteñas con ABANCA Seguros Generales, etc.), sempre que se obtivese o teu consentimento ou se dispoña doutra base de lexitimación.
No caso de que proporciones datos de terceiros, especialmente no caso de datos de saúde, garantizas que contas co consentimento expreso dos terceiros para que ABANCA Seguros Generales poida tratar os seus datos. Así mesmo, garantizas que os terceiros cuxos datos proporciones foron debidamente informados dos tratamentos que ABANCA Seguros Generales levará a cabo con eses datos e que aquí se recollen.
Que datos tratamos?
Os datos que tratamos correspóndense coas seguintes categorías:
i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos referidos á túa voz e imaxe; iii) Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; iv) Datos dos seguros contratados con ABANCA Seguros Generales e dos sinistros tramitados; v) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; vi) Datos socioeconómicos; vii) Datos económicos e de solvencia patrimonial; viii) Datos financeiros; ix) Datos transaccionais; x) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais; xi) Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais; xii) Datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da presente póliza (p.ex., familiares ou empregados) así como de terceiros interesados na tramitación e xestión de sinistros derivados da execución do seguro (interesados, prexudicados, beneficiarios, etc.), sempre que tal tratamento resulte estritamente necesario.
Adicionalmente, infórmase de que, no caso de resultar necesario, ABANCA Seguros Generales poderá tratar os datos persoais relativos á túa saúde, co exclusivo fin de xestionar, desenvolver e executar as prestacións legalmente esixibles, por exemplo, a xestión dun sinistro.
Por último, informámoste de que neste apartado se enumeran todas as categorías de datos persoais que, potencialmente, poderían chegar a tratarse segundo a situación de cada interesado. Porén, non quere dicirse que todos e cada un dos datos incluídos nesa categoría vaian utilizarse sempre que se realice dito tratamento. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse só na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.
Para que tratamos os datos persoais e baixo que lexitimación?
A continuación, informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA Seguros Generales é responsable, coa especificación das respectivas bases xurídicas que os lexitiman e as finalidades de cada un deles:
1. Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Seguros Generales.
1.1 Formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA Seguros Generales
Dentro desta finalidade, inclúense todas as actividades tendentes á tramitación da túa solicitude, a súa formalización, xestión do seguro e dos sinistros, a atención das reclamacións e incidencias precontractuais e contractuais e xestión de calidade; e a xestión dos pagos e cobros.
No caso de impago, ABANCA Seguros Generales poderá comunicar os teus datos a provedores de servizos de recuperación de débeda, que actúan en nome e por conta de ABANCA Seguros Generales, para realizar accións de recobro e, así mesmo, comunicar os teus datos e os datos de débeda a sistemas de información crediticia (p.ex. ASNEF ou BADEXCUG).
1.2 Cálculo da prima e análise e valoración do risco asegurado na formalización, mantemento, cumprimento e renovación das relacións con ABANCA Seguros Generales
No momento en que nos solicites un produto asegurador, así como no caso de contratación e mesmo durante a vixencia do mesmo e a súa renovación, levaremos a cabo unha análise e valoración mediante a aplicación de técnicas actuariais e estatísticas, obtendo así unha tarifa de primas que resulte coherente coas características dos asegurados e beneficiarios, do entorno e dos datos históricos de ABANCA Generales de Seguros.
No desenvolvemento desta finalidade, con carácter adicional á análise da información solicitada durante a contratación ou -en renovacións- derivada do mantemento da relación contractual, ABANCA Seguros Generales poderá consultar:
- Os datos relativos ao incumprimento por parte túa de obrigas monetarias, financeiras ou de crédito que poidan figurar en sistemas de información crediticia (p.ex., ASNEF ou BADEXCUG).
- A información existente nos sistemas de información comúns do sector asegurador, conforme ás súas regras de acceso ou consulta ou outra información dispoñible en ficheiros de terceiros, sempre que resulte necesaria para a estimación do nivel de risco e da prima, conforme ao disposto na normativa de seguros, ou do cumprimento dos requisitos de contratación. A modo de exemplo, ABANCA Generales de Seguros poderá consultar o estado da ITV do vehículo ou información sobre as características do mesmo.
1.3 No seu caso, obter os teus datos de contacto actualizados para xestionar situacións de impago cando nos resulte imposible contactar contigo a través da información que nos facilitases con motivo da formalización das relacións contractuais.
2. Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais.
O sector asegurador, do que ABANCA Seguros Generales forma parte, está fortemente regulado e iso implica que debamos tratar os teus datos para cumprir coas obrigas legais que nos resulten aplicables en cada caso como, por exemplo, dar resposta ás posibles solicitudes de información realizadas polas administracións, organismos públicos, e xuíces ou tribunais; e consultar listas de persoas e entidades suxeitas a sancións e contramedidas financeiras internacionais (p.ex.: lista de cidadáns especialmente designados e persoas bloqueadas no Departamento do Tesouro dos Estados Unidos “SDN List” -http://sdnsearch.ofac.treas.gov-), xa sexa de forma directa ou a través de ferramentas de consulta e bases de datos facilitadas por terceiros.
Por último, poderemos tratar os teus datos de saúde para a peritación de danos e liquidación de sinistros.
3. Tratamentos realizados por interese lexítimo de ABANCA Seguros Generales.
Tratamos os teus datos persoais, con excepción dos catalogados como sensibles (saúde, etc.) en base á satisfacción dos intereses lexítimos perseguidos por ABANCA Seguros Generales, e na medida en que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais, para as seguintes finalidades: i) Detectar e previr a fraude na contratación e na provisión ou execución dos nosos produtos e servizos (p.ex., durante a xestión dun sinistro) que poida derivar nun prexuízo para ti, para terceiros e/ou para ABANCA Seguros Generales; ii) elaborar, facendo uso exclusivamente de datos procedentes das nosas fontes internas, perfís comerciais (o que nos permite analizar e predicir as túas preferencias persoais, situación económica, intereses, localización xeográfica e comportamento) e perfís de risco en materia de seguros con fins comerciais (o que nos permite avaliar, en base á túa situación particular, os eventuais riscos asegurables nos que poidas incorrer) para poder ofrecerche información publicitaria axustada a eses perfís, sobre os nosos produtos e servizos similares aos que teñas contratados; iii) ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos similares aos contratados; iv) enviar enquisas para avaliar o teu nivel de satisfacción e a calidade do produto ou servizo que contratases ou da nosa atención; vi) análise de datos para a mellora de procesos internos e/ou a mellora dos nosos produtos e servizos; vi. Realizar estudos estatísticos e históricos; e v) Analizar os datos para a mellora dos nosos procesos internos.
En calquera momento, poderás exercer o teu dereito de oposición ao envío de comunicacións comerciais, enquisas e/ou a elaboración do perfil mencionado no apartado iii), dirixíndote ao Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo de correo electrónico dpo.abancagenerales@abancaseguros.com. Así mesmo, neste enderezo poderás solicitar información adicional sobre a análise realizada para avaliar o desenvolvemento de todas as finalidades baseadas en interese lexítimo.
4. Tratamentos realizados co teu consentimento.
Exclusivamente no caso de ter solicitado e obtido o teu previo consentimento a tal efecto, poderemos realizar os seguintes tratamentos dos teus datos persoais:
4.1. Ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores. Trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil -SMS, mensaxes push ou outros servizos de mensaxería como Whatsapp-, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información axustada aos teus perfís comercial e de risco en materia de seguros (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA, así como de terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Generales.
4.2. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo. Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA co fin de facilitar e axilizar a análise (incluída a do risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.
4.3. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Seguros Generales para facilitar os seus procesos de contratación contigo. Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA Seguros Generales co fin de facilitar e axilizar a análise (incluída a do risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases ao correspondente colaborador destinatario dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas co correspondente colaborador destinatario dos datos.
4.4. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos. Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que tales empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecércha, información publicitaria axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditas empresas che farán chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
4.5. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA Seguros Generales para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos. Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA Seguros Generales para que elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, no seu caso, o teu perfil de risco crediticio, e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecércha, información axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias…) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditos colaboradores che farán chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
4.6. Melloras voluntarias no proceso de cálculo da prima do seguro e elaboración do teu perfil comercial con fins comerciais facendo uso de fontes externas. Enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (é dicir, a información que fose facilitada por ti ou xerada en ABANCA Seguros Generales con motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases con ABANCA Seguros Generales), con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos (como, p.ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p.ex., listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais -p.ex. co obxectivo de poder comprobar a existencia de multas anteriores e axustar a póliza ás características do condutor-, medios de comunicación social e redes sociais abertas); as empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizases que nos cedan os teus datos persoais (p.ex., scoring); ferramentas e bases de datos de xeomárketing; datos de navegación en páxinas web ou aplicacións de terceiros, no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes. Todo iso co propósito de poder dispoñer de información relevante á hora de calcular o importe da prima e elaborar respecto de ti un perfil comercial con fins comerciais máis completos e con máis profundidade que os elaborados con fontes internas, o que nos permitirá personalizar de modo máis certeiro as ofertas que che dirixamos en relación cos nosos produtos e servizos.
4.7. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.
4.8. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA Seguros Generales. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información publicitaria axustada aos teus perfís comercial e de riscos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias…) sobre produtos e servizos propios de ABANCA.
4.9. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información axustada aos teus perfís comercial e de risco crediticio (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias…) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e dos terceiros colaboradores de ABANCA (empresas coas que ABANCA mantén acordos de colaboración comercial).
Para a constancia dos correspondentes consentimentos que nos outorgases, aos que ABANCA Seguros Generales se atenderá en tanto non sexan revogados, tales consentimentos indícanse no cadro que figura a tal efecto nas Condicións Particulares da Póliza. Así mesmo, en calquera momento, podes solicitar información adicional no correo dpo.abancagenerales@abancaseguros.com.
Con quen compartimos os teus datos persoais?
O tratamento, para dar cumprimento ás finalidades anteriormente detalladas en función da base xurídica lexitimadora especificada para cada finalidade, pode implicar que os teus datos persoais sexan comunicados a terceiros, tales como: i) Entidades financeiras; ii) Ficheiros comúns do sector asegurador e Rexistros públicos; iii) Organismos Públicos, como o Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas ou o Consorcio de Compensación de Seguros; iv) Entidades privadas de resaseguro ou coaseguro; v) Entidades encargadas da xestión das continxencias e servizos; vi) Mediadores de seguros e coaseguradoras; vii) Autoridades de supervisión nacionais e da Unión Europea; viii) Empresas do grupo empresarial de ABANCA Seguros Generales para fins administrativos internos, detección de actividades anómalas (prevención de fraude) e cumprimento de obrigas legais e a normativa interna en materia de sancións internacionais e consulta de listas de persoas e entidades suxeitas a sancións e contramedidas financeiras internacionais; ix) Empresas do Grupo Económico ABANCA e a empresas colaboradoras, previo consentimento por parte túa e coas finalidades de axilizar os teus procesos de contratación e poder realizar accións publicitarias axustadas ao teu perfil; x) Provedores de servizos e profesionais externos (avogados, procuradores, auditores, notarios e fedatarios públicos, detectives ou investigadores privados…); xi) Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e organismos de control europeo; xii) Entidades que xestionan os sistemas de información crediticia ou tamén coñecidos como ficheiros sobre incumprimento de obrigas monetarias (p.ex., BADEXCUG ou ASNEF). A finalidade destas comunicacións é trasladar as débedas que cumpren os requisitos esixidos pola lei, previa comunicación indicando os dereitos que che asisten; xiii) AEAT e outras administracións tributarias que resulten competentes, en cumprimento da normativa fiscal aplicable; xiv) Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; xv) Xuíces e Tribunais, no ámbito de procedementos xudiciais dos que resulten respectivamente competentes ou en cumprimento da normativa aplicable; xvi) Defensor do Cliente.
En particular, ABANCA Seguros Generales comunicará os datos de sinistralidade relacionados co seu seguro e/ou o seu sinistro ao Sistema de Información de prevención da fraude en seguros de ramos diversos, entre os que está o seguro contratado por vostede ou o sinistro no que se viu vostede implicado, tendo a condición de corresponsable do tratamento do mencionado Sistema. A súa finalidade é a prevención e detección da fraude, ben previr á entidade aseguradora unha vez emitida a póliza, ben detectar a fraude xa cometida nos sinistros declarados. Así mesmo, a súa finalidade será cooperar coas Forzas e Corpos de Seguridade ao facilitar a investigación de posibles delitos de roubo e estafa, entre outros, relacionados cos bens asegurados. Para o exercicio de dereitos de protección de datos pode dirixirse a TIREA, Ctra. Las Rozas a El Escorial Km 0,3 Las Rozas 28231 MADRID.
Poderá atopar o resto de información de protección de datos nas webs de UNESPA (www.unespa.es) e TIREA (www.tirea.es).
Por último, informámoste de que determinadas sociedades que prestan servizos a ABANCA están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Cales son os dereitos que che asisten?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos teus datos persoais, así como de non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Tamén podes retirar o teu consentimento en calquera momento, dirixíndote ao DPO de ABANCA Seguros Generales a través dos canais referidos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade de ABANCA Seguros Generales accesible na páxina web www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-abanca-seguros/negocios/informacion-adicional/ ou a través do enderezo de correo electrónico dpo.abancagenerales@abancaseguros.com
Onde podes consultar a información detallada de Protección de Datos?
Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na Política de privacidade de ABANCA Seguros Generales accesible na páxina web www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-abanca-seguros/negocios/informacion-adicional/. Na Política de privacidade tamén se detallan, respecto de cada tratamento que ABANCA Seguros Generales leve a cabo, as concretas categorías de datos utilizados en cada un deses tratamentos, e inclúese a explicación da lóxica aplicada aos perfilados que se poidan realizar sobre os teus datos persoais en función da correspondente base lexitimadora.