Política de privacidade para que ABANCA Corporacion Bancaria, S.A. xestione contigo unha cita en oficina
1. Quen é o responsable do tratamento dos meus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos é ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A., co NIF A-70302039 e domicilio na rúa Cantón Claudino Pita, 2, 15300, Betanzos (A Coruña).
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos Persoais, formalmente designado, co que podes poñerte en contacto se o necesitas escribindo a privacidad@abanca.com.
2. Que tipo de datos trata ABANCA?
Debes saber que os datos que tratamos neste caso son os datos de contacto que nos facilitas de forma directa (é dicir, o número de teléfono, correo electrónico, DNI e nome) cos fins que che indicamos no apartado 3 seguinte.
3. Para que trata ABANCA os meus datos?
Os citados datos de carácter persoal serán utilizados unicamente para:
- Concertar contigo unha cita na Oficina de ABANCA que elixas e poder darche a información oportuna sobre o/s produto/s ou servizo/s sobre o/s que esteas interesado.
- Remitirche, por correo electrónico, a información sobre a túa cita, sobre a documentación que será precisa para xestionar a túa solicitude, así como acerca dos produtos ou servizos sobre os que te interesaches.
No seu caso, poderás oporte ao envío da devandita información en calquera momento e de forma gratuíta, remitíndonos un correo a bajas@abanca.com. Nese correo terás que identificarte, manifestar a túa oposición e indicar no Asunto: “Baixa. Formulario de Cita Oficina web”.
4. A quen comunica ABANCA os meus datos?
Os datos que nos facilitas para que concertemos contigo a cita en Oficina ou para que che remitamos electronicamente información sobre a mesma ou sobre o produto ou servizo no que te interesaches non serán cedidos a ningún terceiro, salvo obriga legal.
5. Está prevista algunha transferencia internacional?
A transmisión de datos a terceiros países que se atopen fóra da Unión Europea só ocorrerá no caso de que sexa necesaria para a execución das ordes ou solicitudes que nos formules, por esixencia legal ou no caso de que nos teñas outorgado o consentimento expreso para iso.
Ademais, no caso de ser preciso que recorramos a fornecedores de servizos que traten os datos en terceiros países que se atopen fóra da Unión Europea, ABANCA tomará as medidas apropiadas para garantir as condicións de lexitimidade da transferencia internacional dos datos de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos e, en especial, de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 45 a 47 da devandita norma (é dicir, transferencias baseadas nunha decisión de adecuación, transferencias mediante garantías adecuadas ou normas corporativas vinculantes).
ABANCA observa e obriga a observar as medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Das transferencias internacionais que se prevexan realizar en cada momento informarase na Política de Privacidade dispoñible na Web.
Calquera transferencia internacional de datos que se produza estará igualmente suxeita ao réxime previsto na normativa vixente.
6. Por canto tempo conserva ABANCA os meus datos?
Os datos persoais serán conservados exclusivamente durante o prazo necesario para poder tramitar e/ou xestionar a túa solicitude relativa aos produtos ou servizos que, no seu caso, realices a través da web. Se transcorridos tres meses desde a última xestión que realicemos contigo en relación con tales produtos e servizos, non se formalizou a contratación do produto ou servizo correspondente, procederase ao bloqueo dos datos e á súa eliminación.
7. Cales son os meus dereitos?
A nosa normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos que implican os nosos servizos, que podemos resumir nos seguintes:
- Dereito de acceso. Coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
- Dereito de rectificación. Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
- Dereito de portabilidade. Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na lei.
- Dereito de supresión. Solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
- Dereito de oposición. Solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
Podes exercitar os teus dereitos dirixíndote por escrito ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo de correo electrónico atencioncliente@abanca.com ou a través do enderezo postal Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña. Na túa comunicación terás que identificarte, sinalar o dereito que desexas exercitar, indicar no Asunto: "Dereitos RXPD. Formulario de Cita Oficina web" e acompañar a documentación requirida.
Na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)Serás redirixido a outro sitio web podes atopar unha serie de modelos que te axudarán no exercicio dos teus dereitos.
Así mesmo, tes dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) no caso de que consideres infrinxidos os teus dereitos.