Se estás valorando acollerte ao ERE, asegura o teu próximo paso

Nun momento clave para o teu futuro financeiro, cada decisión conta. Acompañámoste con visión estratéxica para que tomes o control con total tranquilidade.

Constrúe con solidez o teu futuro financeiro

Asesoramento experto

A través do noso servizo de Banca Persoal.

Plantexamento do rescate

Disporás de diferentes escenarios de simulación financeira e fiscal para orientarte no rescate do teu plan de pensións.

Oferta exclusiva

Temos unha oferta exclusiva para ti se traes o teu plan de emprego.

Infórmate sobre a túa xubilación con expertos de ABANCA

En ABANCA dispoñemos dun servizo con expertos que che axudarán a planificar o teu futuro e prepararte para a xubilación.

Axudámoste a xestionar as túas novas circunstancias financeiras:

  • Poñemos á túa disposición os nosos mellores expertos.
  • Propoñémosche alternativas financeiro-fiscais que respondan ás túas necesidades actuais e futuras, ao momento de mercado.
  • Ofrecémosche as mellores estratexias de investimento para que atopes a mellor solución. Terás ferramentas e información de seguimento e control dos teus investimentos.

O noso modelo baséase nos seguintes piares

Estratexias de investimento e revisión

Revisión da situación persoal e financeiro-fiscal presente e futura, situación patrimonial, necesidade de liquidez e obxectivos de investimento.

Proposta do rescate

Tendo en conta o prazo entre o ERE e a xubilación efectiva, pensión estimada futura, ingresos complementarios durante o período ERE-xubilación efectiva e volume dos dereitos consolidados.

Simulación do rescate

Simulación das alternativas desde o punto de vista financeiro-fiscal do rescate do plan, en base ás necesidades de liquidez e ás situacións expostas.

Seguimento do plan de investimentos

Supervisión da execución do plantexamento financeiro tras o rescate, adaptación ante calquera cambio dos parámetros iniciais definidos e revisión periódica do cadro establecido.
Trae o teu plan de pensións a ABANCA

Ofrecémosche condicións exclusivas ao transferir o teu Plan de Pensións de Emprego a ABANCA. Fala cos nosos especialistas para coñecer a proposta de bonificación que temos para ti.