Programa ABANCA Deporte Base

Pancarta dunha nena con uniforme de ABANCA

ABANCA, patrocinador oficial dos equipos de alta competición de Galicia

Traballamos para fomentarmos os valores que defende o deporte. Con esta aposta, e grazas á confianza dos nosos clientes e empregados, comprometémonos coa sociedade galega a fomentar a cultura do esforzo dos nosos atletas e redobramos a nosa aposta polo desenvolvemento persoal e académico dos nenos e nenas de Galicia a través dos valores vinculados ás actividades deportivas.

Nosos valores fundamentais no deporte

Perseverancia

A cultura do esforzo e mais a tenacidade son consubstanciais ao deporte base.

Xogo limpo

A nobreza e mais a integridade están na esencia da deportividade.

Convivencia

Tolerancia, respecto e inclusión son a base do traballo en equipo.

Compromiso

O deporte ensina a comprometerse. Cun mesmo, co equipo, coas normas, co rival.

Igualdade

A integración e o trato igualitario independentemente da condición ou das aptitudes de cada quen.

Traballo en equipo

O fomento da colaboración para conseguir unha meta en común é unha aprendizaxe para a vida.

Recoñecemento

A satisfacción e mais o recoñecemento polo traballo ben feito inspira e importa.

Humildade

Practicala sen descanso é importante para saber perder e aínda é máis necesaria para saber gañar.

Superación

Alcanzar unha meta e estar á altura dos demais é imposible sen autodisciplina e esforzo.

Compañeirismo

Impulsar a preocupación polo outro a través do vínculo de amizade que se crea entre os membros.

Únete e forma parte de...

Preto de 20.000 deportistas
Máis de 1.600 equipos
34 deportes

O Programa ABANCA Deporte Base e a Xunta traballan xuntos para dar apoio a preto de 20.000 deportistas en toda Galicia.

Gustaríache que o teu equipo formase parte do Programa ABANCA Deporte Base?
Infórmate aquí dos prazos e a documentación para solicitar as axudas. Podes tramitar a solicitude a través deste enlace.