
Activa a túa tarxeta
E empeza a gozar das vantaxes do teu bono turístico en cuestión de segundos.
Se tes algunha dúbida, podes atopar toda a información sobre a tarxeta turística #QuedamosEnGalicia22 na web da Xunta de Galicia.
Os datos que nos facilitas serán tratados por ABANCA, por encargo da Xunta de Galicia, coa única finalidade de proceder á activación e xestión da túa tarxeta.
Para saber máis...
dúbidas
-
Como podo consultar o saldo da miña tarxeta turística da Xunta e ata cando podo utilizalo?
Podes consultar o saldo dispoñible da túa tarxeta turística na web damemisaldo.es e poderás utilizala ata o 31 de decembro de 2022.
Lembra que, por directrices da Xunta de Galicia, non poderás facer uso da tarxeta turística entre o 1 de xullo e o 15 de setembro por ser tempada alta.
-
Onde podo utilizar a miña a tarxeta turística da Xunta?
Para a tarxeta turística #QuedamosEnGalicia22, podes consultar os establecementos, aloxamentos e axencias de viaxe adheridas na web específica da Xunta.
-
Como se activa a tarxeta turística da Xunta?
Para empezar a utilizar a túa tarxeta turística da Xunta, debes activala en abanca.com/activarbono ou facendo clic aquí. Unha vez activada, recibirás un SMS co PIN da tarxeta.
-
Como recibirei a tarxeta turística da Xunta?
Para a tarxeta turística #QuedamosEnGalicia22, unha vez a solicites na web da Xunta e realices os pasos correspondentes, incluído o pago que se che solicitará por correo electrónico, recibirás a túa tarxeta no teu domicilio en 15 días.