Menu
  • ico-caja-herramientas

    Servizo manitas

    Ao teu dispor para pequenos traballos de carpintaría, electricidade, fontanaría e máis.

  • ico-electrodomesticos

    Reparación de electrodomésticos

    Substituímos ou arranxamos os teus electrodomésticos. Un servizo ao ano con cobertura de man de obra e desprazamento.

  • ico-danos-agua

    Danos por auga

    Cubrímoste en caso de danos por fugas, escapes ou rotura de tubaxes.

  • icon-on-off-70x70

    ON-OFF

    Podes acender e apagar algunhas coberturas desde a app, para adaptalo ás túas necesidades.

  • ico-personalizacion-seguro-negocios

    Seguro personalizado

    Sempre che recomendaremos o que mellor se adapte á túa vivenda.

  • ico-protect-juridica

    Asistencia xurídica

    Defensa para o teu fogar e a vida familiar.

Arranxamos ou substituímos os teus electrodomésticos

Non importa o desgusto, importa que alguén o arranxe. O seguro de fogar ABANCA ofréceche unha solución se algún dos teus electrodomésticos (neveira, conxelador, lavadora, lavalouzas, televisor…) sofre unha avaría.

Axudarémoste cos custos da man de obra, de desprazamento do técnico ou o transporte do aparato desde o teu fogar ao taller.

Poderás utilizar este servizo unha vez ao ano e a cobertura esténdese ata que os teus electrodomésticos cumpran 10 anos de antigüidade, cun límite de 300 €.

electrodomesticos
ilus-seguros-bienvenida

Contrata agora o seguro e aforra un 15%

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2023 o 2024 e contratas o teu Seguro de Fogar ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro, non só ganas en seguridade, tamén che devolvemos o 15% na prima anual do primeiro ano nunha tarxeta regalo.

Que cobre o noso seguro de fogar

Descubre as diferentes coberturas deprotección do seguro de fogar ABANCA. Poderás escoller que coberturas che interesa ampliar, sen que importe se es o propietario ou o inquilino da túa vivenda.

Propietario
Inquilino
Incluidas
por defecto
Opcionais
Propietario
Inquilino

Coberturas
Xerais

Hogar
Serenidad
Hogar
Serenidad Plus
Danos materiais
Danos por auga
Roturas
Roubo, atraco e furto
Restauración estética
Bens refrixerados
Defensa xurídica
Inhabitabilidade da vivenda
Asistencia

Coberturas

Específicas propietario

Hogar
Serenidad
Hogar
Serenidad Plus
Vandalismo
Localización e arranxo danos
Rotura aparatos sanitarios fixos
Danos continente
Danos eléctricos (continente e gama branca)
Reposición de documentos
Perda de alugueiros
Responsabilidade civil xeral

Coberturas

Plus

Hogar
Serenidad
Hogar
Serenidad Plus
Danos por auga Plus
Danos eléctricos Plus contido
Asistencia Plus
Vehículos no garaxe
Infidelidade dos empregados
Defensa xurídica Plus

Coberturas

Opcionais

Hogar
Serenidad
Hogar
Serenidad Plus
Pack vivenda unifamiliar
Pack vivenda secundaria
Pack propietario arrendador
Pack vida diaria
Pack mascotas
Cobertura piscinas
Ampliación obxectos de valor especial
Ampliación xoias

Coberturas

ON-OFF

Hogar
Serenidad
Hogar
Serenidad Plus
Asistencia en viaxes en el extranxeiro
Nova movilidade

Coberturas opcionais: personaliza o teu seguro de fogar ao máximo

img-hogar-agua

PACK VIVENDA UNIFAMILIAR
Protexe a túa independencia e mais a tranquilidade con coberturas e servizos específicos para a túa vivenda.

SEGUNDA VIVENDA
Contarás con múltiples servizos que che permitirán estar tranquilo coa outra vivenda, aínda que non esteas nela todo o ano.

PACK MASCOTAS
Porque as túas mascotas son un máis no teu fogar, conta cunha protección específica para elas.

COBERTURA PISCINAS
Para que a túa piscina estea sempre lista, inclúe no seguro coberturas específicas para danos materiais.

PACK VIDA DIARIA
Unha maior protección en canto a asistencia persoal e coidados para ti e para os que viven contigo.

PROPIETARIO ARRENDADOR
Un grupo de coberturas específicas para posibles reclamacións e defensa legal ante os teus inquilinos.

AMPLIACIÓN OBXECTOS DE VALOR ESPECIAL
Aumenta os límites de indemnización por eses obxectos de valor especial dos que gozas no teu fogar.

AMPLIACIÓN XOIAS
Unha cobertura adicional que aumenta o límite de indemnización polos teus obxectos de xoiaría.

Información legal deste seguro

Podes consultar todo o detalle das coberturas e mais as condicións nas condicións xerais.

Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia. Aseguradora: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., co CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, folla C-47133, tomo 3407 e folio 9, con domicilio social na avda. Linares Rivas, 30 - 3, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras da DXSFP C0808.

Consulta aquí as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros. Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente mediados por ABANCA Mediación que pertenzan aos seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizados con ABANCA nin os seguros de protección de pagamentos.

Detalles da promoción. Válida para novas contratacións e solicitude da tarxeta regalo desde o 1 de xaneiro ata o {{{fechaseguros}}} de 2023. Entrega dunha tarxeta regalo ABANCA a todos aqueles novos clientes, dados de alta en 2022 e 2023, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros, por un importe bruto equivalente ao 15% da prima total anual do primeiro ano. A entrega da tarxeta regalo por parte de ABANCA constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, de ser o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas.

Para saber máis...

dúbidas

  • Que son o continente e o contido dun seguro de fogar?

    O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos: 

    • Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
    • Construcións anexas: rochos, garaxes, ...
    • Instalacións: tubaxes, cables,...
    • Elementos decorativos: parqués, molduras,...


    O contido engloba as pertenzas que están dentro da vivenda ou do rocho, como poden ser o mobiliario, electrodomésticos, roupa ou electrónica, entre outros.


    Amosámosche un exemplo moi sinxelo que te vai axudar a entender os dous conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería. 


    Non abonda con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén cómpre que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos bens.

  • Se vivo en alugueiro, de que me vale o Seguro Fogar?

    Como inquilino, é aconsellable que asegures o contido da vivenda (mobiliario, tecnoloxía, xoias, ...) sobre todos os bens que sexan teus e así protexeraste das consecuencias que un sinistro poida ter sobre eles. 


    Ademais, aínda que a vivenda sexa doutra persoa, ti podes ser causante dun dano polo que debas responder, como danos nas paredes ou nas tubaxes, polo que é recomendable asegurar o contido para ter cuberta a responsabilidade civil que derive del. Co Paquete Inquilino, que leva incluída a modalidade Serenidade Plus, axudarémoste coa devolución da fianza e coa defensa e reclamación dos teus dereitos como arrendatario. 

  • Como funciona o servizo Manitas do seguro de fogar?

    Por ter contratado un seguro de fogar ABANCA poderás solicitar este servizo gratuíto, porque non todos somos uns mañosos. Tes incluída a asistencia ata 2 veces ao ano (3 horas máximo por visita), para montar mobles, colocar cortinas ou instalar lámpadas, entre outras.

DOCUMENTACIÓN