APPlázame:
as túas compras, a prazos

APPlázame é o servizo para aprazar as compras que fagas coa tarxeta de crédito ABANCA, desde o móbil e cun só clic. Manda os Gastos onde menos molesten. Ao instante.

Con APPLázame, o novo servizo de ABANCA para comprar a prazos, podes adiar o pagamento das compras e gastos que fagas coa túa tarxeta de crédito (Visa ou Mastercard), cando queiras, co teu móbil e un único clic.

Só necesitarás entrar na app de ABANCA, e acceder á opción Apraza as túas compras desde o apartado de Tarxetas. Selecciona a compra ou compras que queiras aprazar e elixe a cantos meses desexas aprazar o pagamento: entre 3 e 36 meses… e xa está! Podes facelo con calquera cargo da tarxeta, tanto se é unha compra que fixeches nun establecemento físico como se mercaches por internet.

Mira que doado é pagar con APPlázame

Como funciona APPlázame

Imaxina que estás na tenda de guitarras e queres mercarlle á túa parella ese agasallo que sabes que o/a vai facer feliz (aos veciños non tanto). É unha cantidade grande, e véñenche as dúbidas. Por que non o pagas comodamente, en varios meses, sen preocupacións? Só ti, co teu móbil, sen contarlle a túa vida ao da tenda de guitarras nin chamar o teu banco.

Ou pensa no pagamento do imposto de circulación do coche, que che vén en xaneiro e que te vai pillar a contrapé. Por que non o pagas coa tarxeta e repartes a carga ao longo de varios meses, para que a costa de xaneiro sexa menos costa? Colle o móbil e apprázao agora con APPrázame, o novo servizo de ABANCA. Cun só clic.

Poderás aprazar todas as compras e gastos que superen os 75 €, e leva conta que as cotas resultantes terán que ser maiores de 25 € ao mes. É dicir, se queres adiar unha compra de 140 €, poderás escoller entre póla a tres, catro ou cinco meses (para que che resulten cotas superiores aos 25 €).

Tamén podes agrupar varias compras no mesmo financiamento. Por exemplo, podes sumar o cargo de pasar a ITV e de comprarlle pneumáticos novos ao coche, todo no mesmo cargo, para que ordees as compras con total liberdade. Pero tamén as podes manter separadas e pagalas a prazos distintos, pondo unha compra a 4 meses e outra a 8 meses, sexa cal for, sempre que os importes estean dentro dos límites que che sinalamos.

Este é un exemplo de como podes financiar, por un caso, a compra dunha lavadora por valor de 450 €.

Importe 450 €
Prazo 6 meses
Cota mensual 76,98 €
Total de xuros 11,89 €
TXN / TAE TXN 9% / TAE 9,38%
Total para pagar 461,89 €

É dicir, pagares a lavadora tranquilamente só che custou 11,89 € máis.

Descubre todos os xeitos de levar dunha corda os teus gastos, coa web do programa APPlázame.

E lembra...

  • Podes financiar as compras a prazos, entre 3 e 36 meses.

  • A cantidade de cartos que puedes financiar dependerá dos límites da túa tarxeta de crédito ABANCA.

  • Podes adiar as compras directamente desde a app de ABANCA e dende a banca electrónica, co móbil ou co ordenador. Tamén podes facelo desde as nosas oficinas ou se chamas ao 900 815 515.

  • O tipo de xuro aplicado aos teus prazos é un 9% TXN anual (9,38% TAE).

  • Podreás meter en APPrázame calquera compra que fagas en España ou en calquera parte do mundo..

Doado, e ao momento

Podes APPrazar os teus gastos con calquera tarxeta de crédito ABANCA