Cando se ingresan as prestacións e pensións na miña conta?
Cando se ingresan as prestacións e pensións na miña conta? A data oficial de pago para pensións e o Ingreso Mínimo Vital é o primeiro día hábil do mes seguinte ao que corresponda. Para darche tranquilidade, en ABANCA adiantámonos ao calendario oficial e abonamos o último día laborable do propio mes.
Ademais, ofrecémosche o servizo de 'cobro anticipado':
- Pensións: Adiantámoscha ao día 25
- Ingreso Mínimo Vital: Adiantámoscho ao día 26
- Paro / Desemprego: Ingrésase o día 10 de cada mes
Se o día de 'cobro anticipado' é sábado, domingo ou festivo, o diñeiro estará na túa conta o primeiro ou segundo día hábil posterior. Así, por exemplo, se tes unha pensión con cobro anticipado en ABANCA e o día 25 é sábado, terás o teu ingreso o luns seguinte (se non é festivo).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/cando-se-ingresan-as-prestacions-e-pensions-na-mina-conta/