Como podo rebaixar a cota do empréstito?
Como podo rebaixar a cota do empréstito? Canto máis amplíes a duración do empréstito , menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Aínda que, lembra, iso tamén significa que en total, ao prolongar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais, o prazo de devolución do multicrédito ten un límite máximo de 8 anos (é dicir, 96 meses).
Se queres rebaixar máis a cota mensual, ofrecémosche unha serie de bonificacións que che poden axudar. Por exemplo:
- Se domicilias a túa nómina ou os teus seguros sociais por un mínimo de 600 €, ou se non tes nómina pero fas ingresos mensuais que cheguen a ese mínimo, os xuros do teu empréstito rebaixaranse un 1,50%.
- Se contratas un seguro de vida vencellado ao empréstito polo 100% do saldo, o teu xuro rebaixaráseche un 0,75%.
- E se o que contratas é un seguro de protección de pagamentos vinculado ao empréstito polo 100% do saldo pendente, ou un seguro para o teu fogar ou un seguro para o cocheAbrirase nunha nova ventá., tamén reducirás o xuro outro 0,75%
Estas modificacións aplicaranse tanto ao Préstamo 24hAbrirase nunha nova ventá. como ao Préstamo Auto 24h.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-rebaixar-a-cota-do-emprestito/