Detectei operacións na miña tarxeta que non fixen, que debo facer se sospeito que pode ser unha fraude?
Detectei operacións na miña tarxeta que non fixen, que debo facer se sospeito que pode ser unha fraude? Se sospeitas que se trata dun fraude, o primeiro é apagar a túa tarxeta a través da banca móbil ou banca electrónica. Accede ao apartado de Tarxetas e modifica a opción de 'Tarxeta acesa' pola de 'Tarxeta apagada'.
A continuación, ponte en contacto connosco no teléfono de A Túa Seguridade 900 815 525 (ou no +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro) para informarnos da situación e, se se confirma a sospeita, bloquear a tarxeta e solicitar unha tarxeta nova. Ademais, na mesma chamada poderás iniciar o trámite de reclamación das operacións que non realizases ti.
Lembra que tamén podes solicitar a revisión dos movementos que non recoñezas na túa tarxeta ou cos que non esteas de acordo desde a app. Consulta máis información nesta ligazón.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/detectei-operacions-na-mina-tarxeta-que-non-fixen-que-debo-facer/