Podo solicitar unha tarxeta de débito para o meu fillo menor de 18 anos?
Podo solicitar unha tarxeta de débito para o meu fillo menor de 18 anos? Si, podes solicitar unha tarxeta para o teu fillo ou filla de entre 12 e 18 anos. Presentámosche a tarxeta NX que ten unhas vantaxes importantes sobre todo se vas viaxar. Para poder dar de alta a tarxeta, o menor deberá ser titular dunha conta, onde estará asociada a tarxeta.
Consulta toda a información para solicitar a tarxeta NX. Ten en conta que para solicitala a distancia o titor do menor ten que estar autorizado na conta.
Unha vez que o teu fillo ou filla teña a tarxeta NX, poderás visualizar os seus movementos na conta asociada; como ti tamén es autorizado xa visualizas a conta na túa App de ABANCA.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podo-solicitar-unha-tarxeta-de-debito-para-o-meu-fillo-menor-de-16-anos/