Podo usar a oficina coa miña Conta Xove Sen Nómina de ABANCA?
Podo usar a oficina coa miña Conta Xove Sen Nómina de ABANCA? A Conta Xove de ABANCA está deseñada para un perfil dixital. Se realizas operacións de ingresos ou reintegros por importes inferiores a 600 € ou transferencia en oficina, que están dispoñibles na app ou banca electrónica durante dous meses consecutivos, perderás as vantaxes da comisión de mantemento e administración gratuíta e pasará a ser unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que comezar a pagar. Sembargante, aínda que perdeses as vantaxes da conta, podes acceder ao Programa Servizos ABANCA e seguir sen pagar por estes servizos se cumpres uns requisitos. Podes consultar o Programa na nosa web para revisar os requisitos que deberías cumprir.
Non te preocupes, avisarémosche con antelación se detectamos que isto sucede para que poidas evitar calquera cargo.
Xestiona a túa Conta Xove Sen Nómina de ABANCA desde o móbil e aforra tempo.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podo-usar-a-oficina-coa-mina-conta-xove-sen-nomina-de-abanca/