Que é o CVV dunha tarxeta e cando o preciso?
Que é o CVV dunha tarxeta e cando o preciso? O CVV é un número de 3 díxitos que está impreso no plástico da túa tarxeta. Podes velo no reverso, ao carón do espazo para incluír a sinatura.
O CVV da túa tarxeta precísalo en varias situacións, pero explicámosche aquí as dúas máis habituais:
- Cando che chega a túa nova tarxeta e queres activala na túa App, na túa Banca electrónica ou na Banca telefónica: Nestes casos, vámoste pedir o CVV da túa tarxeta para nos asegurar de que xa tes o teu novo plástico.
- Cando estás a realizar unha operación en internet: Ademais de solicitar a numeración e a data de caducidade, solicitámosche o CVV para verificar que é a tarxeta correcta e que a tes á man; ou ben que dispós desa información no apartado de tarxetas da túa App.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-e-o-cvv-dunha-tarxeta-e-cando-o-preciso/