Que gastos teño que asumir nunha hipoteca e cales asume ABANCA?
Que gastos teño que asumir nunha hipoteca e cales asume ABANCA? Se es un cliente particular e queres mercar unha vivenda, en ABANCA ofrecémosche as hipotecas con diferentes formas de pago para que escollas a que mellor se adapte á túa situación.
Aconsellámoste que realices unha simulaciónSerás redirixido a outro sitio web para obter todos os datos e gastos asociados, tanto os que asumes ti como os que ABANCA asume para os seus clientes.
Nas nosas hipotecas , desde ABANCA asumimos os gastos de formalización da hipoteca que corresponden aos gastos de notaría, rexistro, xestoría e o Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) segundo a normativa de cada comunidade autónoma, sendo por conta do cliente no caso de que dita normativa así o especifique.
E o cliente asume os gastos derivados da compravenda da vivenda relativos a notaría, rexistro, xestoría, imposto correspondente á compravenda (IVE ou ITP), así como os gastos de taxación e nota simple, precisos para solicitar un préstamo con garantía hipotecaria.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-gastos-teno-que-asumir-nunha-hipoteca-e-cales-asume-abanca/