¿Que necesito para abrir unha conta en ABANCA se non resido en España?
¿Que necesito para abrir unha conta en ABANCA se non resido en España? Se desexas abrir unha conta en ABANCA pero non resides en España, é necesario que te poñas en contacto cun dos nosos xestores que te axudarán en todo o que necesites. Para a alta, necesitarás a seguinte documentación:
- Un documento identificativo como o pasaporte, NIF ou un documento oficinal estranxeiro.
- A declaración de residencia fiscal.
- Un certificado fiscal expedido pola facenda do país no que estés residindo.
- Un certificado fiscal de convenio expedido pola facenda do país no que resides.
- O teu domicilio no estranxeiro e en España.
- O teu número de identificación fiscal do país onde resides.
Ademais desta documentación que é obrigatoria, agredecemos que aportes tamén o número de teléfono móbil e fixo do país no que estés residindo e España, así como o mail para poder ofrecerche en todo momento os mellores servizos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-necesito-para-abrir-unha-conta-en-abanca-se-non-resido-en-espana/