Sobre Seguro Saúde
Que beneficios teño se traio o meu seguro de saúde a ABANCA?
Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia nas seguintes coberturas: no seguimento do embarazo na modalidade Esencial e o parto, a cirurxía robótica e a reprodución asistida, nas modalidades de Completo e Reembolso.
Se desexas cambiar de compañía, recoméndase avisar con polo menos 2 meses de antelación. Deste modo, ABANCA poderá xestionar a alta da nova póliza con suficiente tempo e isto permitirache notificar a cancelación da póliza actual dentro do prazo establecido de 1 mes.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#312Que especialidades, probas e tratamentos inclúe a modalidade de Seguro Saúde Esencial?
O seguro de saúde Esencial de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas en réxime ambulatorio de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría) e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Especialidades incluídas:
- Alergoloxía. As vacinas serán por conta do asegurado.
- Anestesioloxía e Reanimación.
- Anxioloxía e Cirurxía Vascular.
- Aparato Dixestivo.
- Cardioloxía.
- Cirurxía Cardiovascular.
- Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo.
- Cirurxía Maxilofacial.
- Cirurxía Pediátrica.
- Cirurxía Plástica e Reparadora.
- Cirurxía Torácica.
- Dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía.
- Endocrinoloxía e Nutrición.
- Xeriatría.
- Hematoloxía e Hemoterapia.
- Medicina Interna.
- Nefroloxía.
- Pneumoloxía.
- Neurocirurxía.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Neuroloxía.
- Obstetricia e Xinecoloxía.
- Medicina preventiva.
- Oftalmoloxía.
- Otorrinolaringoloxía.
- Proctoloxía. Oncoloxía médica.
- Psicoloxía Clínica.
- Psiquiatría.
- Rehabilitación e Fisioterapia.
- Reumatoloxía.
- Tratamento da dor.
- Traumatoloxía.
- Uroloxía.
Probas de diagnóstico:
- Análises clínicas.
- Anatomía Patolóxica e Citopatoloxía.
- Detección precoz da xordeira nos nenos.
- Diagnóstico Cardiolóxico.
- Diagnóstico Xinecolóxico.
- Diagnóstico Obstétrico.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Probas de Pneumoloxía.
- Probas Dixestivas.
- Radiodiagnóstico.
Tratamentos:
- Osixenoterapia.
- Laserterapia.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#162Que vantaxes ofrece o servizo gratuíto Club Saúde do seguro de saúde ABANCA?
O seguro de saúde ABANCA inclúe, en todas as modalidades, acceso aos servizos do Club de saúde.
O Club de saúde dá acceso a unha rede de especialistas relacionados co benestar e a saúde en especialidades que non están incluídas ou están limitadas no teu seguro, con vantaxes exclusivas, a prezos especiais e acceso a unha variedade de tratamentos alternativos.
Algunhas das categorías incluídas son: Acupuntura, Audiófonos, Club Saúde en Forma, Balnearios, Centros de Recoñecemento, Cirurxía Estética, Cirurxía Plástica Ocular, Cirurxía Refractiva Oftalmolóxica Láser, Comida Sa A Domicilio, Concepto Bobath, Conservación Células Nai Cordón, Dermatoscopia Dixital, Dietética, Disfunción Eréctil, Ecografías 5D, Estética, Estudo da Pisada, Fisioterapia, entre outros.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#495Que cobre a asistencia dental básica do seguro de saúde ABANCA?
O seguro de saúde ABANCA inclúe, en todas as modalidades, cobertura dental con prestacións gratuítas, tales como:
- Primeira visita e entrega de orzamento
- Curas
- Fluorizacións
- Limpeza de boca anual
- Tartrectomía
- Puído de dentes
- Tinguidura e índice de placa
- Radiografías odontolóxicas
- Apertura polpar cameral
- Estudo implantolóxico
- Parafuso de cicatrización
- Parafuso de cementación
- Retirar puntos.
Ademais, tamén dá acceso a outras prestacións dentais a prezos especiais, con clínicas dentais en todo o territorio nacional, e acceso ás distintas especialidades odontolóxicas: Odontoloxía Xeral, Odontopediatría, Ortodoncista, Implantoloxía e Periodoncia.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#496Que especialidades, cadro médico, probas e tratamentos inclúe a modalidade de Seguro Saúde Completo?
O seguro de saúde Completo de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría), urxencias e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Especialidades incluídas:
- Alergoloxía.
- Anestesioloxía e Reanimación. Anxioloxía e Cirurxía Vascular.
- Aparato Dixestivo. I
- Cardioloxía.
- Cirurxía Cardiovascular.
- Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo.
- Cirurxía Maxilofacial.
- Cirurxía Pediátrica.
- Cirurxía Plástica e Reparadora.
- Cirurxía Torácica.
- Dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía.
- Endocrinoloxía e Nutrición.
- Hematoloxía e Hemoterapia.
- Medicina Interna.
- Nefroloxía.
- Neonatoloxía.
- Pneumoloxía.
- Neurocirurxía.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Neuroloxía.
- Obstetricia e Xinecoloxía.
- Oncoloxía médica.
- Otorrinolaringoloxía.
- Psicoloxía clínica.
- Psiquiatría.
- Radioterapia.
- Rehabilitación e Fisioterapia.
- Reumatoloxía.
- Tratamento da dor.
- Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.
- Uroloxía.
Probas diagnósticas:
- Análises clínicas.
- Anatomía Patolóxica e Citopatoloxía.
- Dermatoscopia Dixital.
- Detección do ganglio sentinela.
- Detección precoz da xordeira nos nenos.
- Diagnóstico Cardiolóxico.
- Diagnóstico Xinecolóxico.
- Diagnóstico Obstétrico.
- Xenética.
- Medicina Nuclear.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Probas de Pneumoloxía.
- Probas Dixestivas.
- Radiodiagnóstico:
Tratamentos:
- Aerosolterapia-ventiloterapia.
- Osixenoterapia.
- Logofoniatría e foniatría.
- Laserterapia.
- Quimioterapia e oncoloxía radioterápica.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#387Que cobre o seguro de saúde Reembolso?
A modalidade do seguro de Saúde Reembolso de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría), urxencias e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Ademais, esta modalidade dá a opción de acudir a calquera especialista ou centro médico, non incluído no cadro médico, reembolsando ata o 80% da factura, co límite máximo fixado en cada cobertura.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#327Que inclúe a cobertura opcional de Reembolso de especialidades médicas no seguro de saúde de ABANCA?
Esta cobertura opcional está dispoñible para as modalidades seguro de saúde Básico ou Completo. Con esta cobertura, o asegurado terá a posibilidade de acudir a un profesional sanitario fóra do cadro médico, dentro das especialidades médicas incluídas. Reembolsaráselle ata o 50% da factura das consultas médicas e probas diagnósticas realizadas, ata un límite de 100 € por consulta.
As especialidades incluídas son:
- Medicina Xeral
- Enfermaría
- Xinecoloxía e Obstetricia
- Pediatría
- Uroloxía
- Oftalmoloxía
- Dermatoloxía
- Cardioloxía
- Alergoloxía
- Otorrinolaringoloxía
– Traumatoloxía
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#550Que cobre a cobertura opcional de Asistencia dental Máis no seguro de saúde de ABANCA?
A cobertura opcional Asistencia Dental Máis amplía as especialidades e os servizos de cobertura dental gratuítos xa incluídos no seguro de saúde ABANCA, incluíndo adicionalmente as seguintes prestacións gratuítas:- Ortopantomografía
- Telerradiografía Lateral ou frontal de Cranio
- Radiografía de ATM
- Estudo Tomográfico-Unha Arcada
- Estudo Tomográfico-Dúas Arcadas
- Diagnóstico e sondaxe
- Talladura selectiva
- Análise oclusal
- Tests microbiolóxicos /estudos bioquímicos.
Ademais poderás gozar doutras prestacións dentais a prezos especiais.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#559Aclaracións sobre o cuestionario do seguro de Saúde ABANCA
A seguir enumérase unha listaxe de enfermidades/cirurxías que NON son
relevantes para o cuestionario de saúde:- Alerxias
- Operación de apendicite
- Parto ou cesárea
- Operación de ligaduras de trompas
- Operación de fimose
- Vasectomía
- Anxinas, catarros ocasionais (menos de 2 episodios anuais)
- < de 8 dioptrías de miopía, astigmatismo ou hipermetropía
Os fármacos que Non son necesarios indicar cando se realice o cuestionario
son:- Tratamentos para as alerxias
- Tratamentos con anticonceptivos
- Paracetamol/ibuprofeno ocasional
Exemplos de enfermidades hereditarias:
- Enfermidade de Huntington
- Enfermidades neuromusculares como a distrofia miotónica tipo 1 (de
Steinert) ou a distrofia muscular de Duchenne/Becker - Síndrome de Marfan
- Fibrose quística
- Hemofilia
Algúns exemplos de enfermidades conxénitas (presentes desde o nacemento):
- Espiña bífida
- Enfermidades conxénitas do corazón: comunicación interauricular,
comunicación interventrícular, tetraloxía de Fallot - Síndrome de Treacher Collins
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#597Que son os períodos de carencia?
É o intervalo de tempo durante o que aínda non son efectivas algunhas das coberturas incluídas no seguro. Este prazo compútase por meses contados desde a data de entrada en vigor do contrato para cada un dos asegurados incluíos nel.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/operacions-na-banca-electonica/#685