Vantaxes da banca móbil
En un vistazo
Consulta cuánto has gastado en el mes y la variación con el mes anterior
Tus gastos y ahorros
Accede al historial de tus gastos y descubre cuánto ahorras
En el tiempo
Filtra según período de tiempo: mes, seis meses y un año

Movimientos categorizados
Vivienda, ocio, salud… Agrupamos tus gastos según categoría y marca comercial
Crea etiquetas
Identifica os teus movemientos con etiquetas personalizadas
Para que lo entiendas
Y todo explicado de una forma visual e intuitiva
Bizum: envía diñeiro de móbil a móbil, paga online...
Na app de ABANCA tes as funcionalidades de Bizum. Se levas móbil, levas diñeiro!
- Envía e recibe diñeiro de móbil a móbil. Podes facelo a España ou ao estranxeiro en Portugal, Andorra ou Italia.
- Paga as túas compras online con Bizum
- Fai doazóns a ONG e asociacións

Tarxetas virtuais, un medio seguro para mercar por internet
Dáche reparo dar o número da tarxeta cando mercas en internet? Para evitar esta situación desenvolvemos as tarxetas virtuais.
Facilitarémosche os mesmos datos que ten calquera outra tarxeta e que son os que deberás usar cando fagas a compra online: número de tarxeta, data de caducidade e código de seguridade (CVV).

Paga co móbil alá onde vaias
Apraza as compras nun clic
Desde a banca móbil poderás pagar a prazos as compras que realices coa túa tarxeta de crédito, tanto en tendas físicas coma online.
Abre a túa app de ABANCA, selecciona o pagamento que queiras aprazar e elixe o prazo que máis che conveña.

Paga os recibos cunha foto
Coa app de ABANCA poderás pagar os recibos non domiciliados (e tamén as multas) dunha forma moi sinxela. Abre a banca móbil, tíralle unha fotografía ao recibo que queiras pagar ou devolver, e listo! Esquece cubrir formularios e aforra tempo.
Tamén poderás devolver un recibo, dar de baixa as domiciliacións e descargar os xustificantes do pagamento dos recibos.

Asina desde o móbil onde queira que esteas
A app de ABANCA tamén che permite asinar os contratos de moitos produtos financeiros directamente desde o móbil, mesmo se sodes varios titulares. Contas, préstamos, seguros, tarxetas… Pregúntalle ao teu xestor durante a contratación.
Recibirás no móbil unha notificación da app de ABANCA (é importante que teñas as notificacións activadas!) indicando que dispós de documentación para asinar. Así, poderás finalizar a contratación en calquera momento e en calquera parte.
E moito máis!
¿Tes preguntas? Nós respostas
dúbidas
Podes descargar e utilizar a nova app da banca móbil de ABANCA en todos os dispositivos (teléfono móbil ou tableta) con sistema operativo Android que conten coa versión 5.1 ou superior, e nos dispositivos iOS que teñan instalada a versión 13 ou superior.
Se aínda non tes actualizado o software do móbil ou da tableta, recomendámosche que o fagas para que poidas gozar de todas as vantaxes da nosa app. Ademais, é recomendable mantelo actualizado para evitar posibles problemas de seguridade.
Lembra que na tenda de aplicacións do móbil ou da tableta só se amosan as apps que son compatibles.


