Que tipo de proxectos e actuacións sostibles podo financiar a través de ABANCA?
Que tipo de proxectos e actuacións sostibles podo financiar a través de ABANCA? En ABANCA, financiamos unha ampla gama de investimentos sostibles deseñados para mellorar a eficiencia e reducir a pegada de carbono da túa empresa:
- Eficiencia enerxética: Actuacións orientadas ao aforro de enerxía como a rehabilitación de envolventes térmicas (illamento en fachadas, cubertas, cambio de xandaias e selaxe de ocos) e climatización eficiente (como caldeiras de condensación, bombas de calor, aerotermia, xeotermia,...). Moitas destas inversións poden beneficiarse do sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAEs), que permite monetizar o aforro enerxético xerado.
- Mobilidade sostible: Adquisición de vehículos electrificados e puntos de recarga tanto para empresas como Comunidades de Propietarios.
- Enerxías renovables para autoconsumo: Instalacións de xeración mediante paneis solares fotovoltaicos ou aeroxeradores de pequena potencia (minieólica), con ou sen sistemas de almacenamento integrados (baterías).
- Proxectos de enerxías renovables a gran escala: Financiamento de proxectos de xeración de enerxía renovable, incluíndo tecnoloxía solar fotovoltaica (FV), eólica terrestre, biometano, eólica offshore (mariña), baterías, hidróxeno verde, biocombustibles ou calquera outro activo renovable. Ofrecemos solucións adaptadas tanto a nivel corporativo como baixo a modalidade de Project Finance para grandes infraestruturas enerxéticas.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/que-tipo-de-proxectos-e-actuacions-sostibles-podo-financiar-a-traves-de-abanca/