Faite cliente

APPÚNTAME: xestiona e automatiza os recibos e subscricións dos teus clientes

É a solución en liña pensada para todas aquelas persoas que xestionan calquera tipo de cobro fixo periódico: cotas, domiciliacións, subscricións…

APPÚNTAME: A ferramenta de subscrición e cobro dos teus servizos

  • Simplifica a creación de recibos.
  • Facilita a subscrición para os teus clientes, daranse de alta eles sós, coa súa conta bancaria ou tarxeta.
  • Estarás informado en tempo real do seu estado.
  • 100% seguro: cumpre todos os requirimentos legais e normativos.
  • Para cobros nacionais e internacionais.
  • Reduce o tempo que empregas creando as túas remesas de recibos.
  • Recibe notificacións do estado dos teus cobros en cotas periódicas.

Como funciona: área privada, área pública e integración

APPÚNTAME ten dous niveis. Por unha banda está a área privada, que xestionas ti, o emisor das cotas, e que é onde se crean os plans de cobro.

Unha vez xeres cada plan de cobros, poderás engadir directamente aos teus clientes ou subscritores ou, tamén, utilizar a ligazón á web que crea APPÚNTAME e poderás enviárllela directamente aos teus clientes ou incorporala á páxina web da túa empresa.

É nesa vista ou área pública do teu servizo ou plan de cobros onde os teus clientes ou usuarios poderán apuntarse de forma sinxela, cubrindo os datos necesarios para autorizar o pago. Poden facelo incluso a través da súa tarxeta. Para iso só necesitarás dar de alta o TPV Virtual de ABANCA.

Sexa cal sexa o teu negocio, se cobras cotas ou subscricións esta ferramenta é para ti

Para cobrar a subscrición ao teu servizo, as cotas dun ximnasio, unha academia ou unhas clases de surf ou pádel; xestionar os recibos dunha comunidade de veciños, un coworking, un colexio ou unha gardaría; as cotas dunha ONG, asociación ou colexio profesional; ou mesmo se es un particular e tes prazas de garaxe ou pisos alugados. Sexa cal sexa a factura que teñas que emitir, ¡con APPÚNTAME será moito máis sinxelo!

Como podes contratar Appúntame?

Se queres gozar deste servizo e xa es cliente de ABANCA, só necesitas activalo na túa banca electrónica de empresas e comezar a emitir os teus adebedos con este novo sistema. Accede ao apartado Ficheiros > APPÚNTAME > Acceder a APPÚNTAME.

Se non tes claves, pídasas na túa oficina de ABANCA.

Durante os 3 primeiros meses podes usar APPÚNTAME sen custo e poderás deixar o servizo cando queiras.
Despois do período de proba, esta ferramenta pasará a ter un pequeno custo. Nos cobros de adeudos contra conta cobrarémosche 0,10 € por recibo ademais da túa tarifa de sempre. Nos cobros con tarxeta aplicarase a tarifa do TPV Virtual.
Se o que queres é que o teu cliente se subscriba a través da súa tarxeta, só necesitarás o noso TPV Virtual.
E se tes dúbidas ou queres que cho expliquemos en persoa, podes solicitar unha cita na oficina que queiras ou chamarnos ao 981 910 537.

Novidades da última actualización de APPÚNTAME

  • Melloramos a web de APPÚNTAME e o acceso ás distintas funcionalidades.
  • Os clientes poderán deixarche os seus datos para que poidas poñerte en contacto con eles.
  • Dar de alta plans é agora máis sinxelo. Podes ver plans de exemplo que che axudarán a crear un novo plan.
  • Modifica os plans unha vez creados e actualiza os datos sen necesidade de dar de alta un plan novo.
  • Activa plans gratuítos para ofrecer servizos sen custo aos teus clientes.
  • Exporta en Excel o histórico de operacións.
  • Revisa as subscricións incompletas para coñecer os intentos fallidos de alta en cada plan.
  • Incluímos a opción de cobros presenciais para que poidas incorporar subscricións de forma manual.