• ico-cualquier-tpv-plazox

    Desde tu TPV

    Os clientes que paguen con tarxeta de crédito poderán decidir se queren fraccionar as súas compras con plazox, desde o teu TPV e sexan do banco que sexan!

  • ico-instantaneo-plazox

    Instantáneo

    Financiamento instantáneo, sen papeleos nin trámites. E sen coste nin risco para o teu comercio!

  • ico-fraccionar-compras-plazox

    Ata 12 meses

    Os teus clientes poderán fraccionar as súas compras a 3, 6, 9 e 12 meses.

Facilita o pago a prazos aos teus clientes e aumentarán as túas ventas!

Ata o de agora podías financiar as compras con tarxeta ABANCA desde o teu TPV pero a partir de agora poderás facelo con tarxetas de crédito de calquera banco español! O teu TPV ABANCA ten instalado o servizo plazox, unha ferramenta coa que fraccionar o pago dos teus clientes sen asumir ningún risco para o teu negocio e tampouco ningún custo. Cada cliente asumirá o custo en función das condicións que teña coa entidade emisora da súa tarxeta.

Nunca foi tan sinxelo, rápido e económico facilitar o financiamento aos clientes que paguen con tarxetas de crédito, sen papeladas nin intermediarios!

O mellor? plazox está dispoñible 24 horas ao día, os 7 días da semana. E sen que teñas que facer nada! Este servizo de pagos fraccionados, plazox, xa está habilidado no teu TPV e só se ofrecerá aos clientes que teñan unha tarxeta de crédito con este servizo previamente activado pola entidade emisora da súa tarxeta. Eles poderán decidir cando e como fraccionar as súas compras.

A través do servizo plazox pódese fraccionar calquera compra superior a 60 € ou a 100€ (depende do sector de actividade do teu comercio, máis abaixo contámosche os detalles, aínda que, como comercio, podes subir ese importe mínimo ata 500€ en función das necesidades do teu negocio (e ofrecer o financiamento con plazox por exemplo para compras superiores a 250€, ou a 200€…) A túa facturación non estará afectada, xa que cobrarás o importe total da venda da mesma forma que o resto das túas vendas con tarxeta.

Os teus clientes, pola súa banda, poden elixir como fraccionar as súas compras en prazos de 3, 6, 9 ou 12 meses, sempre que o importe de cada cota mensual sexa de polo menos 20 euros, e coas condicións convidas no contrato da súa tarxeta de crédito coa entidade emisora. E lembra, ti non terás que asumir ningún custo nin risco adicional.

Estes son os pasos que seguirán os teus clientes, nada máis!

  • captacion-prestamo-1

    Paga

    Ao realizar o pago coa súa tarxeta de crédito e tras teclear o pin, os clientes poderán elixir pagar o importe total ou fraccionar o pago.

  • captacion-prestamo-2

    Apraza

    Se o teu cliente decide fraccionar o pago, poderá escoller no tpv a opción de pagar en 3, 6, 9 ou 12 meses.

  • captacion-prestamo-3

    Confirmar

    Para finalizar, só terán que confirmar a operación. Así de fácil, sen papelames!

Se aínda che quedan dúbidas... Sigue lendo!

  • Que teñen que facer os teus clientes para fraccionar as súas compras?

    Os clientes só terán que iniciar o pago coa súa tarxeta de crédito persoal activada polo seu banco para este servizo, teclear o PIN e seguir as indicacións do TPV. Se a súa tarxeta ten activado o servizo plazox mostraránselle as opcións de fraccionamento e poderá decidir no momento se desexa fraccionar ou non e en cantos prazos.

  • Que tes que facer para habilitar o servizo plazox?

    Non tes que facer nada. O servizo de pago aprazado xa está habilitado no tpv. Os clientes que teñan unha tarxeta co servizo plazox habilitado polo seu banco, xa poden fraccionar os seus pagos se o desexan.

  • O cliente ten que facer algún trámite ou esperar algunha aprobación?

    O cliente non ten que encher cuestionarios, nin esperar ningunha aprobación adicional. Soamente ten que dar o seu consentimento seguindo as indicacións do tpv.

Máis información

O importe mínimo que se pode faccionar con plazox variará en función do sector de actividade do teu negocio:

  • Importe mínimo de 60 € para axencias de viaxes, hoteis, transporte de viaxeiros, xoierías, alugueiro de vehículos, lecer e espectáculos, venda por correo/teléfono e comercio minorista.
  • Importe mínimo de 100€ para alimentación e supermercados, gasolineiras, farmacias, droguerías e restaurantes.

Ademais, están excluídos deste servizo establecementos cuxa actividade sexa: casinos, caridade, masaxes e saunas, recargas de telefonía, sectores de baixo importe, terminais non atendidos e autoestradas.

Para saber máis...

dúbidas