Financia o teu coche
En que condicións?
E para min?
Canto tarda?
Que é o mellor?
Financia o teu coche ecolóxico, respondemos en 24 horas
Se ademais de estar a buscar un coche novo, estás concienciado con preservar o medio ambiente, temos algo para ti. O Préstamo Coche Ecolóxico 24h é unha forma fácil e rápida de conseguir financiamento para o teu novo vehículo ecológico nunhas condicións moi interesantes.
As condicións vantaxosas deste produto son a nosa forma de premiar ás persoas coma ti que apostan por un coche máis sostible en favor do medio ambiente e do futuro do noso planeta.
Consigue ahora o teu empréstito persoal bonificable, que che permite pedir de 6000 a 60.000€ e sen ningún custo adicional de formalización da operación.
Reduce o tipo de xuro do teu préstamo coche ecolóxico
O tipo de xuro deste Préstamo Coche Ecolóxico 24h, sen ningunha bonificación, é TXN 8,60%, TAE desde 9,42% (TAE máxima 13,03%). Mostrámosche como sería a túa cota e os xuros no exemplo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar até un 3% esta tarifa até un TXN 5,60%, TAE desde 9,60% (TAE máxima 19,21%) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obligatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos polo teu préstamo:
Se domicilias a nómina
Se contratas un seguro de vida
Seguro de protección de pagamentos
Tarxeta de crédito VISA Tú
Que consideramos vehículo ecolóxico?
Para gozar desta tarifa, o vehículo que vaias adquirir deberá…
- Ser eléctrico, híbrido enchufable, con pila autorrecargable…
- Ter un nivel de emisións inferior a 50 g CO2/km.
- Ser de categoría M1: vehículos para o transporte de persoas que contan con nove prazas, incluída a do condutor, conforme se define no artigo 4, apartado 1, letra a), inciso i) do Regulamento (UE) 2018/858.
Poderás consultar a categoría do vehículo na casa J da ficha técnica do mesmo.
Que che fai falla? Pasos e condicións
Cubre o noso formulario online
Porémonos en contacto contigo
Asina o empréstito
Ademais, recorda que polas características deste produto, só poderás contratalo e ter a bonificación no tipo de xuro ata que ti ou calquera titular interveniente cumprades 59 anos. Neste caso, consulta outras opcións na túa oficina
E lembra tamén que estas condicións son válidas só se tramitas o teu empréstito a través desta web.
Bota contas
Exemplos para financiar un coche ecolóxico
Os bancos debemos darche un exemplo coa tarifa máis cara e máis barata cando che falamos dun préstamo, para que así poidas comparar as diferentes ofertas de forma transparente.
Para calcular os exemplos do Préstamo Coche Ecolóxico 24h sen bonificación, supuxemos que todos os meses teñen o mesmo número de días, que a data de formalización é o 1 de xaneiro (empezarías a pagar en febreiro) e que manterás para toda a vida do préstamo: unha conta asociada ao préstamo cunha comisión trimestral de mantemento de 31€, que se cobra en marzo, xuño, setembro e decembro (asígnase a abril, xullo, outubro e xaneiro a efectos de cálculo); e unha tarxeta de crédito VISA Tú que debes contratar co teu préstamo persoal, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, cunha comisión de emisión e mantemento de 43 euros ao ano, que será gratuíta o primeiro ano.
En cambio, para calcular os exemplos do Coche Ecolóxico 24h con bonificación, tivemos en conta os supostos mencionados no caso anterior e, a maiores, que tes a túa nómina domiciliada connosco por un valor mínimo de 600€, un seguro de vida e un seguro de protección de pagos vinculados ao préstamo de prima única, cuxo custo che mostramos a continuación. O custo destes seguros foi calculado para unha persoa de 30 anos.
Importe | Prazo | TXN | TAE | Cota mensual | Última cota | Importe total debido | Custo total do financiamento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Préstamo para o teu coche sen bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
6000 € | 1 ano (12 cotas) | 8,60% | 13,03% | 523,60€ | 523,56€ | 6.407,16€ | 407,16€ (1) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
12.000 € | 4 anos (48 cotas) | 8,60% | 11,41% | 296,35€ | 296,15€ | 14.849,60€ | 2.849,60€ (2) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
60.000 € | 8 anos (96 cotas) | 8,60% | 9,42% | 866,61€ | 866,88€ | 84.487,83€ | 24.487,83€ (3) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Préstamo para o teu coche con bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
6000 € | 1 ano (12 cotas) | 5,60% | 19,21% | 515,30€ | 515,27€ | 6.564,85€ | 564,85€ (4) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
12.000 € | 4 anos (48 cotas) | 5,60% | 15,48% | 279,62€ | 279,86€ | 15.435,06€ | 3.435,06€ (5) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
60.000 € | 8 anos (96 cotas) | 5,60% | 9,60% | 776,85€ | 777,04€ | 82.311,88€ | 22.311,88€ (6) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro primer día de mes, e poderá variar desde o 9,42% ata o 19,21% en función do importe, o prazo, o tipo de xuro e a data de formalización. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Que gastos e comisións inclúe este préstamo? (1) Nestes 407,16€ inclúense todos os gastos incorridos: 283,16€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada. (2) Nestes 2.849,60€ inclúense todos os gastos incorridos:2.224,60€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú. (3) Nestes 24.487,83€ inclúense todos os gastos incorridos:23.194,83€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú. (4) Nestes 564,85€ inclúense todos os gastos incorridos: 183,57€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 54,79€ de prima do seguro de vida, e 202,49€ de prima do seguro de protección de pagos. (5) Nestes 3.435,06€ inclúense todos os gastos incorridos: 1.422€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú, 630€ de prima do seguro de vida, e 758,06€ de prima do seguro de protección de pagos. (6) Nestes 22.311,88€ inclúense todos os gastos incorridos: 14.577,79€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú; 1853,08€ de prima do seguro de vida, e 4588,01€ de prima do seguro de protección de pagos. |
Un seguro para o teu coche e para ti
Se te vas a comprar un coche, necesitas un seguro! Co noso Seguro de coche Copiloto poderás personalizar as coberturas que mellor se adapten a ti. Se tes familia, mascota, se viaxas moito ou pouco… Temos un seguro de coche como ti o farías.

Adiantámosche a axuda do Plan Moves III
Se vas beneficiarte do Plan Moves IIISerás redirixido a outro sitio web á hora de comprar o teu vehículo ecolóxico, adiantámosche ata o 100% do importe desa axuda para que non teñas que esperar. Consulta os vehículos incluídos no PlanSerás redirixido a outro sitio web

Información sobre o seguro de vida e o seguro de protección de pagos.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.
Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:
- a túa última nómina
- o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
- a túa última declaración da renda (IRPF)
- os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.
Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:
- o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
- un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG