Información adicional sobre consentimentos
INFORMACIÓN SOBRE O TRATAMENTO DOS TEUS DATOS E OS CONSENTIMENTOS QUE SE CHE SOLICITAN NO PROCESO DE ALTA COMO CLIENTE DE ABANCA SEGUROS XERAIS
Co motivo da túa solicitude de alta como cliente, e durante dito proceso, solicitarémosche o teu consentimento para determinados tratamentos dos teus datos, sendo ABANCA XERAIS DE SEGUROS E REASEGUROS S.A. (en diante, "ABANCA Seguros Xerais" ou "a Entidade") a responsable do tratamento.
A nosa intención nesta comunicación é informarte de forma detallada sobre as implicacións e alcance de tales consentimentos, para que poidas expresar a túa aceptación ou rexeitamento dos mesmos de forma totalmente libre e informada. Así mesmo, tamén che informaremos nesta comunicación sobre o exercicio dos teus dereitos en materia de protección de datos e sobre onde poderás atopar o réxime completo relativo ao tratamento dos teus datos por ABANCA Seguros Xerais.
Por iso, a continuación trasladamos as indicadas informacións:
1. CONSENTIMENTOS QUE CHE SOLICITAMOS NA ALTA COMO CLIENTE:
¿Aceptas información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das empresas do Grupo Económico de ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A. 1 (en diante, "ABANCA") e de colaboradores?
Se aceptas, trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil – SMS ou mensaxes push – correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axustada ao teu perfil comercial (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos das empresas do Grupo Económico de ABANCA, así como de terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Xerais.
Os sectores de actividade das empresas do Grupo Económico de ABANCA comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
Os terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Xerais son empresas coas que ABANCA Seguros Xerais mantén acordos de colaboración comercial e que ofrecen produtos ou servizos financeiros, de seguros, de lecer, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas ou servizos e produtos de consumo persoal.
¿Aceptas a cesión dos teus datos ás empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan axilizar os seus procesos de contratación contigo?
Se aceptas, compartiremos os teus datos persoais con empresas do Grupo Económico de ABANCA co fin de facilitar e axilizar a análise (incluído o do risco obxecto de aseguramento no caso de operacións de seguro ou o risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.
¿Aceptas a cesión dos teus datos ás empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos?
Se aceptas, compartiremos os teus datos persoais coas empresas do Grupo Económico de ABANCA para que tales empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, se é o caso, o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecércha, información publicitaria axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditas Empresas faranche chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
¿Aceptas a elaboración do teu perfil comercial en base a fontes externas?
Se aceptas, enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (é dicir, a información que fose facilitada por ti ou xerada en ABANCA Seguros Xerais co motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases connosco), con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos (como, p.ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil, o Instituto Nacional de Estatística e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p.ex., listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas); as empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizases que nos cedan os teus datos persoais para a elaboración pola nosa parte do teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros; ferramentas e bases de datos de xeomárketing; datos de navegación en páxinas web ou aplicacións de terceiros, no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes; así como os ficheiros comúns do sector de seguros (p.ex., ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais).
Todo isto co propósito de elaborar respecto de ti un perfil comercial máis completo e con máis profundidade que os elaborados con fontes internas, o que nos permitirá personalizar de xeito máis certeiro as ofertas que che dirixamos en relación cos nosos produtos e servizos.
¿Aceptas o tratamento dos teus datos unha vez finalizada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude?
Se aceptas, conservaremos os teus datos unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para poder xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.
¿Aceptas o tratamento dos teus datos unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA Seguros Xerais?
Se aceptas, conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push– correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información publicitaria axustada ao teu perfil comercial (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos propios de ABANCA Seguros Xerais.
¿Aceptas o tratamento dos teus datos unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores?
Se aceptas, conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push– correo electrónico, redes sociais ou as nosas apps), información axustada ao teu perfil comercial e de risco en materia de seguros (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos das empresas do Grupo Económico de ABANCA e dos terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Xerais.
2. EXERCICIO DE DEREITOS E INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O RÉXIME DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS POR ABANCA SEGUROS XERAIS
Informámoste de que, en calquera momento, poderás revogar os consentimentos que, se é o caso, nos outorgases no proceso de alta como cliente, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, dirixíndote ao noso Delegado de Protección de datos a través de correo postal dirixido a Avda. Linares Rivas, 30, 3º, 15005, A Coruña, ou ao enderezo de correo electrónico dpo.abancagenerales@abancaseguros.com..
Finalmente, informámoste de que podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na Política de Privacidade accesible na páxina web www.abanca.com., dentro do apartado "Aspectos legais e seguridade", situado na parte inferior de dita páxina web https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-abanca-seguros/.
1 Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA na dirección https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-abanca-seguros/.