Información básica sobre protección de datos persoais
1. Quen é o responsable do tratamento?
ABANCA Corporación Bancaria, S.A. ("ABANCA" ou a "ENTIDADE"), con NIF: A-70302039.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
2.1. Fontes das que proceden os teus datos:
Os teus datos persoais tratados por ABANCA poden proceder de ti mesmo, ser xerados en ABANCA, ou ter a súa orixe en fontes externas: i) Datos facilitados por ti; ii) Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais que teñas con ABANCA; iii) Empresas do Grupo Económico de ABANCA; iv) Entidades de crédito españolas ou con sucursal en España; v) Fontes accesibles ao público (p.ex., censo promocional, diarios e boletíns oficiais ou redes sociais abertas); vi) Organismos da Administración Pública (p.ex., Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Axencia Estatal de Administración Tributaria); vii) Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex., BADEXCUG ou ASNEF); viii) Ficheiros comúns de protección de identidade e prevención da fraude (p.ex., o ficheiro "CONFIRMA" ou o ficheiro "IBERPAY"); ix) Provedores de servizos de pago; x) Central de Información de Riscos do Banco de España –CIRBE– (ABANCA poderá consultar e tratar, se é o caso, os datos que poidan figurar rexistrados na CIRBE, aos efectos da concesión e a xestión das operacións de crédito que solicites, incluíndo a avaliación, valoración e seguimento do risco de crédito destas operacións mediante técnicas de scoring e análise experta, así como para asegurar o efectivo cumprimento da normativa sobre concentración de riscos e calquera outra que, no ámbito da supervisión cautelar das entidades de crédito, lle resulte de aplicación a ABANCA); xi) Entidades taxadoras e xestoras; e xii) Rexistros Públicos (p.ex., Rexistro da Propiedade ou Rexistro Mercantil).
2.2. Categorías de datos persoais:
Os datos que tratamos corresponden ás seguintes categorías: i) Datos identificativos e de contacto; ii) Datos referidos á túa voz e imaxe; iii) Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; iv) Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; v) Datos sociodemográficos; vi) Datos académicos e profesionais; vii) Datos de emprego; viii) Datos da actividade comercial; ix) Datos económicos e de solvencia patrimonial; x) Datos financeiros; xi) Datos transaccionais; xii) Datos de seguros; xiii) Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais; xiv) Categorías especiais de datos; xv) Datos de situación xeográfica; xvi) Datos de navegación e comportamento online/app; xvii) Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais.
3. Para que tratamos os datos persoais e baixo que lexitimación?
Seguidamente, informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, coa especificación das respectivas bases xurídicas que os lexitiman e as finalidades de cada un deles:
3.1. Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA.
Co obxectivo de executar as relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA e, polo tanto, para poder prestarte os servizos e proporcionarte os produtos que sexan obxecto desas relacións, levaremos a cabo os seguintes tratamentos: i) trataremos os teus datos para a formalización, mantemento e cumprimento das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA, o que comprende: recibir, analizar e avaliar as solicitudes de información ou de contratación que realizases sobre os nosos produtos ou servizos; contactar contigo con ocasión de calquera incidencia que puidese impedir a finalización da contratación e permitirche retomala; proceder, se é o caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato; manter, desenvolver e controlar as túas relacións con ABANCA; enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados; permitir o acceso aos diferentes canais de banca a distancia que poñemos á túa disposición (p.ex., Banca Electrónica, Banca Móbil e Banca Telefónica); previa información, gravar as conversas telefónicas que manteñas connosco; analizar e xestionar situacións de impagos que poidan producirse; xestionar e dar resposta ás reclamacións que, se é o caso, presentes; xestionar a aplicación de bonificacións, descontos ou calquera outras condicións promocionais, así como a entrega de premios e/ou agasallos promocionais que, se é o caso, estivesen asociados ou fosen de aplicación á relación contractual establecida con ABANCA; e/ou permitir a verificación da titularidade da túa conta a solicitude dun terceiro co que iniciases unha relación contractual que implique algún pago mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta; ii) no caso de que nos solicites ou manteñas connosco un produto que implique financiamento ou pago aprazado de cotas, trataremos os teus datos para a análise da túa solvencia e capacidade de devolución do financiamento correspondente (o que comprende recoller e rexistrar os datos e documentación necesaria para levar a cabo dita análise; efectuar a análise indicada mediante a aplicación de técnicas de "scoring" e regras de análise experta, tanto no momento en que nos solicites o produto de financiamento como, no caso de contratación do mesmo, durante a vixencia do contrato correspondente; consultar datos relativos aos riscos que, se é o caso, figuren ao teu nome na Central de Información de Riscos do Banco de España -CIRBE-, así como os datos relativos ao incumprimento por parte túa de obrigas monetarias, financeiras ou de crédito que, se é o caso, figuren en sistemas comúns de información crediticia, como, por exemplo, os ficheiros ASNEF e BADEXCUG); e iii) se é o caso, obter os teus datos de contacto actualizados para xestionar situacións de impago cando nos resulte imposible contactar contigo a través da información que nos facilitases con motivo da formalización das relacións contractuais.
3.2. Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais.
Para cumprir coas obrigas legais que nos resulten aplicables en cada caso, podemos tratar os teus datos para: i) a prevención do branqueo de capitais e a financiación do terrorismo; ii) a declaración á CIRBE dos riscos de crédito que contraigas con ABANCA; iii) a comunicación de información sobre a túa residencia fiscal e as túas contas á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a outras administracións tributarias competentes; e iv) o cumprimento das disposicións impostas pola normativa MiFID (Directiva de Mercados de Instrumentos Financeiros).
3.3. Tratamentos realizados por interese lexítimo de ABANCA.
Tratamos os teus datos persoais en base á satisfacción dos intereses lexítimos perseguidos por ABANCA, e na medida en que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais, para as seguintes finalidades: i) compartir os teus datos con ABANCA Servizos Financeiros, E.F.C., S.A. (empresa pertencente ao noso Grupo Económico dedicada ao crédito ao consumo) sempre que nos solicites un produto que implique financiamento ou pago aprazado de cotas, para asegurarnos de que o produto solicitado é axeitado á túa capacidade de endebedamento; ii) detectar e previr a fraude na contratación e durante a provisión ou execución dos nosos produtos e servizos que poida derivar nun prexuízo para ti, para terceiros e/ou para ABANCA; iii) elaborar, facendo uso exclusivamente de datos procedentes das nosas fontes internas, perfís comerciais (o que nos permite analizar e predicir as túas preferencias persoais, situación económica, intereses, localización xeográfica e comportamento) e perfís de risco crediticio con fins comerciais (o que nos permite avaliar a túa solvencia e capacidade crediticia para asignarche un límite máximo de financiamento), para poder ofrecerche información publicitaria axustada a ditos perfís sobre os nosos produtos e servizos similares aos que teñas contratados; iv) ofrecerche información publicitaria, mesmo a través de medios de comunicación electrónica, sobre produtos e servizos similares aos contratados. En calquera momento, poderás exercer o teu dereito de oposición ao envío de dita información publicitaria, así como ao tratamento dos teus datos para a elaboración dos perfís mencionados no precedente apartado iii), dirixíndote ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA a través dos canais referidos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web (www.abanca.com), dentro do apartado de "Aspectos legais e de seguridade", situado na parte inferior de dita páxina web; v) comunicar os teus datos relacionados con operacións de crédito, préstamo ou outras que impliquen financiamento ou pago aprazado a Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex., ASNEF e BADEXCUG), sempre que se cumpran os requisitos establecidos legalmente; vi) comunicar os teus datos a terceiros (investidores) en procesos de venda dos dereitos de crédito derivados dos contratos de risco que manteñas connosco; vii) enviar enquisas para avaliar o teu nivel de satisfacción e a calidade do produto ou servizo que contratases; e viii) analizar os datos para a mellora dos nosos procesos internos e/ou a mellora dos nosos produtos e servizos.
3.4. Tratamentos realizados co teu consentimento.
Exclusivamente no caso de ter solicitado e obtido o teu previo consentimento a tal efecto, poderemos realizar os seguintes tratamentos dos teus datos persoais:
3.4.1. Ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores. Trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil -SMS ou mensaxes push-, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información axustada aos teus perfís comercial e de risco crediticio (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA, así como de terceiros colaboradores de ABANCA (empresas mercantís e/ou entidades sen ánimo de lucro coas que ABANCA mantén acordos de colaboración).
3.4.2. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo. Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA co fin de facilitar e axilizar a análise (incluída a do risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.
3.4.3. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo. Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA (empresas mercantís e/ou entidades sen ánimo de lucro coas que ABANCA mantén acordos de colaboración) co fin de facilitar e axilizar a análise (incluída a do risco de crédito no caso de operacións de financiamento) e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases ao correspondente colaborador de ABANCA destinatario dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas co correspondente colaborador de ABANCA destinatario dos datos.
3.4.4. Ceder os teus datos a outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos. Compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Económico de ABANCA para que tales empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecércha, información publicitaria axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que ofrezan ou comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditas empresas farán chegar directamente e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
3.4.5. Ceder os teus datos a colaboradores de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos. Compartiremos os teus datos persoais con colaboradores de ABANCA (empresas mercantís e/ou entidades sen ánimo de lucro coas que ABANCA mantén acordos de colaboración) para que elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco crediticio e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecércha, información axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que ofrezan ou comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditos colaboradores farán chegar directamente e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
3.4.6. Elaboración do teu perfil comercial e do teu perfil de risco crediticio con fins comerciais facendo uso de fontes externas. Enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (é dicir, a información que fose facilitada por ti ou xerada en ABANCA con motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases con ABANCA), con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos (como, p.ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p.ex., listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas); as empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizases que nos cedan os teus datos persoais para a elaboración pola nosa parte do teu perfil comercial e do teu perfil de risco crediticio; ferramentas e bases de datos de geomarketing; datos de navegación en páxinas web ou aplicacións de terceiros, no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes; así como os ficheiros de solvencia patrimonial e crédito (p.ex., BADEXCUG e ASNEF) e a Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE). Todo isto co propósito de elaborar respecto de ti un perfil comercial e un perfil de risco crediticio con fins comerciais máis completos e con máis profundidade que os elaborados con fontes internas, o que nos permitirá personalizar de xeito máis certeiro as ofertas que che dirixamos en relación cos nosos produtos e servizos.
3.4.7. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.
3.4.8. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información publicitaria axustada aos teus perfís comercial e de riscos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre produtos e servizos propios de ABANCA.
3.4.9. Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou os nosos servizos de banca a distancia), información axustada aos teus perfís comercial e de risco crediticio (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA e dos terceiros colaboradores de ABANCA (empresas mercantís e/ou entidades sen ánimo de lucro coas que ABANCA mantén acordos de colaboración).
4. Con quen compartimos os teus datos?
O tratamento, para dar cumprimento ás finalidades anteriormente detalladas en función da base xurídica lexitimadora especificada para cada finalidade, pode implicar que os teus datos persoais sexan comunicados a terceiros, tales como: i) Notarios ou fedatarios públicos; ii) Empresas taxadoras; iii) Rexistros públicos; iv) Ás compañías aseguradoras ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A. e ABANCA Xerais de Seguros e Reaseguros, S.A., así como ao resto de compañías aseguradoras coas que traballamos; v) A Organismos Públicos de Crédito Oficial; vi) A Sociedades de Garantía Recíproca; vii) Ás correspondentes entidades xestoras ou comercializadoras de Institucións de Investimento Colectivo (ICC); viii) Ás correspondentes entidades xestoras e depositarias de plans de pensións e a Entidades de Previsión Social Voluntaria (EPSV); ix) A outras institucións financeiras; x) A Provedores de servizos de pago; xi) A terceiros (investidores) en procesos de venda dos dereitos de crédito derivados dos contratos de risco que manteñas connosco; xii) Ás entidades que xestionan os sistemas comúns de información crediticia (p.ex., ASNEF e BADEXCUG); xiii) Aos ficheiros comúns de protección de identidade e prevención da fraude (p.ex. CONFIRMA e Iberpay); xiv) Ao solicitante dunha verificación de titularidade da túa conta co que iniciases unha relación contractual que implique algún pago por parte túa mediante domiciliación ou cargo en conta; xv) Ás Empresas do Grupo Económico de ABANCA e aos seus colaboradores; xvi) A provedores de servizos; xvii) Á Central de Información de Riscos do Banco de España –CIRBE– (ABANCA ten a obriga de efectuar á CIRBE, nos termos previstos pola lexislación vixente, declaración dos datos sobre os riscos de crédito que o Cliente contraia coa ENTIDADE, e, no caso de ter o Cliente a condición de empresario individual e ter contraído a titularidade dos mencionados riscos no exercicio da súa actividade empresarial, ABANCA deberá facer constar dita condición na declaración referida); xviii) Ao Ficheiro de Titularidades Financeiras da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa; xix) Ás autoridades de supervisión nacionais e da Unión Europea (como, por exemplo, o Banco de España, o Banco Central Europeo, a Autoridade Bancaria Europea e a Comisión Nacional do Mercado de Valores); xx) Ao Servizo Executivo da Comisión de Prevención de Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias ("SEPBLAC") e ás demais autoridades competentes en materia de prevención do branqueo de capitais e da financiación do terrorismo; xxi) Á Axencia Estatal de Administración Tributaria e a outras administracións tributarias competentes; xxii) A avogados e procuradores; xxiii) A Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; e xxiv) A Xuíces e Tribunais.
En relación cos ficheiros comúns de prevención da fraude, poderás consultar a información referida ás entidades participantes, ao período de conservación dos teus datos en ditos ficheiros e á forma de exercitar os teus dereitos ante os mesmos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web www.abanca.com., dentro do apartado de "Aspectos legais e de seguridade", situado na parte inferior de dita páxina web.
Así mesmo, informámoste de que determinadas sociedades que prestan servizos a ABANCA están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
5. Cales son os Dereitos que che asisten?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos teus datos persoais, así como revogar os consentimentos previamente outorgados, dirixíndote ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA a través dos canais referidos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web www.abanca.com., dentro do apartado de "Aspectos legais e de seguridade", situado na parte inferior de dita páxina web.
6. Onde podes consultar a información detallada de Protección de Datos?
Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na política de privacidade accesible na nosa páxina web www.abanca.com., dentro do apartado de "Aspectos legais e de seguridade", situado na parte inferior de dita páxina web https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-clientes/informacion-adicional. Na Política de privacidade tamén se detallan, respecto de cada tratamento que ABANCA leve a cabo, as concretas categorías de datos utilizados en cada un deses tratamentos, e inclúese a explicación da lóxica aplicada aos perfilados que poderán realizarse utilizando os teus datos persoais en función da correspondente base lexitimadora.