Política de privacidade
POLÍTICA DE PRIVACIDADE DIBUJARSONRISAS.ABANCA.COM
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, "ABANCA" ou a "Entidade"), provista de NIF A70302039 e con domicilio social en Betanzos (A Coruña), na Rúa Cantón Claudino Pita nº 2, C.P. 15300.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos, formalmente designado conforme ao establecido na normativa aplicable, co que podes poñerte en contacto por escrito, se o necesitas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na presente Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
ABANCA tratará os datos que nos facilites de forma directa ao cubrir e enviar o formulario web que figura no site, así como aqueles datos que, se é o caso, poidan xerarse con ocasión da súa xestión. Así mesmo, ABANCA poderá tratar os teus datos persoais de natureza financeira dos que dispoña con motivo das relacións contractuais e/ou precontractuais que, se é o caso, estableceses ou establezas con ABANCA (p.ex., o número de conta na que se cargará o importe da túa doazón).
Os datos persoais que solicitamos a través do formulario web referido no parágrafo anterior son os estritamente necesarios para cumprir coas finalidades que che indicamos no apartado 3 ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?") da presente Política de Privacidade e pertencen ás seguintes categorías:
(i) Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e DNI/NIF; e
(ii) Datos de contacto: número de teléfono, enderezo postal e enderezo de correo electrónico (e-mail); e
(iii) Datos de natureza financeira: número de conta (IBAN) para a xestión do cargo da doazón -exclusivamente no caso de que optes por esta modalidade de pagamento para realizar a doazón-.
En ningún caso estás obrigado/a a facilitar ditos datos, pero informámoste de que, no caso de non facelo, resultará imposible a xestión da solicitude relativa á doazón que desexes presentar a través do formulario web. Así mesmo, lembrámosche que os datos que nos facilites deberán ser certos, veraces e actualizados para as finalidades para as que se solicitan.
Así mesmo, poñemos no teu coñecemento que dispós de información adicional sobre os tratamentos que ABANCA realiza sobre os teus datos persoais consultando a política de privacidade na súa páxina web (https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad).
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?
O tratamento dos teus datos de carácter persoal referidos no apartado 2 ("Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?") desta Política de Privacidade será utilizado exclusivamente coas seguintes finalidades:
(i) Tramitar a solicitude de doazón que realices ao cubrir e enviar o formulario web no site dibujarsonrisas.abanca.com, incluíndo a xestión das incidencias que, se é o caso, poidan producirse con motivo da dita tramitación e a execución da orde de pagamento con destino á conta da entidade beneficiaria. A base xurídica que lexitima o tratamento referido no presente apartado (i) atópase na execución da solicitude que realizas como doante ao cubrir e enviar o formulario web no site dibujarsonrisas.abanca.com;
(ii) Facilitar á entidade beneficiaria da doazón, Acción contra a Fame -con domicilio social en Madrid, na Rúa Aravaca 22, CP 28040 e provista de CIF G81164105-, os datos precisos para que esta poida expedir e remitir directamente ao doante o preceptivo certificado fiscal da doazón efectuada, así como para o cumprimento das súas obrigas de declaración informativa ante a administración tributaria competente. A base xurídica que lexitima o tratamento referido no presente apartado (ii) atópase na execución da solicitude que realizas como doante ao cubrir e enviar o formulario web no site dibujarsonrisas.abanca.com; e
(iii) No caso de que sexas Cliente de ABANCA, remitirche comunicacións por calquera canle electrónica ou non electrónica relacionadas coa "Campaña Debuxando sorrisos 2026" promovida pola Entidade. Para estes efectos, informámoste de que poderás opoñerte, de forma gratuíta e en calquera momento, a que che enviemos este tipo de comunicacións. Para iso, poderás remitirnos unha mensaxe dirixida ao enderezo electrónico: bajas@abanca.com. A base xurídica que lexitima o tratamento referido no presente apartado (iii) atópase no mutuo interese lexítimo en que esteas informado/a acerca do progreso e resultado da “Campaña Debuxando sorrisos 2026” na que participas.
4. Con quen compartimos os teus datos persoais?
Para posibilitar o ingreso da doazón na conta bancaria de recadación, así como para a xestión, emisión e remisión directa do correspondente certificado fiscal da doazón que realices, ABANCA comunicará os teus datos persoais identificativos, de contacto e o importe doado á entidade beneficiaria da doazón; isto é, Acción contra a Fame -con domicilio social en Madrid, na Rúa Aravaca 22, CP 28040 e provista de CIF G81164105-.
Así mesmo, informámoste de que os teus datos persoais tamén poderán ser comunicados á Axencia Tributaria e demais órganos das Administracións Públicas para o exercicio das súas lexítimas competencias nos termos establecidos na normativa vixente, exclusivamente cando a dita comunicación de datos resulte precisa e co alcance que determine a lexislación aplicable en cada momento.
Fóra dos supostos anteriores, os teus datos persoais non serán comunicados a ningún terceiro, salvo que concorra unha obriga legal aplicable a ABANCA.
5. Está prevista algunha transferencia internacional dos teus datos persoais?
Informámoste de que non está prevista a realización de ningunha transferencia internacional dos teus datos persoais para acadar as finalidades indicadas no apartado 3 ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?") da presente Política de Privacidade.
6. Durante canto tempo conservamos os teus datos persoais?
Os datos persoais obtidos ao cubrir e enviar o formulario do site dibujarsonrisas.abanca.com, así como aqueles xerados durante a operativa do pagamento, serán conservados durante o tempo estritamente necesario para cumprir coas finalidades indicadas no apartado 3 ("Para que tratamos os teus datos persoais e baixo que lexitimación?") da presente Política de Privacidade.
Cumpridas as citadas finalidades, os datos manteranse debidamente bloqueados conforme ao disposto na normativa, o que implica que estarán dispoñibles tan só para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou por solicitude de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante os prazos de prescrición legal (con carácter xeral, cinco anos, que é o prazo de prescrición das accións persoais). Transcorridos ditos prazos, os datos persoais serán eliminados de forma segura.
7. Cales son os teus dereitos en materia de protección de datos e como podes exercelos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na Lei:
Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo en que ABANCA comproba a exactitude destes;
Cando o tratamento sexa ilícito e te opoñas á supresión dos teus datos persoais e solicites, no seu lugar, a limitación do seu uso;
Cando ABANCA non necesite tratar os teus datos persoais pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
Cando te opoñas ao tratamento dos teus datos persoais para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA, nese caso deixaremos de tratar os teus datos, salvo que acreditemos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que puidesen prevalecer sobre os teus dereitos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos https://www.aepd.esSerás redirixido a outro sitio web), no caso de considerares que os teus dereitos foron vulnerados.
Podes exercitar os citados dereitos dirixíndote por escrito ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA a través do enderezo postal: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, C.P. 15003, A Coruña ou no correo electrónico: atencioncliente@abanca.com. En calquera caso, deberás identificarte correctamente, indicar a referencia "Protección de Datos - Campaña Debuxar sorrisos 2026" e o concreto dereito a exercitar.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, no prazo legal dun (1) mes a partir da recepción do teu escrito. O dito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses no caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. Neste último caso, informaráseselle da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
v1.0 Política de Privacidade Formulario web “Campaña Debuxar sorrisos 2026” Novembro 2026