Faite cliente

Deixa a túa opinión sobre ABANCA e axuda a medrar os nosos bosques

A túa experiencia axúdanos a mellorar e a coidar do planeta. Cada valoración que recibimos axúdanos a neutralizar a nosa pegada de carbono. Axúdanos a reforestar mentres construímos unha banca mellor para ti.

Xuntos deixamos pegada

Nun mundo onde a responsabilidade social e ambiental é cada vez máis importante, valoramos que o teu compromiso coa sustentabilidade sexa coma o noso.

Por iso, cada valoración que recibimos de clientes coma ti contribúe a reforestar os nosos bosques e axudar a reducir a pegada de carbono.

Ti tamén podes sumarte

¡É moi sinxelo!

  1. Visita a túa oficina ABANCA de confianza.
  2. Escanea o código QR que atoparás alí
  3. Escribe unha reseña en Google sobre a túa experiencia e listo.

Con cada reseña que recibamos de clientes coma ti, plantaremos unha árbore. Entre todos axudamos a reforestar bosques e a crear un futuro máis verde.

O que opinan persoas coma ti

Déixámosche algúns comentarios dos nosos novos clientes

Jorge - Enquisa web

É un banco cómodo e próximo, dálleche moitas facilidades e aténdenche xenial.

Mary - Reseña Google

A miña oficina de confianza, sempre dispostos, levo anos traballando con el@s e sempre me resolven a dúbida ou problema que lles expoño.

Silvia - Enquisa web

Son moitos anos os que levo con eles e nunca tiven ningún problema.

Jose - Enquisa web

Gústame ABANCA, estaba canso de usar outro banco, sentía que quedara anticuado, a app non funcionaba tan ben como outras… ABANCA foi sinxelo dende o primeiro momento.

A túa opinión axúdanos a mellorar

En ABANCA, a túa voz é fundamental. Sentímonos orgullosos de que 7 de cada 10 novos clientes nos recomenden, e cremos firmemente que a túa opinión é o motor dese éxito.

Grazas aos teus comentarios, podemos identificar puntos de mellora nos nosos servizos e asegurarnos de poder ofrecerche a mellor experiencia en oficina, app, teléfono…

Tes preguntas? Nós temos respostas

Dúbidas