Co noso broker online terás un servizo exclusivo con todo o que necesitas para moverte pola bolsa, buscar fondos de investimento ou comprar e vender accións.
Tamén atoparás novas de actualidade relacionadas con economía, mercados e empresas que che axudarán a estar ao día. Goza da tarifa plana para a compra e venda de accións e ETFs a un prezo moi interesante. Lembra que para poder investir a través do noso Broker online necesitarás ter:
● Para as túas accións e ETFs, unha conta ou contrato de valores en ABANCA. ● Para os teus fondos de investimento, un contrato marco de fondos.
Xestiona as túas operacións cunha soa conta
Todos os teus movementos con valores, agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras: o primeiro que necesitas para investir con ABANCA é unha Conta de Valores e/ou un Contrato Marco de Fondos de investimento.
Conta de Valores
Para investir en bolsa debes ter unha conta de valores desde a que administrarás a túa carteira de accións e ETFs. A Conta de Valores está asociada a unha conta bancaria, á que cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e posicións e a custodia dos valores que deposites, etc. Tamén será aí onde se che ingresará o diñeiro procedente da venda de accións e dereitos, ou o cobro de dividendos.

Contrato Marco de Fondos de Investimento
É o contrato baixo o cal se agrupan todos os fondos de investimento dun cliente. Todos os fondos depositados nun mesmo contrato marco comparten a mesma conta corrente ou de aforro. Un cliente pode ter varios contratos marco en función da titularidade, oficina xestora, conta asociada e dispoñibilidade.
Requisitos necesarios para investir
Para dar os teus primeiros pasos no mundo do investimento de forma segura é importante cumprir uns requisitos previos. Aquí tes o checklist básico do que necesitas:
Por que investir con ABANCA
Investir en liña non ten por que ser complicado. Co noso Broker Online terás un servizo exclusivo con todo o que precisas para moverte pola bolsa e buscar, mercar e vender accións, ETFs e fondos de investimento.
Accións e Bolsa
Ofrecémosche as ferramentas e servizos necesarios para que tomes as decisións máis axeitadas sobre os teus investimentos. Ademais, podes consultar información actualizada sobre mercados e valores.

Broker en liña
Co Broker en liña de ABANCA podes realizar as túas operacións de valores, ETFs e fondos, tamén desde a túa banca móbil. Disporás de máis información sobre a túa carteira e as túas operacións en curso e outros servizos, como a consulta na túa correspondencia de todos os teus contratos de fondos e valores e os xustificantes das operacións que realices. Ademais, co novo buscador podes localizar aqueles valores, ETFs e fondos que che interesen dun xeito moito máis eficaz.

Cunhas condicións moi competitivas
Se mercas e vendes accións desde o Broker online de ABANCA poderás beneficiarte dunhas condicións moi competitivas, das mellores do mercado.
Tarifa Plana Valores
Se realizas as túas operacións a través do Broker Online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da operación e do mercado no que queiras operar. Lembra que, como en calquera operación bursátil, deberás aboar as taxas e cánons da Bolsa, que son comúns a todas as entidades, ademais dos gastos de correo se aínda non activaches o servizo gratuíto de e-correspondencia.

Quero ter moitas opcións de investimento
Decide no noso amplo catálogo de fondos de investimento en función do risco que estás disposto a asumir.
Fondos de investimento
Os fondos de investimento que podes contratar en ABANCA permítenche investir o teu diñeiro con distintos niveis de risco. Temos fondos que cobren un amplo abano de tipoloxías de investimento para que escollas os que máis che conveñan.

Tes algunha dúbida sobre investimentos? Nós temos as respostas
Dúbidas
Descobre a Hipoteca Fixa Mari Carmen. Se a túa prioridade é a estabilidade, a nosa modalidade fixa permítiche planificar a túa economía con seguridade. Saberás de antemán o importe das túas cotas, protexéndote fronte ás oscilacións dos tipos de xuro durante toda a vida do préstamo. Para coñecer as condicións actuais tes máis información na páxina de Hipoteca FixaAbrirase nunha nova ventá..
Coa Hipoteca Mixta Mari Carmen, planificas a túa economía a curto prazo cun xuro fixo durante os primeiros 5 anos. Finalizado este período, o préstamo actualízase a tipo variable (Euríbor a un ano + diferencial). Esta estrutura ofréceche previsibilidade inicial e a posibilidade de seguir a evolución do mercado no futuro, asumindo tanto as baixadas como as subas que experimente o Euríbor.
Buscamos que o teu aforro inicial non sexa un freo para a túa independencia. Por iso, si buscas a túa primeira vivenda e cumpres os requisitos de idade, facilitamos o acceso a préstamos que cobren ata o 100% do valor do inmoble mediante a adhesión a avais públicos. A concesión final dependerá do teu perfil de solvencia e da dispoñibilidade de ditos avais na túa Comunidade Autónoma.
En ABANCA valoramos a túa aposta pola sustentabilidade. Se a túa vivenda conta cunha cualificación enerxética A ou B, accedes a condicións preferentes de financiamento (bonificación dun 0,10% no tipo de xuro do primeiro ano), polo simple feito de adquirir ou rehabilitar unha vivenda sustentable.
A nosa prioridade é a claridade. Por iso, toda a gama de Hipotecas Mari Carmen elimina os seguintes custos:
Comisión de apertura: Non pagas nada pola formalización do teu préstamo con ABANCA.
Gastos de formalización: ABANCA asume os gastos de notaría, rexistro e xestoría. (O cliente asume a taxación e os impostos asociados).
Amortización: Poderás amortizar total ou parcialmente o teu préstamo ao longo da vida da hipoteca sen pagar ningunha comisión de reembolso.
