Faite cliente

Via-T, telepeaxe para as túas viaxes por estrada

Paga a peaxe en autoestradas españolas, portuguesas e francesas sen necesidade de deter o teu vehículo. ¡Non perdas máis tempo nas peaxes!

Aforra tempo nas peaxes

O servizo Via-T que che ofrecemos en ABANCA permíteche pagar de forma automática en todas as peaxes de España e Portugal sen necesidade de deter o teu vehículo en ningún momento. Ademais, tamén poderás circular por todas as autoestradas de Francia! Neste caso, cobrarémosche unha pequena comisión de 2,42€ por cada mes que o uses en autoestradas francesas.
Para contratalo, só precisas dispoñer dunha conta ABANCA á que asociar os cobros do teu dispositivo.

Consigue o teu Via-T

Podes contratar o teu dispositivo 100% en liña a través deste formulario ou en calquera das nosas oficinas. Ten en conta que, como traballamos co noso partner Bip&Drive, o proceso de alta remata cando aceptes as condicións xerais que che enviarán no seu correo de benvida. Uns días despois, recibirás o dispositivo.

Onde colocalo?

Instalar este dispositivo no teu vehículo é moi doado. Só tes que suxeitalo no interior do parabrisas dianteiro do teu automóbil, preferiblemente na parte superior central e a uns 5 cm do marco superior. En furgonetas ou furgóns, debe ir colocado na parte central e en posición vertical.

Como pago o consumo do meu Via-T

O dispositivo Via-T ten un custo de 24,20€ ao ano e non che cobraremos nada pola súa emisión. Este aparello ten unha caducidade de 5 anos e por contratalo en ABANCA enviarémosche dous soportes sen custo adicional! Ademais, non tes compromiso de permanencia e podes darte de baixa sen penalización cando queiras.
O método de pago é mediante un cargo na conta de ABANCA que ti nos indiques a mes vencido. É dicir, realizaremos un único cobro arredor do día 10 do mes seguinte e de forma totalmente automática. Podes obter unha factura detallada de todas as operacións desde a app para clientes de ABANCA ou en bipdrive.com/abanca

E se deixa de funcionar?

Se ao longo da vida do teu dispositivo deixa de funcionar correctamente (ou cho rouban ou o perdes), ponte en contacto co servizo de atención telefónica para clientes de ABANCA. No caso de que sexa necesario, substituiremos o teu dispositivo e tomarase esta data como nova data de renovación.

Aparcadoiros, gasolineiras, parquímetros... ¡moito máis ca un telepeaxe!

O dispositivo Via-T para empresas tamén ten estas vantaxes e beneficios:

Dous soportes

Recibe dous soportes para o teu Via-T sen custo adicional ao contratalo con ABANCA.

Bolsiña inhibidora

Para gardar o teu Via-T na guantera cando non queiras utilizalo ao pasar por unha peaxe

Factura única

Consulta en PDF ou Excel todos os consumos da túa frota e facilita a xestión do IVE.

Bonificacións

Accede a descontos segundo o traxecto ofrecidos polas distintas autoestradas

Xestión desde a app

Consulta os teus consumos e xestiona o teu Via-T desde a app para clientes de ABANCA.

Acceso a aparcadoiros

Entra e sae de aparcadoiros compatibles sen ticket nin necesidade de pasar por caixa

Gasolineiras

Bénéficiate de descontos en estacións adheridas e atopa a máis próxima desde a app