-
Como podo descargar a app da banca electrónica no meu teléfono móbil ou tablet? Tes dúas formas de descargar a aplicación de banca móbil, unha para cada sistema operativo, e de forma totalmente gratuíta:
- Podes descargala desde Google Play, se utilizas un móbil ou tableta Android
- E desde a Apple Store se utilizas un iPhone ou iPad, é dicir, un sistema operativo iOS.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#120 -
Cal é o usuario e PIN da miña banca electrónica e da miña app de banca móbil? O teu usuario para acceder á túa banca electrónica é o teu NIF ou NIE con letra. Lembra que se debe teclear sempre con 8 díxitos + letra, incluíndo tamén os ceros que teña á esquerda. Por exemplo: 00123456A.
No caso de que non dispoñas de NIF, o teu código de usuario será o teu número de contrato de banca a distancia. Para acceder á túa banca electrónica, tes que utilizar ese usuario e un PIN.
O PIN é un número secreto de 4 ou 6 cifras. Se non o lembras, podes solicitar un novo desde a páxina de acceso á banca electrónica ou na túa app móvil. Solicitarémosche uns datos para obter o novo PIN.
E, por suposto, para acceder tes que ter contratado os nosos servizo de banca a distancia (banca electrónica, banca móbil e banca telefónica), así que, se aínda non o tes ou non dispós de claves de acceso, podes solicitalas directamente nesta web. Podes realizar a contratación totalmente online de forma rápida e sinxela.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#185 -
Por que a miña conta ten parte do saldo bloqueado ou retido? Nalgúns casos o saldo dunha conta é superior ao importe dispoñible. Isto débese a que parte do saldo aínda está na túa conta pero atópase bloqueado ou retido por unha compra en liña pendente, un pago con tarxeta sen cargar ou un cargo de administración. Cando a operación se formalice por completo ese importe deixará de estar bloqueado e, se procede, realizarase o cargo en conta.
Se queres saber máis, ampliamos esta información no noso blog.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#536 -
Que custe teñen as operacións que se realizan desde banca electrónica ou app de banca móbil? As operacións realizadas na túa banca electrónica ou na app de banca móbil teñen unha comisión menor que as realizadas en oficina.
Ademais, se pertences ao Programa Servicios ABANCA a maioría de operacións serán gratuítas para ti. Podes consultar o detalle do custo de cada operación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#495 -
Podo firmar o contrato dun produto de ABANCA coa app de banca móbil? Coa app de banca móbil de ABANCA podes asinar comodamente algúns dos produtos máis solicitados polos nosos clientes. Firma ABANCA está dispoñible para a tramitación de contas, préstamos persoais, tarxetas de crédito, seguros, plans de pensións, a Tarifa Plana Seguros e moitos outros, así como para diferentes produtos destinados a empresas. Ademais, tamén poderás asinar co móbil durante as distintas fases de contratación doutros produtos (hipotecas, créditos para empresas, etc.), co que che será máis cómodo tramitar eses produtos. Por iso facémolo, pola túa comodidade. Pregunta ao teu xestor durante a contratación, darache todos os detalles.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#498 -
Como podo modificar unha transferencia gardada en favoritos na app de banca móbil? Se tes un móbil con sistema Android, poderás consultar as túas operacións favoritas na estrela situada na parte superior da dereita e modificalos en “Xestionar favoritos”.
No caso de ter un móbil con sistema iOS, poderás consultalas en 'Favoritos', na parte situada debaixo do saldo da túa conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#388 -
¿Por qué es necesario incluir la dirección del beneficiario en las transferencias a determinados países? Seguindo as indicacións do Regulamento UE 2015/847, nas transferencias de fondos enviadas a algúns países non pertencentes á Unión Europa, como Reino Unido, Australia ou Canadá, é necesario indicar o domicilio do beneficiario.
Cada país define a información necesaria para as transferencias de fondos, esta é a razón de que che solicitemos este datos para executar a transferencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#566