Como podo descargar o xustificante dun movemento?
Como podo descargar o xustificante dun movemento? Podes obter un xustificante dun movemento da túa conta desde a túa banca electrónica (área de clientes na web) ou na túa App. Explicámosche como obtelos segundo a túa necesidade:
Se precisas descargar varios movementos, a mellor opción é na área de clientes; desde a túa banca electrónica, accede aos movementos da túa conta e unha vez seleccionados, elixe a opción ‘descargar’. Darache a opción de facelo en formato excel CSV ou en PDF.
Se só queres descargar un xustificante dun movemento concreto, desde a web ou desde a App, selecciona o movemento e no detalle elixe descargar o xustificante. Na App, ademais, poderás compartilo, así de sinxelo!
Ten en conta que se o movemento o fixeches coa túa tarxeta de crédito, no aparece nos movementos da conta; entón, terás que ir á caixa de correo e seleccionar o extracto dos movementos desa tarxeta Visa Tú, Visa Proyecta, etc.
Nas nosas oficinas tamén poderás obter un xustificante.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-consultar-un-xustificante-dunha-transferencia/