Como podo solicitar unha hipoteca con ABANCA?
Como podo solicitar unha hipoteca con ABANCA? É moi sinxelo, podes facer a túa solicitude de hipoteca 100 % en liña e, despois, decides se continuar os trámites de forma en liña, ou ben habelo con un xestor especializado. Se optas por contactar con un xestor, podes elixir entre cita telefónica ou presencial.
Comeza tecleando os datos necesarios para facer a simulación da túa cota mensual. Por exemplo, teclea o custo da vivenda, localización, ingresos e gastos de quenes ides comprar a vivenda.
Ao final da simulación indicarémosche se é viable e ademais damosche a información da cota mensual e os gastos relacionados coa túa hipoteca.
A partir dese momento tes 3 opcións:
- Continuar coa solicitude en liña (opción recomendada): para iso darémosche acceso a un espazo dixital onde poder subir a documentación necesaria e continuar o estudo.
- Pedir o contacto dun xestor especializado: aquí darémosche unha cita presencial ou telefónica para resolver as túas dúbidas e seguir a solicitude.
- Enviar ao teu correo electrónico o documento con toda a información: pode ser que aínda teñas que pensar un pouco máis sobre a compra.
Se estás interesado, continuar a solicitude en liña é o máis cómodo: poderás subir os documentos necesarios para facer o estudo no espazo dixital coas claves persoais que che facilitaremos. Unha vez que teñamos todo o necesario para o estudo, un xestor especializado acompañaráche e resolverá as túas dúbidas; xestionamos a documentación e estaremos ao teu carón ata a sinatura.
Accede ao simulador de hipotecasSerás redirixido a outro sitio web, elixe a que máis se adapte ás túas necesidades e continúa a túa solicitude connosco.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-contratar-unha-hipoteca-con-abanca/