Que debo ter en conta coa miña tarxeta financeira para un bo funcionamento no estranxeiro?
Que debo ter en conta coa miña tarxeta financeira para un bo funcionamento no estranxeiro? Podes utilizar a túa tarxeta financeira de ABANCA fóra de España xa que funciona en calquera lugar do mundo. Se precisas retirar diñeiro de caixeiros, podes consultar o funcionamento aquí.
Ademais, comentámosche algúns puntos importantes a ter en conta se vas viaxar:
- Informa a ABANCA da túa viaxe para que poidamos adaptar os controis de seguridade á túa mobilidade xeográfica. Podes facelo na túa oficina ou chamando ao teléfono de seguridade 900 815 525 (se chamas dende o estranxeiro +34 981 910 525)
- Comproba na túa App móbil que a túa tarxeta está activada e acesa. Ademais, revisa os límites de gasto na opción "Máis", "Personalizar" onde poderás ver e modificar os límites de gasto dos distintos canais: caixeiros, internet e comercios.
- Leva sempre unha segunda tarxeta ou algo de efectivo por se o precisas. É aconsellable levar polo menos unha tarxeta de crédito porque en moitos comercios solicítana para poder aloxarte ou reservar, por exemplo.
- Ten en conta que se a moeda do país non é o euro, nos pagos con tarxeta podes ter comisións por cambio de divisa.
Se precisas mercar divisas en efectivo antes de viaxar, podes consultar a dispoñibilidade na túa oficina máis próxima.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-debo-ter-en-conta-coa-mina-tarxeta-financeira-para-un-bo-funcionamento-no-estranxeiro/