Un plan que che axuda a aforrar máis por ser autónomo
Contrata o teu plan de pensións ABANCA e xera un maior aforro financeiro e fiscal. Se es autónomo ou traballador por conta propia este plan é para ti.
Vantaxes do plan de pensións para autónomos
Máis aforro
Máis deducións
Máis flexible
Que é un Plan de Pensións de Emprego Simplificado?
Por ser autónomo, ademais de contar cun plan individual, podes optar a un plan de pensións de emprego simplificado. Este tipo de plans buscan facilitar o aforro complementario para a xubilación dos autónomos realizando maiores achegas para a xubilación e xerando un maior aforro fiscal.
Isto é o que che ofrece o plan ABANCA Emprendedores e Profesionais, exclusivo para autónomos ou traballadores por conta propia, suxeitos ao Estatuto do Traballo Autónomo.

Canto podo achegar ao meu Plan de Pensións de autónomo?
O Plan ABANCA Emprendedores e Profesionais permíteche realizar achegas individuais e como autónomo, polo que poderás achegar ata 5750€ anuais ao teu aforro.
- Achegas individuais: ata 1500€ anuais
- Achegas como autónomo: ata 4250€ anuais
Ademais, podes establecer un plan de aforro que combine achegas periódicas (mínimo 30€/mes) e extraordinarias (mínimo 150€).

+4250€ se xa tes un plan de pensións
Pide cita e consulta toda a información sobre o plan de pensións ABANCA para emprendedores e profesionais.
(1) Suxeito a acreditar a condición de autónomo de acordo coa normativa vixente.
A contía achegada dá dereito a practicar unha redución na base impoñible xeral do IRPF, co límite da menor das seguintes cantidades: 1.500 € (que se incrementarán en 4.250 € adicionais cando procedan de achegas aos plans de pensións simplificados de traballadores por conta propia ou autónomos) ou o 30% da suma dos rendementos netos do traballo e actividades económicas.
Promotora: Federación Galega de Comercio. Entidade Xestora: ABANCA Vida e Pensións. Entidade Comercializadora: ABANCA. Entidade Depositante: Cecabank. Podes consultar o documento de información xeral, así como o resto da documentación deste plan en calquera das nosas oficinas ou en esta ligazón.