Como podo anular un Bizum?
Como podo anular un Bizum? Os envíos a través de Bizum realízanse de forma inmediata, polo que non é posible cancelalos nin modificalos unha vez confirmados.
Se te equivocaches ao enviar cartos a un particular ou ao realizar unha doazón, non te preocupes, tes dúas opcións para intentar recuperalos:
- A opción máis rápida (Falar co destinatario): Ponte en contacto directamente coa persoa que recibiu os cartos para explicarlle o erro e pedirlle que chos devolva mediante outro Bizum. A gran maioría dos casos soluciónanse así de rápido.
- Solicitar unha devolución bancaria (Nós axudámoste): Se non consegues contactar con esa persoa ou non consegues unha resposta, o noso equipoo xestionará unha solicitude oficial de devolución co banco do destinatario. Esta persoa terá un prazo de 15 días hábiles para aceptar ou rexeitar a devolución dos cartos. Para iniciar este trámite, chámanos ao 981 910 522
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/como-podo-anular-un-bizum/